Persoal Médico e de Enfermaría dos PACs péchanse en protesta polo incumprimento dos acordos. Imprimir
Mércores, 01 Febreiro 2012 08:46

PechePACVigoCentos de traballadores e traballadoras dos Puntos de Atención Continuada (PAC) participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do SERGAS.


No decurso da mañá deste martes 31 de xaneiro celebráronse concentracións ante as xerencias Integradas de Atención Primaria e xerencias de área de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Compostela, entre outras, para reclamar o cumprimento dos acordos asinados polo Sergas coas organizacións sindicais. CIG-Saúde considera prioritaria a defensa do emprego público, que se respecten os dereitos do persoal e que se fagan as contratacións a través das listas.

A CIG-Saúde demanda a inmediata convocatoria da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación, reclama da administración “unha actitude negociadora para desbloquear esta situación e que non aconteza como na xuntanza anterior, á que chegaron coa negativa absoluta a abordar ningún dos problemas expostos”.

Abuín fai este chamamento ao SERGAS, logo de ter fracasado a anterior xuntanza coa administración, convocada a instancias da CIG e avalada coa sinatura de máis de 400 profesionais.


O martes, 7 de febreiro ás 11:00, está convocada unha concentración diante do SERGAS, en Compostela, para continuar coas mobilizacións.

Máis información frecha-r-2