O GALEGO NA CONSELLERÍA DE SANIDADE Imprimir
Sábado, 18 Agosto 2007 22:00

bolo-1 Instruccións 11/2005, do 8 de novembro, sobre o emprego do galego nos documentos da Consellería de Sanidade e do Sergas. Xaneiro 2006

bolo-1 A Circular 5/97 da CONSELLERÍA DE SANIDADE esixe o emprego do galego pola Administración Sanitaria Galega.

A Circular 5/97 da Consellería de Sanidade "Emprego do idioma galego nas comunicacións que causen efecto na Comunidade Autónoma de Galicia" indica que

"en toda a documentación que circunscribe o seu uso e efectos ó territorio de Galicia ten que utilizarse o idioma galego tanto por coherencia lexislativa como por ser a lingua galega a nosa principal característica autoidentificadora fronte ás restantes nacionalidades e rexións do Estado".

Esta Circular que foi remitida no ano 1997 aos Delegados Provinciais da Consellería de Sanidade e aos Directores Provinciais do SERGAS.

Como se comproba no documento anexo, Circilar do 27 de novembro de 2003, volveu ser remitida aos mesmos destinatarios e tamén aos Xerentes de AP e AE das distintas áreas sanitarias. O motivo probábel é que por aquelas datas comezaron os traballos da Comisión Sectorial de Sanidade do Plan de Normalización Lingüística.

A Circular 5/97 é un texto legal que debemos celebrar todos os traballadores sanitarios que estamos a prol da normalización da lingua galega na sanidade. Tamén debemos esixir a súa aplicación cando non se cumpra, o que non é infrecuente.