OPE 2013, publicación dos nomeamentos e adxudicación de destinos

cig informaPublícanse hoxe no DOG as resolucións polas que se nomea persoal estatutario das categorías de Enfermeira/o e Médica/o de Familia e se enumeran os destinos definitivos das persoas nomeadas:

  • Nomeamentos OPE 2013, enfermeiras/os.Descargar PDF RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015.
  • Nomeamentos OPE 2013, médicas/os de familia. RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015. Descargar PDF

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, a contar desde mañá 2 de marzo, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.