Selección temporal de FEAS: aasignatura pendente do SERGAS Imprimir
Xoves, 22 Xuño 2017 11:57

Medico-aSELECCIÓN TEMPORAL DE PERSOAL FACULTATIVO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA

A ASIGNATURA PENDENTE DO SERGAS ico_pdf


Neste ano cúmprense  25 anos do primeiro pacto de selección temporal do persoal estatutario do SERGAS. En cada pacto fóronse incluíndo novos colectivos profesionais, vencendo a resistencia   do SERGAS , de deixar fora do mesmo as/os licenciadas/os sanitarios.


O actual pacto recolle a selección temporal de licenciadas/os sanitarios das categorías de: Médicas/os de Familia, Pediatras  e Odontólogas/os de atención primaria e Psicólogas/os Clínicos. E agora, por fin, parecía que a Administración sanitaria ía rematar coa arbitrariedade na contratación de FEAS (Facultativos Especialistas de Área), e o pacto de selección temporal de persoal Facultativo de Atención Hospitalaria ía ser unha realidade.


O Plano de estabilidade publicado o día 4 de maio de 2017, volve a recoller un procedemento de selección de licenciadas/os sanitarios para atención especializada.  O día 5 de maio de 2017, convocase a primeira, e única reunión da comisión técnica. Nesta reunión a Administración fíxonos entrega do borrador de selección temporal de FEAS, e desde aquela nunca mais.


  • O plano de estabilidade do SERGAS recolle que a data 30 de xuño de 2017 estaría rematado o procedemento de estabilidade no emprego deste colectivo.

 

  • Que esta a pasar para que o SERGAS non convoque unha nova reunión da comisión técnica?

 

  • Que interese hai en seguir tendo na máis absoluta precariedade as/os licenciados sanitarios de atencións especializada?

 

  • Por qué o SERGAS non esta a cumprir o seu propio plano de estabilidade?

 

  • Coma unha Administración pode ter a un colectivo profesional asinando contratos, día si, día non, en vez de ofertarlle  vínculos de estabilidade, xa autorizados?

 
CIG-SAÚDE esixe do SERGAS a convocatoria inmediata  da comisión técnica de selección temporal de licenciados sanitarios de atención especializada.

Esiximos a inmediata negociación e aprobación do pacto de selección temporal, e que os vínculos de curta e longa duración se oferten polas listaxes resultantes deste procedemento.

Non ten ningún sentido manter a precariedade laboral.