A CIG-Saúde exixe a Sanidade que incorpore o pago da atención continuada e gardas ás mulleres xestantes en risco ou permiso por maternidade

Des20170313 escrito conselleiro atención continuada embarazadasde a CIG-Saúde vimos de remitir este escrito (preme sobre a imaxe para agrandar) tanto ao Conselleiro de Sanidade como á Dirección de Recursos Humanos para que, após a sentenza do Tribunal Supremo do 24 de xaneiro de 2017 (RCUD 1902/2015), que unificou a doutrina xurisprudencial en relación co dereito do persoal estatutario a percibir a retribución das gardas, a pesar de non realizalas materialmente por encontrarse o posto adaptado por risco durante a gravidez ou a lactación, proceda a incorporar de inmediato ese criterio e ao pago da atención continuada e gardas ás mulleres xestantes en situación de risco no embarazo ou lactación, ou de descanso maternal, así como calquera outro permiso ou situación derivada da maternidade.