productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

ONCE (11) ANOS DE GOBERNO DO PP = Retroceso nas condicións laborais do persoal facultativo. Imprimir Correo-e
Sábado, 26 Maio 2018 09:32
ONCE (11) ANOS DE GOBERNO DO PP = Retroceso nas condicións laborais do persoal facultativo.


No ano 2007, nunha situación laboral similar á que hoxe está a padecer o persoal facultativo, negociouse na Mesa Sectorial do SERGAS un acordo de estabilidade do persoal Facultativo, como así se recolle na ACTA asinada entre o SERGAS é as organizacións sindicais.


Na devandita acta recóllense, entre outros, os seguintes acordos:

Acta-Lista-FEAS

Particularmente, nese marco analizarase coa maior brevidade posible o sistema de incorporación/cesamento de profesionais, de acordo coas necesidades existentes tras a toma de posesión. Darase relevancia en todo caso, á experiencia profesional acreditada no SERGAS e ao resultado da fase de selección do proceso selectivo.

 

ONCE ANOS DESPOIS CAL É A SITUACIÓN?


O SERGAS, a pesares das reiteradas peticións que fixemos as organizacións sindicais da Mesa Sectorial, segue a ter paralizada a negociación do proceso de selección temporal de FEAS, impedindo que existan unha listaxes de contratacións confeccionadas tras a negociación dun baremo, para ofertar os vínculos do SERGAS atendendo aos principios de igualdade, mérito e capacidade.


Ditas listaxes tamén se utilizarían como criterio de cese, cesando a/o profesional que menos puntuación acreditase.


CIG-SAÚDE esixe do SERGAS que convoque xa a comisión técnica de selección temporal de FEAS, que leva meses sen convocar.


CIG-SAÚDE ten proposto ao SERGAS que os nomeamentos do persoal sexan por distritos, que será o seu ámbito de prestación, e non un nomeamento de área.

 
Coa modificación da Lei de Saúde o ámbito de prestación das áreas será provincial, nas provincias de Ourense e Lugo, e no resto haberá unha mobilidade forzosa entre os hospitais da mesma área.

 
Xefe de servizo na pública e na privada!! Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Febreiro 2017 13:05

Mans-Sergas


Diante da noticia de que o xefe do servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi nomeado novo xefe de Pediatría de HM Hospitais en Galicia e coordinará este servizo nos catro centros do grupo: HM Modelo e HM Belén, na Coruña, e HM Rosaleda e HM A Esperanza en Santiago, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:


A maioría das persoas que len a noticia de que un profesional con competencias de xefe de servizo na sanidade pública vai a exercer esas mesmas funcións na sanidade privada quedan sorprendidas por que iso poida ocorrer, pero a sorpresa múdase en escándalo cando escoitan que o SERGAS declara que ese nomeamento responde ao “ámbito privado” do profesional, que seguirá sendo xefe de servizo na sanidade pública e que, en todo caso, atopase “amparado pola legalidade”.

Desde CIG-Saúde defendemos, desde hai anos, a dedicación exclusiva á sanidade pública, e especialmente das e dos profesionais que teñen responsabilidades organizativas, como xefes de servizo ou de sección.

Tamén defendemos a aplicación rigorosa dun sistema de incompatibilidades que non de “amparo legal” a este tipo de comportamentos.

Se para conseguir estas dúas cousas é preciso modificar a lei, ten que facerse de inmediato.

Mentres non se modifique temos que esixir o cumprimento estrito da actual normativa de dedicación exclusiva e de incompatibilidades. Tamén esiximos que, se un profesional accede a unha xefatura na que se lle puntúa a dedicación exclusiva, teña que manter esa dedicación exclusiva durante toda a duración da xefatura, no caso contrario debe ser cesado de inmediato.

 



Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info