productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O FORO DA EXCLUSIÓN XA NON VAI DIVIDIR Á ATENCIÓN PRIMARIA Imprimir Correo-e
Domingo, 05 Xuño 2011 21:00

foro

O “Foro de Médicos de Atención Primaria de Galicia” naceu mal. Algúns dos seus promotores pretenderon convertelo nun foro de exclusión. Ese “Foro” xa non existe.


Hai unhas semanas publicouse na prensa, e moitos facultativos recibimos correos electrónicos, que viña de ser creado o “Foro de Médicos de AP de Galicia”,  que se constituíu como “el observatorio de la profesión Médica y que este, además de las iniciativas propias de la Comunidad Gallega, sea la expresión a nivel Autonómico de los acuerdos del FORO DE MEDICOS DE ATENCION PRIMARIA en el  ámbito nacional”. Como actividade inmediata a realizar, o Foro se marca como obxectivo unha tarefa fundamentalmente sindical: negociar co SERGAS o CPV dos médicos de AP.

Ler máis...
 
Día da Atención Primaria Imprimir Correo-e
Luns, 11 Abril 2011 23:00

Areas_Sanitarias_PrimariaOrganizacións científicas de atención primaria queren sinalar en todo o territorio español o día 12 de abril como o Día da Atención Primaria.


A Agrupación Médica de CIG-Saúde apoia calquera iniciativa que faga máis relevante e máis forte á atención primaria. Lamentablemente, sumada á debilidade habitual da primaria, e aos recortes orzamentarios do goberno galego, acaba de publicarse no Diario da Unión Europea a licitación de 18 centros de saúde galegos pola vía da Iniciativa de Financiamento Privado.

 

Son 18 centros de saúde que van ter un custe de 233 millóns de euros, licítanse nun paquete único, para un único comprador, e que inclúe o custe de construción, os gastos financeiros da empresa que se faga co negocio e ademais todos os negocios e servizos non clínicos: mantemento, seguridade e queda aberta a posibilidade de cesión de espazo para usos diferentes como pode ser cafetaría, supermercado, centro comercial de calquera tipo.

 

Ler máis...
 
Ollo coa regularización de xornada nos PACs Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Decembro 2010 19:53

pacs_4

Na nómina do mes de xaneiro, as xerencias regularizarán a xornada complementaria do ano 2010. Como ben vimos informando, esta regularización presentará erros de cómputo do aplicativo informático de PACs para o pago da chamada “xornada complementaria”.

CIG-Saúde continúa a denunciar o cómputo incorrecto que fai o aplicativo informático para o pago da xornada complementaria, sobre todo no caso do cómputo que fai dos permisos oficiais e ITs. Nestes casos, por cada día ausente, o programa non computa as horas de garda recollidas en calendario –como para o resto do persoal do SERGAS-, senón 4.6 horas con independencia do horario de garda (7 horas se a garda é de 15 a 22 horas, 10 horas se a garda é de 22 a 8 horas, 12 horas se a garda é de 8 a 22 horas). Polo tanto, isto fai que todo aquel que disfrutou das súas 63 horas de días de libre disposición no ano 2010, lle acabe debendo xornada á empresa, e moita máis débeda presentarán os que tiveron baixas repetidas e curtas durante este ano.
Ler máis...
 
O Sergas deixa de pagar a Intersubstitución en Primaria Imprimir Correo-e
Martes, 21 Setembro 2010 09:14

Para a cobertura das ausencias as Xerencias de Atención Primaria están pechando as axendas de citación dos profesionais ausentes, sen utilizar os instrumentos que figuran nos acordos publicados no DOG do 16 de xuño de 2008, e sen importarlles o efecto que isto causa no servizo que se presta á cidadanía e nas condicións de traballo das e dos profesionais:

  • Incremento da lista de espera nas consultas de Atención Primaria, co que se incrementan tamén o número de persoas que acoden aos dispositivos de urxencias, tanto PACs como urxencias hospitalarias.
  • Perda de calidade da asistencia ao ser atendidos por diferentes profesionais en consultas sucesivas pola mesma patoloxía.
  • Desorganización das axendas de traballo ordinario dos profesionais diante do incremento das consultas urxentes.
  • Perda do dereito a retribución por intersubstitución das e dos profesionais que consultan aos pacientes dos ausentes.

Esta situación estase a xeneralizar entre as e os facultativos, pero tamén se estende entre as e os profesionais de enfermaría.

 
Plan de Mellora de Atención Primaria Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Xuño 2010 10:57

Plan_de_Mellora

A Consellería de Sanidade está a liquidar o Plan de Mellora de Atención Primaria.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa colaboración das e dos profesionais para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios dos Centros de Saúde. 23/06/2010

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info