Luns, 09 Xullo 2018 08:55 |
Despois de meses de mobilizacións e negociacións CIG-Saúde asina a Carreira Profesional para o persoal de SERGAS, rompendo e estreito marco negociador que se establecera nunha acta asinada polas Organizacións Sindicais da Mesa Sectorial agás CIG-Saúde.
Romper o marco significa máis graos de carreira para máis profesionais e ter un modelo de carreira que pode ser unha boa ferramenta para a xestión da Sanidade Pública do futuro.
Sen a continuidade do conflito por parte de CIG-Saúde, e o apoio das traballadoras/es ás mobilizacións convocadas estes 8 meses serÃa imposible mellorar a CARREIRA PROFESIONAL que nacÃa nunha negociación fortemente condicionada pola Acta asinada polo resto de sindicatos en outubro de 2017 na que, ademais de desconvocar unha folga unitaria, so garantÃa un encadre en un único grao e por unha soa vez, só incluÃa ao persoal fixo (o persoal interino quedaba excluÃdo de xeito explÃcito ao aceptar o marco legal actual: Lei de saúde), e non garantÃa o valor económico do complemento de carreira ordinaria.
A presión de CIG-Saúde continuou cando CESM, en solitario, asinou un documento que deixaba sen carreira retribuÃda ao persoal interino. Esa presión permitiu reabrir a negociación e mellorar o documento, que xa lle valÃa a CESM, incorporando ao persoal interino á Carreira Profesional e mellorando as condicións do segundo encadre.
Esquema das diferentes actas asinadas durante a negociación da Carreira Profesional: 

|
Luns, 09 Xullo 2018 08:45 |
Esquema que recolle os elementos fundamentais da Carreira Profesional 

|
Venres, 06 Xullo 2018 14:19 |
CIG-SAÚDE apoia o documento de carreira profesional pactado na Mesa Sectorial do SERGAS
Compostela, 6 de xullo de 2018.- Despois de 8 meses de negociación na mesa sectorial, mobilizacións e folga, desde a CIG-SAÚDE conseguimos superar as limitacións que habÃa na negociación da carreira, condicionada pola acta asinada polo resto das organizacións sindicais de mesa sectorial, que non incluÃa ao persoal interino na carreira, condicionaba o valor económico do complemento de carreira ás dispoñibilidades orzamentarias e limitaba o acceso excepcional a un só grao retribuÃdo.
A CIG-Saúde soportou a intención dalgunha Organización Sindical, que pretendÃa que a Admón nos deixase fóra desta negociación, e que só negociase coas/os asinantes da acta. Tamén houbo de soportar unha campaña baseada en argumentos absurdos e claramente demagóxicos que xa forman parte da campaña electoral para as eleccións sindicais do 2019, sen que puideramos observar a mesma combatividade na negociación da Carreira na Mesa Sectorial.
O logro das medidas que se recollen neste acordo é froito do traballo sindical da CIG-SAÚDE e das/os traballadoras/es. O persoal, coa información que as/os delegadas/os lle facÃan chegar, apoiaron as mobilizacións, que en solitario convocaba a CIG-SAÚDE, para que se producira unha verdadeira negociación de carreira.
Estes son os motivos polos que desde a CIG-SAÚDE decidimos asinar este documento de Carreira Profesional:
1.- Por contar co apoio das/os trabalaldoras/es que formaron parte desta negociación coa súa participación nas mobilizacións convocadas pola CIG-SAÚDE.
2.- Por conseguir negociar un único documento de carreira profesional para todas as categorÃas, a diferencia do réxime extraordinario, que se cobrou con anos de diferencia segundo as categorÃas.
3.-Por ter superado as limitacións iniciais na negociación, que foran aceptadas nunha acta asinada polo resto de organizacións sindicais da Mesa Sectorial:
-Porque a carreira ordinaria inclúe ao persoal interino que quedaba fóra.
-Porque o valor retributivo do grao desta carreira é o mesmo valor que o do réxime extraordinario.
-Porque o persoal vai acceder a 2 graos de carreira de xeito excepcional.
4.- Porque se establece un sistema de carreira ordinaria sen cupos, todo o persoal poderá acceder a carreira.
5.- Porque o SERGAS con este acordo restitúe un dos acordos suspendidos desde o ano 2010.
CIG-Saúde recoñece que esta carreira asinada non recolle o 100% das súas reivindicacións, pero cando negociamos sabemos que é moi difÃcil chegar ao 100%, e pensamos que este documento asinado é un paso positivo para o conxunto das traballadoras e traballadores e para o desenvolvemento da sanidade pública do futuro.
Agora todas as organizacións apuntaranse a isto, mais agardamos que reflexionen sobre a acta que asinaron, que dificultou esta negociación.
O esforzo negociador da CIG-Saúde conseguÃu que o SERGAS incremente a Masa Salarial destinada á Carreira Profesional en máis do dobre do previsto inicialmente.
Este recoñecemento ao persoal é imprescindible para poñer en valor o esforzo dos/as traballadoras ao longo destes últimos 8 anos, tanto no ámbito económico como no laboral.
Cadro do valor do grao:

|
|
|
|