Martes, 06 Xuño 2017 10:56 |
O luns 5 de xuño publicouse no DOG a Resolución do 23 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo.
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 6 de xuño e ata o 5 de xullo de 2017.
Cada concursante deberá cubrir unha única solicitude de participación por categorÃa/especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos).
Descarga a publicación aquÃ.
|
Martes, 21 Marzo 2017 11:28 |
Temas de Traslados FEAs tratados na Mesa Sectorial do venres 17 de marzo de 2017:
Sobre medidas de conciliación: Desde a CIG-Saúde propoñiamos que, coa finalidade de conciliar a vida familiar e laboral, as parellas (matrimonio ou parella de feito) que solicitaran destino na mesma localidade, e un dos membros non o acadara, puideran renunciar ao destino acadado.
Isto é unha medida de conciliación, pero o SERGAS no seu texto recolleu, para este suposto, unha medida de penalización, xa que estableceu unha participación condicionada a que se unha das persoas non acada destino na mesma localidade, o destino da outra queda sen efecto.
É dicir, na solicitude vai aparecer un recadro para que cubras voluntariamente a participación condicionada a que a túa parella tamén acade destino nesa localidade. Se cobres o recadro, e a túa parella non acada destino, a túa solicitude queda anulada, independentemente do destino que acadaras. Isto non é conciliación familiar e laboral.
Rexeitamos que se reserven prazas no CHUAC, e polo tanto non se convoquen neste concurso de traslados, co argumento da alta especialización, sen máis información. A actividade destes servizos é semellante a do resto de complexos hospitalarios.
Esiximos o tratamento das prazas de alta especialización na mesa sectorial, segundo recolle o Decreto de selección e provisión 206/2005.
Solicitamos a incorporación no anexo das seguintes prazas:
1 praza de cirurxÃa torácica en Vigo, na que a persoa eventual que a está a ocupar leva asinados 78 vÃnculos nos últimos anos; se isto non é unha praza estrutural, que alguén nos explique que é.
Prazas nos hospitais de Monforte, O Barco e Hospital de Cee.
Non foron aceptadas ningunha das nosas alegacións.
A previsión é que a convocatoria dos Traslados de FEAs sexa en abril ou maio.
|
Venres, 27 Marzo 2015 10:07 |
PublÃcanse hoxe no DOG as resolucións que dan publicidade aos destinos definitivos logo do concurso de traslados de persoal sanitario:
- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
Tal como se recolle nas propias resolucións a data de cesamento será o dÃa 7 de abril. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres dÃas hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince dÃas hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.
Máis información sobre incorporacións e cesamentos nas instrucións facilitadas polo SERGAS. |
Martes, 05 Febreiro 2013 11:34 |
O martes 29 de xaneiro na Mesa Sectorial o SERGAS informounos que en breve enviarannos o borrador da convocatoria de OPE de FEAS e Urxencias Hospitalarias.
Convocarán a comisión de OPE para analizar baremos, acreditación de méritos... Desde CIG-SAÚDE solicitamos que se nos envÃe o estudo que estaba a realizar a Dirección de Asistencia Sanitaria sobre as especialidades que se Ãan convocar nesta OPE.
Tamén se nos informou que a toma de posesión do concurso de traslados será conxuntamente coa da OPE, pero que, como se vai a retrasar un pouco, poden conceder algunha comisión de servizo ás persoas que están pendentes do traslado.
Desde CIG-SAÚDE non nos opoñemos a que se concedan comisións de servizo sempre que estas se concedan seguindo a listaxe da resolución do concurso de traslados, que isto non é máis que adiantar o traslado, pero á Admón parécelle que isto non pode ser viable en todos os casos. Non logramos entender por que os sistemas regrados sempre presentan dificultades. |
Mércores, 07 Novembro 2012 23:00 |
PublÃcase no DOG do 7 de novembro a resolución relativa á publicación da relación definitiva de admitid@s/excluÃd@s do concurso de traslados para as categorÃas de Licenciad@s Sanitari@s (agás UroloxÃa) asà como os destinos provisionais acadados.
Establécese un prazo de 15 dÃas hábiles para posibles reclamacións sobre os destinos provisionais adxudicados. |
Xoves, 19 Xullo 2012 13:00 |
PublÃcase no DOG do 19 de xullo a resolución de publicación das listas provisionais de admitidos/as e excluÃdos/as para o concurso de traslados de FEAs:
· RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012 , da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluÃdos/as do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 deste centro directivo.
As persoas excluÃdas disporán dun prazo de dez dÃas hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso.
|
Venres, 20 Abril 2012 06:41 |
O SERGAS enviounos este cadro de prazas de FEAs e MUH a ofertar a traslados. |
Mércores, 29 Decembro 2010 11:31 |
Segundo informa o SERGAS, na Primeira quincena de febreiro producirase a publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.
É posible que a incorporación se produza desde o mes de marzo, polo tempo que precisa a actualización de tarxeta sanitaria en Atención Primaria. |
|