Domingo, 20 Xaneiro 2013 16:07 |

O próximo domingo, 27 de Xaneiro, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, a Plataforma Queremos Galego organizou unha MANIFESTACIÓN NACIONAL pola Derrogación do Decretazo linguístico. A Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) apoia plenamente esa manifestación.
Malia os mornos avances conseguidos, a realidade é que a maioría dos centros de ensino do noso país, no canto de formar a nenos que dominen plenamente e usen a nosa lingua nacional, continúan a xogar un papel predominantemente desgaleguizador. A manifestación convocada para o día 27, ten como obxectivo fundamental pedir a retirada do proxecto de LOMCE, máis coñecida como lei da Wertgoña.
Semellaba que o vello slogan dos anos 60 e 70 xa non tiña razón de ser, máis desgraciadamente non é así, e polo ten pleno sentido reclamar “Galego na Escola”.
Animamos a todos os facultativos, e a todos os traballadores da saúde que respectan a nosa lingua e creen que os galegos temos que protexela non só no ensino senón tamén na Sanidade, a que acudan á manifestación en defensa da lingua do domingo 27 de xaneiro.
Máis información na web de Queremos Galego.
|
Xoves, 19 Agosto 2010 07:57 |
O galego na sanidade. Manuel González Moreira. Médico de familia. CS Nicolás Peña. Vigo |
Xoves, 21 Xaneiro 2010 22:00 |
Miles de persoas enchen o Obradoiro para manifestarse “en defensa da convivencia e do galego”
Os estudantes sumáronse masivamente á marcha
A manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego colapsou Compostela superando mesmo a asistencia prevista pola organización, que cifrou a participación nunhas 80.000 persoas, cunha máis que significativa asistencia de estudantes, que apoiaron masivamente a mobilización. A plataforma cidadá tamén valorou como un éxito o seguimento da folga convocada no ensino, que foi secundada por preto do 90% do profesorado e o estudantado. 22/01/2010 |
Mércores, 10 Xuño 2009 22:00 |
A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo.

Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego ten que ser tamén lingua da aprendizaxe.
As Linguas Suman 11/06/2009 Folla informativa de CIG-Saúde 11/06/2009 |
Sábado, 18 Agosto 2007 22:00 |
Instruccións 11/2005, do 8 de novembro, sobre o emprego do galego nos documentos da Consellería de Sanidade e do Sergas. Xaneiro 2006
A Circular 5/97 da CONSELLERÍA DE SANIDADE esixe o emprego do galego pola Administración Sanitaria Galega.
A Circular 5/97 da Consellería de Sanidade "Emprego do idioma galego nas comunicacións que causen efecto na Comunidade Autónoma de Galicia" indica que
"en toda a documentación que circunscribe o seu uso e efectos ó territorio de Galicia ten que utilizarse o idioma galego tanto por coherencia lexislativa como por ser a lingua galega a nosa principal característica autoidentificadora fronte ás restantes nacionalidades e rexións do Estado".
Esta Circular que foi remitida no ano 1997 aos Delegados Provinciais da Consellería de Sanidade e aos Directores Provinciais do SERGAS.
Como se comproba no documento anexo, Circilar do 27 de novembro de 2003, volveu ser remitida aos mesmos destinatarios e tamén aos Xerentes de AP e AE das distintas áreas sanitarias. O motivo probábel é que por aquelas datas comezaron os traballos da Comisión Sectorial de Sanidade do Plan de Normalización Lingüística.
A Circular 5/97 é un texto legal que debemos celebrar todos os traballadores sanitarios que estamos a prol da normalización da lingua galega na sanidade. Tamén debemos esixir a súa aplicación cando non se cumpra, o que non é infrecuente.
|
|
|
|