productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Diante das propostas de copago (repago) da prestación farmacéutica Imprimir Correo-e
Luns, 26 Marzo 2012 18:54

O financiamento da prestación farmacéutica, o euro por receita e o carácter redistributivo da Sanidade Pública.

EuroO Govern de CIU logrou sacar adiante a creación dunha nova taxa farmacéutica, grazas ao PP catalán, que permitiu, coa abstención deste, que o Parlament aprobe a Lei de Medidas Fiscais e Financeiras que contempla a introdución do copago farmacéutico dun euro por receita, que se cobrará desde o 1 de xuño, e do que quedarán exentos os beneficiarios dunha pensión non contributiva, os beneficiarios do Programa de Renda Mínima de Inserción e os crónicos, parcialmente, estes últimos deberán abonar a taxa nas primeiras 61 receitas do ano; tamén quedan exentos os medicamentos que custen menos de 1,67 euros con IVE.

Esta medida contou co apoio entusiasta do Presidente da Xunta e da Conselleira de Sanidade galega, e trasladaron a responsabilidade da decisión sobre unha nova regulación do financiamento da prestación farmacéutica ao Consello Interterritorial do SNS, é dicir, o goberno do PP en Galiza non tomará ningunha decisión pero apoiará que as tomen outros/as, diluíndo así a súa responsabilidade, e aplicarase aquí por que este goberno é moi disciplinado e cumpre coa lei. Preguntada expresamente a Conselleira de Sanidade se Galiza aplicaría a taxa dun euro por receita se así o decidise o Consello Interterritorial, a titular de Sanidade mostrouse contundente e respondeu que "evidentemente", para engadir que a Comunidade galega sempre cumpre coa legalidade vixente.

Pois ben, xa sabemos o camiño que tomará a decisión do incremento do copago (ou repago) da prestación farmacéutica: non está na Mesa do Consello de Ministros, como ben dixo a súa portavoz; non se tratou no Consello da Xunta, como ben dixo o seu Presidente; o camiño que tomará a decisión de incrementar o copago farmacéutico é o do Consello Interterritorial, onde o Partido Popular ten maioría e pode tomar as decisións que queira, vestíndoas dun manto técnico, e xustificándoas co argumento da difícil situación financeira do SNS, cuxa débeda oscila entre os 18.000 e os 21.000 millóns de euros, segundo a Conselleira de Sanidade.

Gasto-farmaceutico-1Para xustificar as decisións que pensan tomar abren o debate sobre a inxustiza que supón que un parado sen prestacións teña que pagar o 40% dos medicamentos, mentres que un pensionista que cobra 2.000 euros non pague nada; e, rapidamente, defenden que parece xusto que esta situación se cambie, e falan de ligar a porcentaxe de pago da prestación farmacéutica co nivel de renda.

Está ben, parece lóxico, pero..... casa isto cos principios da Sanidade Pública que defendemos? Non é  un deles o carácter redistributivo que ten que ter o seu financiamento? Ten que pagar máis sanidade quen máis enfermidade teña, quen máis sanidade necesite? Ou, pola contra, ten que pagar máis sanidade quen máis cartos teña? As/os que defendemos a Sanidade Pública defendemos que o seu financiamento ten que facerse a través dos impostos, tanto dos ligados ao nivel de renda coma dos ligados á actividade económica (grandes empresas) e financeira (grandes bancos), para que pague máis sanidade quen máis ingresos teña, con independencia do seu nivel de saúde, e non quen máis sanidade necesite: enfermos/as crónicos/as, pensionistas, etc, que ademais, na maioría dos casos, non son quen ten máis ingresos.

HospitalNon caiamos, pois, na trampa do debate aparente e do argumento populista, e defendamos que a prestación farmacéutica é unha máis da Sanidade Pública e debemos defender que sexa financiada cuns impostos xustos, que financien un Sistema de Saúde que atenda a todo o mundo por igual, independentemente do seu nivel de renda, sen carteira “básica” de servizos e prestacións para quen ten menor renda e outra “ampliada” que só poderán financiar as persoas de rendas altas.

Este carácter redistributivo da Sanidade Pública que defendemos debe manterse e potenciarse, para que cando estamos enfermos/as só teñamos (que xa chega) un problema de saúde e non dous problemas, un de saúde e outro económico.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info