productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O 1 de decembro cambia a Xestión da IT Imprimir Correo-e
Luns, 09 Novembro 2015 15:26

CAMBIOS NA XESTIÓN DA INCAPACIDADE TEMPORAL A PARTIR DO 1 DE DECEMBRO ico_pdf

O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulaban determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración, introduciu modificacións na xestión da Incapacidade Temporal. O maior cambio que traía ese Real Decreto versaba sobre a expedición dos partes médicos de baixa, de confirmación e de alta. Para desenvolvelo ditouse a Orde ESS/1187/2015, de 15 de xuño, que regula con máis detalle os procesos de tramitación, expedición e funcionamento destes partes médicos, así como o control das situacións de incapacidade temporal. Esta Orde entrará en vigor o 1 de decembro de 2015.

O primeiro a destacar desta Orde é a introdución de novos modelos de partes médicos de baixa/alta e de confirmación da incapacidade temporal, os cales se poden ver nos seus anexos. Doutra banda, tanto o Real Decreto como a Orde clasifican os procesos de IT segundo a súa duración e en base a esta duración estimada (a estimación farase con referencia a unhas táboas elaboradas en función das estatísticas dos últimos anos) establécese cando deben expedirse os partes de confirmación da baixa médica:

PARTE DE BAIXA.

O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

• moi curta: inferior a 5 días naturais

• curta: de 5 a 30 días naturais

• media: de 31 a 61 días naturais

• longa: mais de 61 días naturais

PARTE DE CONFIRMACIÓN.

Dependendo da duración:

·         Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

·         Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión.

         •        Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días

         •        Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días

         •        Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico. Emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos. Emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

PARTE DE ALTA.

Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.

TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN.

Presentación na empresa pola persoa traballadora:

·         Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.

·         Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.

·         IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Desde a CIG-Saúde denunciamos que na tramitación do marco legal da regulación da xestión das Baixas Laborais non se escoitou as e os profesionais e non se teñen en conta os dereitos das e dos pacientes.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.
 
Día da Atención Primaria e medidas electoralistas de Feijoo Imprimir Correo-e
Venres, 17 Abril 2015 17:16

No día da Atención Primaria Feijoo decide a posta en marcha do seguimento en atención primaria das altas hospitalarias. Unha medida electoralista de Feijoo que se inicia sen contar cos profesionais da atención primaria e que en moitos casos será moi difícil de aplicar polos recortes que está aplicando o PP.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde paticipou na concentración celebrada diante do Centro Concepción Arenal en Santiago o luns 13 de abril, nunha xornada de reivindicación en toda España da figurado médico de familia e da atención primaria.
Xuntanza-primaria-medicos Ademais doutras compañeiras e compañeiros están presentes: Begoña Peiteado, Manuel González Moreira, Marisé López e Moncho Veras en representación da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Apoiamos o decálogo reivindicativo proposto polo foro da atención priamria e queremos denunciar desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde a falta de consenso na post en marcha por parte do PP do seguimento en atención primaria das altas hospitalarias e anunciar que, dados os recortes aplicados por Feijoo, será practicamente inviable a súa realización en moitos centros de saúde.

O seguimento en atención primaria das altas hospitalarias é unha medida lóxica que xa debera executarse hai moito tempo. É unha das medidas contempladas no Plan de Mellora da Atención Primaria, que foi eliminado ao chegar Feijoo ao goberno, pero precisa recursos e coordinación para poder facerse, ámbolos dous inexistentes neste momento.

O PP considera que con que no hospital se emita un informe á alta do paciente con ‘instrucións’ de seguimento xa está solucionado todo, a enfermeira chamará por teléfono ao domicilio do paciente e resolverá, xunto co médico, todos os problemas do paciente pero a realidade de moitos centros de atención primaria impedirá a súa implementación normal e con garantía de calidade.

A falta de persoal, de substitucións do persoal, a precariedade laboral co abuso das medias xornadas e o aumento de funcións realizado nos últimos anos fai difícil a posta en marcha dun programa deste tipo, que se inicia coa posta en marcha dun informe hospitalario e despois xa atención primaria resolverá como poida.

Un día coma hoxe, de reivindicación da atención primaria, a Agrupación Médica de CIG-Saúde denuncia o electoralismo de Feijoo, por enriba do funcionamento dos centros sanitarios, e considera imprescindible reclamar consenso profesional nas medidas de xestión, dotar os centros de suficientes medios humanos e materiais e de capacidade de decisión para poder realizar unha boa asistencia sanitaria.

 
Publicada lista de contratación de odontólogas/os de primaria Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Abril 2014 18:00

Publicada no DOG do 29 de abril a resolución que dá publicidade á lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as da categoría de odontólogo/a, así como a baremación provisional desta mesma categoría:

Listas de contratación Odontólogo/a. RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoría de odontólogo/a de Atención Primaria.

 
A ATENCIÓN PRIMARIA DE LUGO CONTRA OS RECORTES Imprimir Correo-e
Luns, 19 Decembro 2011 20:12

XenteA ATENCIÓN PRIMARIA DE LUGO CONTRA OS RECORTES: mobilizacións nos Centros de Saúde de Lugo contra o bloqueo das axendas. 

O bloqueo das axendas dos sanitarios de permiso ou baixa nos Centros de Saúde de Lugo, que o SERGAS está forzando por motivos de aforro económico, está deteriorando gravemente a atención sanitaria que reciben os cidadáns así como o traballo que realizan os profesionais sanitarios deses centros, xa moi sobrecargados case a diario polas intersubstitucións de outros profesionais de permiso.

A os Centros de Saúde de Lugo chegou un correo electrónico informando que os profesionais de AP de Lugo decidiron:


- Convocar concentracións de 10 minutos ás 11,00 horas dos martes e venres nos centros de saúde namentres non se resolva o problema.

- Enviar, o día 16 de decembro, cartas explicativas aos responsábeis da situación (Presidente da Xunta, Conselleira de Sanidade, Directora xeral de asistencia sanitaria, Directora xerente de AP, Directora asistencial), asinadas polos traballadores dos centros que as asuman como propias.

- Entregar notas informativas aos usuarios explicando a situación que os recortes están a provocar.

- Colocar carteis informativos na entrada dos centros informando aos usuarios de quen son os profesionais ausentes que non foron substituídos.

- Diante dos avisos a domicilios dos profesionais coa axenda bloqueada, pedirlle aos usuarios que o xestionen a través do 061 e da xerencia xa que non teñen un médica/o ou enfermeira/o de referencia.

- Organizar en cada centro a atención das consultas "urxentes", e pedirlles aos pacientes que fagan unha reclamación por escrito á Xerencia.


Como eles mesmos comentan “son unhas medidas de aviso á Administración para que entre nun proceso de negociación das medidas a adoptar respecto das substitucións actuais e de futuro”.

CIG-Saúde apoia estas mobilizacións dos profesionais da AP de Lugo contra os recortes, e animamos a todos os traballadores da AP de Lugo a que participen nelas, contribuímos a difundilas a todos os Centros de Saúde de Galiza, e animamos a todos os traballadores galegos de Atención Primaria a que as comenten e debatan entre eles e, se o consideran oportuno, avancen cara a mobilizacións conxuntas cos compañeiros de Lugo.

 
Falta de respeto na convocatoria ECOE Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Decembro 2011 08:57

calendario-ecoeA Agrupación Médica de CIG-Saúde quere manifestar o seu desacordo co xeito no que foi convocada a proba ECOE para o acceso ao título de Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

Aos máis de 300 profesionais implicados, comunícaselles, mediante carta certificada o día 29 de novembro, que realizarán a proba ECOE o día 6 de decembro en Madrid.

Parece difícil de xustificar que o Ministerio de Sanidade comunique ás comunidades autónomas o día 28 de novembro que o inicio da realización da proba ECOE será cinco días despois, o 3 de decembro, tendo en conta, ademais, que as e os profesionais teñen presentado a documentación para acceder a ela hai máis de tres anos.

A situación resulta aínda máis intolerable cando se introducen cambios na proba ECOE, que difire en canto ao contido, coa xa realizada nas anteriores convocatorias, introducindo un test escrito do que non se explica nin a súa extensión, nin a súa forma de puntuación, nin os coñecementos teóricos que abarca, polo que se xera unha privación do dereito á información, que é básica á hora de afrontar a proba en condicións, e se atenta contra o dereito de igualdade que lle debe equiparar cos anteriores compañeiros para a obtención do mesmo título de Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde pon a disposición das afectadas e afectados un modelo de recurso de alzada presentado por algúns compañeiros por se estiman oportuno presentalo.

 
Proba ECOE de Medicina de Familia o 6 de decembro Imprimir Correo-e
Luns, 28 Novembro 2011 22:32

man1As e os aspirantes de GALIZA, realizarán a proba ECOE o Martes 6 de decembro de 2011, co seguinte horario:
    08:00 horas.- De "Abdulkadir Kurdi" a "Salgado González".
    12:00 horas.- De "Salgado Rocha" a "Yáñez Fernández".


Lugar.- Hotel Auditorium Madrid, Centro de Congresos Príncipe Felipe, Av. de Aragón, 400 -28022 Madrid.


Páxina do Ministerio de Sanidade

Páxina da SEMFYC

 
Medicina de Familia. INFORMACIÓN PROBA E.C.O.E. 2011 Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Novembro 2011 11:40

physician2Acceso excepcional ao título de Médico Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria

INFORMACIÓN PROBA E.C.O.E. 2011

Está previsto que a proba de avaliación de competencias desenvólvase durante os días 3, 4, 5, 6, 9, 10, 17 e 18 de decembro de 2011 nas cidades de Madrid, Sevilla e Barcelona.

O luns 28 de novembro, o órgano responsable de cada Comunidade Autónoma notificará a convocatoria oficial dos aspirantes do seu ámbito territorial. A partir desta data, cada aspirante recibirá por correo postal a notificación oficial de convocatoria a exame, remitida desde o órgano competente da súa Comunidade Autónoma. A Convocatoria oficial desta proba anunciarase tamén nos taboleiros de anuncios das delegacións e subdelegacións do Goberno.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info