O  pasado fin de semana pasado  a  CIG-SAÚDE celebra o seu V CONGRESO en Ourense, e Mª Xosé Abuín foi elexida  novamente Secretaria Xeral, con un respaldo de 85 votos  e 27 en branco e 2 nulos.

Así mesmo, a candidatura encabezada tamén por María Xosé Abuín, e que foi a única presentada consegueu 104 apoios e 9 votos en branco e 3 nulos.
Uunha sóa lista encabezada por María Xosé Abuín para a Executiva Nacional da federación da Saúde da CIG,  a quen segue nesta candidatura, Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio Manuel González, Vitor Vila e Carme Aira.

A votación dos relatorios de Organización e Implantación, así como os Estatutos,  foron aprobados  cun resultado de 73 votos a favor, 10 en contra e 9 abstencións.

Na sesión de clausura ademais da reelixida secretaria nacional da federación, participou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen fixo un chamamento a continuar na loita contra as políticas privatizadoras do goberno do PP e defender con forza a sanidade pública galega.

Resolucións

Presentáronse catro resolucións deste encontro, que tiñan que a ver coa vontade privatizadora das políticas do PP contra a sanidade pública galega, asi como pola mobilización e integración nas plataformas na defensa da sanidade existentes ou outras que podan xurdir. Tamén o ataque contra a galega e a posta na defensa da língua propia de Galiza foi protagonista doutra resolución, e tamén o rexeitamento ao peche do hospital da Cruz Vermella en Vigo

Sesión de clausura
Para por remate a estas dúas xornadas do V Congreso Nacional da CIG-Saúde tivo lugar a sesión de Clausura, na que participaron tanto a reelixida secretaria nacional sa CIG-Saúde, María Xosé Abuín, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A reelixida secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, agradeceu a confianza depositada e fixo referencia ao grande reto que "toca afontar nesta nova etapa. A partir de hoxe comeza o traballo en todos os ámbitos, tanto na sanidade pública como na privada, para loitar e non sermos pisoteadas polas políticas privatizadoras do PP".

Rematou sinalando que "temos que demostrar que este país continúa a ser distinto a calquera outro porque aquí está e aquí traballa a CIG".

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo,   rematou o Congreso e fixo fincapé no importante traballo que se realiza desde esta federación "nun sector complexo, e máis nos tempos que corren, nos que teredes que realizar un grande esforzo para derrotar a vontade do PP de recortar o orzamento dos servizos públicos, e tamén na sanidade, coa sua política de privatización".

Sobre a crise económica, salientou que as causas da crise "non se encontran na rixídez do mercado, nin nos altos salarios da clase traballadora, senón que se debe ao reparto desigual da riqueza e ao fomento da economia especulativa. Mesmo estase tentando fomentar a economia especulativa a través dos recursos públicos, como no caso das axudas á banca, que non se trasladaron ao tecido produtivo".

Seixo avogou por unha política fiscal distinta e acabar cos paraisos fiscais, entre outras medidas.

O secretario xeral da CIG realizou un chamamento a responder a estas agresións, e denunciou a ocultación das mobilizacións do 10 de marzo por parte dos medios de comunicacións, unhas manifestacións das que participaron milleiros de traballadores e traballadoras.

Apostou por traballar para mudar a correlación de forzas actual, crear conciencia social, "organizarnos e mobilizarnos para un cambio de políticas e de modelo. Temos que ter esperanza e traballar porque esa é a nosa función como organización sindical nacionalista e de clase. Asi, entre todos e todas conseguiremos que non se nos impoña o modelo de privatización da sanidade".