productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Prazas da OPE de Psiquiatría Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Xaneiro 2011 10:16

O SERGAS comunícanos as prazas da OPE de Psiquiatría tal e como sairán publicadas no DOG da próxima semana, así como o procedemento para a elección de destinos.

Prazas ico_pdf

Procedemento de elección de destinos ico_pdf

 
Elección de destinos e Incorporación OPE A. Primaria Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Decembro 2010 11:31

maletas-2Segundo informa o SERGAS, na Primeira quincena de febreiro producirase a publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.

É posible que a incorporación se produza desde o mes de marzo, polo tempo que precisa a actualización de tarxeta sanitaria en Atención Primaria.

 
PROCEDEMENTO ELECCIÓN DESTINOS PSIQUIATRÍA Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Decembro 2010 11:43

Psiquiatria-2O Sergas achéganos  a proposta de resolución para a petición por solicitude escrita de prazas de Psiquiatría, que será discutida na Mesa Sectorial do vindeiro xoves día 23.

Publicamos os borradores dos documentos enviados para o coñecemento das e dos interesados. Estes documentos poden sufrir algunha modificación na Mesa Sectorial.

Borrador do procedemento de elección  ico_pdf

Borrador da solicitude ico_pdf

 
OPE Psiquiatría - baremación definitiva da fase de concurso Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Decembro 2010 09:48

Psiquiatria-2O DOG do xoves, 2 de decembro de 2010 publica a resolución pola que se fai público o acordo do tribunal do proceso selectivo para ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados. ico_pdf

Só os aspirantes definitivamente seleccionados deberán achegar inescusablemente a seguinte documentación, no prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois pola contra quedarían excluídos do proceso selectivo:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, así como acreditación fidedigna do requisito común da nacionalidade, no caso de non ser a nacionalidade española.

b) Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa para acceder pola correspondente quenda.

 
POR SENTENZA XUDICIAL: TEMPO DA RESIDENCIA = TEMPO TRABALLADO Imprimir Correo-e
Domingo, 31 Outubro 2010 16:56

UNHA SENTENZA XUDICIAL ESTABLECE QUE O TEMPO DA RESIDENCIA DEBE CONTAR COMO TEMPO TRABALLADO PARA OS MÉDICOS DE FAMILIA.Xustiza

  • Con data  7 de outubro de 2010 o SERGAS ven de publicar unha resolución para executar a sentenza do xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Santiago de Compostela, onde se estima a demanda presentada por 3 medicas/os de familia para que se lles recoñeza no apartado de experiencia profesional, como servizos prestados en institucións sanitarias públicas, os 3 anos do período MIR.

Ler máis...
 
Calendario OPE e Traslados Imprimir Correo-e
Martes, 12 Outubro 2010 17:30

Segundo nos informa o Sergas, este sería o calendario dos próximos pasos da OPE e do Concurso de traslados:

CONCURSO-OPOSICIÓN

CONCURSO DE TRASLADOS

BAREMACIÓN PROVISIONAL

BAREMACIÓN DEFINITIVA

BAREMACIÓN PROVISIONAL

BAREMACIÓN DEFINITIVA

Segunda quincena de outubro:

FEA de Psiquiatría

(OPE 2006)

Primeira quincena de novembro:

FEA de Psiquiatría

(OPE 2006)

Primeira quincena de decembro:

Médicos de Familia de A.P.

Segunda quincena de decembro:

Médicos de Familia de A.P.

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN   OPE/TRASLADOS

Médicos de Familia de A.P., poden elixir destino en decembro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro 2011.

 
O xoves ,17 de setembro, 548 facultativos tomaron posesión das súas prazas no SERGAS. Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Setembro 2010 19:05

Deles, 334 superaron a OPE, mentres que outros 214 acudiron ao Concurso de Traslados. O 8% procede de fora de Galiza. Fican pendentes da toma de posesión 45 facultativos especialistas de área de Psiquiatría (...)

 
Convocada OPE da Lei 17 Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Agosto 2010 22:00

Publícase hoxe no DOG a convocatoria de concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989.

Podedes descargar a convocatoria premendo aqui.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info