INSTRUCCIÓNS PARA A SOLICITUDE

 DE PERMISOS PARA TODO O

PERSOAL DA XERENCIA DE

ATENCIÓN PRIMARIA DE LUGO.

( ANO 2010)

 

 

Coa fin de organizar axeitadamente a actividade asistencial as solicitudes de todos os  permisos terán que seren enviadas coa sinatura do interesado e do coordinador de enfermaría ou xefe de servizo ou unidade. Na petición terá que constar a data de desfrute e a súa natureza ( vacacións, LD etc...)

 

As solicitudes deben recibirse na Xerencia dentro dos prazos sinalados nesta circular para cada tipo de permiso.

 

Os permisos solicitaranse polo FIDES, a impresión da folla do FIDES asinada convenientemente será remitida por FAX ( 982 29 70 34) o mesmo día da petición electrónica. ( Ata que se estableza un sistema de autenticación das sinaturas é obrigatoria a presentación da copia do FIDES).

 Todos aqueles permisos que requiran xustificante ( asunto familiar grave, consulta médica ...) deberá aportarse obrigatoriamente no prazo dunha semana.

 

1.- VACACIÓNS:

 As vacacións do ano 2010 deberán ser desfrutadas antes do día 15 de decembro de 2010 coa fin de permitir que no periodo de NADAL repártanse dun xeito equitativo os días de descanso.

 Asimesmo, os días adicionais de vacacións por antigüidade desfrutaranse prioritariamente antes do día 1 de decembro do de 2010.

 A data límite para remitir a esta Xerencia os calendarios de vacacións é o 16 de abril de 2010.

 

 1.1.- PERIODO ORDINARIO.

 

Considérase periodo ordinario de vacacións os meses de XUÑO, XULLO, AGOSTO E SETEMBRO poidendo solicitarse por meses ou quincenas naturais ( do día 1 ao último día do mes ou ben do 16 ao 15 de cada mes, ou en quincenas naturais, do 1 ao 15 do mes ou do 16 ao último día do mes).

 En tódolos centros organizaranse as quendas de permisos de tal xeito que sempre permanezan en activo no caso do persoal diplomado sanitario e de xestion e servizos o 50% da plantilla.

  Polas peculiaridades da prestación de servizos e a situación actual das substitucións no caso do persoal facultativo e por mor das peculiares circunstancias da asistencia os 2/3 da plantilla. Naqueles centros nos que só hai dous profesionais a permanenza será polo menos do 50%.

 Asimesmo teranse en conta as seguintes especificacións:

 Pediatras: naqueles centros onde hai máis dun pediatra sempre debe permanecer no servizo como mínimo o 50% e polo menos 2/3 dos profesionais da área.

 Farmaceúticos: permanecerán en activo polo menos 2/3 dos profesionais da área.

 Odontólogos: permanecerán en activo polo menos 2/3 dos facultativos da área.

 No caso específico do persoal de PAC polas peculiaridades na distribución da súa xornada o desfrute de vacacións equivale a 120 horas.  Este tipo de persoal debe coñecer que a solicitude de vacacións en periodos onde teñan asignados un número superior de horas  podería ter repercusións no cómputo final da súa xornada anual efectiva.

  

1.2 PERIODO NON ORDINARIO.

 Poden solicitarse por meses, quincenas ou semanas contadas de data a data ou con sete dias consecutivos.

 Seguiranse os mesmos criterios de ausencia do persoal que no periodo ordinario.

 Deberán solicitarse cun mes de antelación.

 

 1.3. ESPECIAL REFERENCIA AO DESFRUTE DE VACACIÓNS POLO PERSOAL TEMPORAL  POR MOR DAS PREVISIÓNS DOS PROCEDEMENTOS DE MOBILIDADE VOLUNTARIA E  SELECCIÓN.

 

Atopándonos en pleno desenvolvemento dun proceso de selección e mobilidade voluntaria e sendo as previsións de incorporación dende Servizos Centrais neste ano 2010, o persoal que poida ser susceptible de cesamento como consecuencia de calquera destes procesos, poderá solicitar tan só 3 semanas de vacacións neste ano , sen perxuízo de que se as previsións non se chegasen a cumprir terían dereito ao desfrute da totalidade dos permisos devengados no 2010.

 

   

1.4 DÍAS POR ANTIGÚEDADE ( VACACIÓNS ADICIONAIS)

 

Débese facer constar na solicitude a súa natureza. De foma xeral trataranse como os demais días de vacacións ( segundo a circular 14/2004). Como consecuencia da necesidade de conciliar as ausencias de vacacións no periodo ordinario co establecemento dos bloques de substitución consonte ao disposto no Pacto de contratación temporal no poderán solicitarse pegados ás vacacións.

 As vacacións extraordinarias deben solicitarse cun mes de antelación se solicitan en periodo non ordinario e antes do 16 de abril do 2010 se é en periodo ordinario.

 

 2.- DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN.

 

Os permisos por LD solicitaranse cun mínimo de 7 días de antelación.

 Durante o periodo de verán  ( xuño, xullo, agosto e setembro) será prioritario o desfrute de vacacións sobre os días de LD e éstes non se poderán desfrutar unidos a éstas.

 A data límite para o desfruta dos días de LD será o 31 de xaneiro de 2010.

 Para unha mellor organización dos servizos e a utilización equitativo dos LD deberían solicitarse ponderadamente ao longo do ano.

 3.- PERIODO DE NADAL.

 Comprende dende o 20 de decembro ao 7 de xaneiro ( ámbolos dous inclusive)

 Durante este periodo os permisos por LD non poderán superar os 5 días. A autorización do desfrute destes permisos estará , en todo caso, supeditado ás necesidades do servizo.

 4.- GARDAS:

 A voluntariedade das gardas para o persoal dos SAP/UAP conleva a realización da carga horaria elixida, posto que é xornada efectiva, polo que como norma xeral non se poderán solicitar LD en días de garda. No caso de precisar un LD no día de garda débese proceder ao cambio de garda.

 

 

5.- SÁBADOS ( XORNADA ORDINARIA).

 

A xornada ordinaria dos sábados non se poderá solicitar como LD, excepto en aqueles equipos nos que corresponde un sábado de cada 6 ou menos. Neste suposto pódese solicitar un LD en sábado pero condicionada a súa concesión á dispoñibilidade de persoal substituto.

 Naqueles centros onde coinciden dous profesionais os sábados en xornada ordinaria, só un deles poderá solicitalo.

 

 

6.- OUTROS PERMISOS.

 

O resto dos permisos ( permisos oficiais, permisos sen soldo, asuntos familiares, etc) terá que seren comunicados coa antelación suficiente para poder valorar as necesidades derivadas das ausencias.

 

Asimesmo, e polos problemas que se veñen plantexando cando un persoal en situación de IT se incorpore a traballar terá que notificalo a esta Xerencia o día anterior á súa incorporación, para evitar o día que se incorpore a concurrencia no mesmo posto do substituto e mailo traballador titular.

 

 

PODERANSE VALORAR EXCEPCIÓNS A ESTAS NORMAS CANDO SE PROPOÑAN COMO ACORDO UNÁNIME DUN EQUIPO, RESPECTANDO OS PRAZOS E SEMPRE QUE A ACTIVIDADE ASISTENCIAL QUEDE GARANTIDA.