productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Segundo CESM-OMEGA sobramos Médicos Imprimir Correo-e
Venres, 23 Decembro 2011 08:45

235Sorprendente estudo que asina/patrocina CESM-OMEGA.  frecha-r-2


As e os Facultativos da Sanidade Pública, con Foros, chamados da Profesión Médica, como estes, para que queremos inimigos?


Segundo este estudo,
•    SOBRAN FACULTATIVOS
•    SON MOITOS ESTUDANTES DE MEDICINA
•    MEDRA EN EXCESO O NÚMERO DE MÉDICOS DO HOSPITAL
•    GÁSTASE MOITO EN SANIDADE
•    O SECTOR PRIVADO É MÁIS EFICIENTE QUE O PÚBLICO


Non sabemos se o que pretenden é xustificar ás medidas que vai tomar Rajoy. O que si temos máis claro agora é a razón pola que CESM-OMEGA non se opón ás Iniciativas de Privatización.


Os MIR e os estudantes de medicina deben estar entusiasmados con tanto apoio para buscar postos de traballo estables, seguros e cunhas condicións de traballo dignas, na Sanidade Pública.


Mentres outros denunciamos os recortes, formamos parte da Plataforma SOS Sanidade Pública, con outras moitas organizacións, para defendernos das agresións, CESM-OMEGA permítense a alegría de darlle xustificacións e argumentos ao PP para que recorte “co apoio de organizacións médicas”.


Cun estudo, ademais, onde compara os datos de España cos de Estados Unidos, un país que, como todos sabemos, “é moi eficiente”, “gasta pouco en sanidade” e “ten un sistema sanitario igual que o noso”. Ou acaso é ese o modelo que queren?.

 
Unha sanidade impagable Imprimir Correo-e
Martes, 15 Novembro 2011 12:46

Interesante comentario de Ignacio Escolar no seu blog: escolar.net frecha-r-2

"Unha sanidade impagable

Cinco argumentos contra aqueles que din que o gasto sanitario español é desmesurado ou que son inevitables os recortes e o copago.

1. España é dos países desenvolvidos que menos inviste en saúde: só o 9,7% do PIB, entre sanidade pública (6,6%) e privada (3,1%). Francia gasta o 11,7%; Alemaña, o 11,3%; Holanda, o 10,8%; e Estados Unidos, o 16,2%.

2. O sistema público de saúde cústalle a cada español uns 1.500 euros ao ano, que saen dos seus impostos. A media europea rolda os 2.100 euros. Francia (2.500), Alemaña (2.600) ou Reino Unido (2.100) tamén pagan máis por habitante.

3. Por 1.500 euros ao ano, España consegue unha cobertura pública, gratuíta e universal (a partir de xaneiro de 2012) cunhas prestacións moi superiores á media da UE: a proba é que tantos europeos vingan a operarse a España. Nos países sen sanidade pública, non hai seguro privado que ofreza uns servizos sanitarios da mesma calidade a un prezo tan baixo.

4. O investimento é pequeno, pero a rendibilidade é moi alta. España está entre os mellores países en case todos os indicadores de saúde: en esperanza de vida, en taxas de vacinación infantil ou en transplantes. Grazas aos sistemas de prevención, a mortalidade por cancro de mama, por exemplo, é case un 24% inferior á media da UE.

5. Que a nosa sanidade pública sexa tan eficaz como barata significa que é un dos mellores sistemas de saúde do planeta, como así se recoñece fóra de España. A súa eficiencia desmente tamén dúas falsidades: que o sistema sanitario español sexa un luxo insostible e que o privado funcione sempre mellor que o público.

Fonte: OMS e Eurostat, ano 2009"

 
Éxito nas mobilizacións en defensa da Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Sábado, 29 Outubro 2011 22:12

ManifaVigo11_grande

Na súa páxina web a Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade.


A Plataforma SOS Sanidade Pública engade que esta nova mostra de vontade cidadá demostra que a maioría das galegas e galegos, por encima das súas lexítimas posicións políticas, aposta por manter o carácter público do sistema sanitario que garante o acceso equitativo e universal aos servizos de saúde , e non está disposta a tolerar que, co pretexto da crise económica, se lles recórte ou privatice un dos seus dereitos fundamentais.

Máis información na web www.sos-sanidadepublica.org


Vídeo da Manifestación de Vigo producido pola CIG

 

 
A información que queren ocultar, o Novo Hospital de Vigo terá 900 camas segundo a Empresa Propietaria Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Outubro 2011 07:29

A empresa norteamericana “Hill International “ seleccionada para xestionar a construción do novo Hospital de Vigo  publicaba na súa paxina web que o Novo Hospital de Vigo tería exclusivamente 900 camas. (http://www.gerenshill.com/proyectos_detalle.php?id=167&lan=)

Diante da repercusión da noticia retiraron esta información da súa páxina, pero temos copia en imaxe da información que publicaban.

Tal e como viñamos denunciando de xeito repetido, a Consellería de Sanidade ten a intención de que o Novo Hospital de Vigo teña só 900 camas e non as 1450 necesarias.

Captura-Gerens-Hill

 
CIG-Saúde rexeita a taxa de reposición na Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Martes, 04 Outubro 2011 08:21

PLANO DE ESTABILIDADE 2011-2014 DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL =

PERDA DE POSTOS DE TRABALLO NA SANIDADE PÚBLICA
 

O Plano de Estabilidade 2011-2014 foi presentado perante a Comunidade Europea por Elena Salgado, Ministra de Economía e Facenda, e ratificado por Mariano Rajoy na súa reunión con Angela Merkel.
Plano-Estabilidade Este efecto perverso de eliminación de postos de traballo na Sanidade Pública manterase ata o ano 2014. É dicir, ata o 2014 só se poderá cubrir un 10% das prazas vacantes. O resto das prazas serán amortizadas. Con posterioridade ao 2014 o cadro de persoal da Sanidade Pública estará tan mermado que a prestación de servizos será inviable.
 

Desde a CIG-Saúde, ao igual que fixemos no ano 2011, iniciamos unha campaña de denuncia e reivindicación para que o goberno da Xunta de Galiza e os partidos políticos do parlamento do Estado Español rexeiten que os orzamentos do ano 2012 contemplen a taxa de reposición nos servizos públicos.
 

De non producirse isto, desde CIG-Saúde instamos ao Goberno Galego a que en uso das súas competencias, esixa ao goberno do Estado Español que a taxa de reposición non teña a consideración de normativa básica. E ao SERGAS a que se cubran a totalidade das prazas.
 

Qué interese tén o goberno en eliminar os postos de traballo na Sanidade Pública?

Será que esta medida lle facilita as súas ansias privatizadoras?
 

NA DEFENSA DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO, DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO!

 
A SUSTENTABILIDADE DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO Imprimir Correo-e
Martes, 11 Xaneiro 2011 11:39
FADSP-1A SUSTENTABILIDADE DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO
12 PROPOSTAS PARA GARANTILA

A “Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública” publica en xaneiro de 2011 un interesante informe sobre a sustentabilidade da Sanidade Pública. ico_pdf

 
Adxudicada a construción e xestión do Novo Hospital de Vigo Imprimir Correo-e
Luns, 13 Decembro 2010 23:45

Polo seu interese publicamos a nota da Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo sobre a adxudicación polo Consello da Xunta do venres 10 de decembro do Novo Hospital de Vigo

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info