productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Toma posesión Traslados Psiquiatría 2010 Imprimir Correo-e
Venres, 03 Setembro 2010 11:11
  • Diante da inquietude dos profesionais, trasmitida ao Sergas, este nos fai chegar a seguinte nota, na que aclara que a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.

Ver nota completa:

Branco1Estanse a recibir consultas neste departamento sobre a incorporación dos FEAs de Psiquiatría que acadaron destino no concurso de traslados convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010 e resolto por Resolución do 7 de xullo de 2010.

Como recordaredes nos pasados meses a Administración sanitaria fixo pública a sua intención de resolver de xeito simultáneo as OPEs de FEAs de Psiquiatría correspondentes ao ano 2006 e 2008, de xeito que os aspirantes seleccionados na OPE do ano 2008 ainda on elixeron destino xa que se pretende facer a elección de destino de ámbalas dúas OPEs en unidade de acto.

A resolución da OPE de FEA de Psiquiatría do ano 2006 estímase que estará resolta no vindeiro mes de outubro, polo que a partires desa data realizarase o acto de elección de destino e procederase á incorporación dos facultativos tanto de ámbalas dúas OPEs como dos adxudicatarios do concurso de traslados.

A base 8.8 da Resolución do 21 de xaneiro de 2010, pola que se convocou o concurso de traslados establece que "esta convocatoria resolverase de modo simultáneo, en canto á toma de posesión dos novos destinos, respecto do proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

Do meso xeito, o punto terceiro da Resolución do 7 de xullo de 2010, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados establece que " De conformidade co establecido na base 8.8 da convocatoria, a toma de posesión dos novos destinos adxudicados nesta resoluicón efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

Por todo elo, a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.

Normal 0 false false false MicrosoftInternetExplorer4

a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info