Publicado o insuficiente Plan de Estabilidade do SERGAS

cigsaudesergaspPublícase hoxe no DOG o Plan de Estabilidade asinado polo SERGAS e algunhas organizacións sindicais. Un Plan de Estabilidade que desde a CIG-Saúde criticamos por insuficiente, por non cubrir as necesidades reais de estabilización, por non recuperar os case 3000 postos de traballo perdidos desde o ano 2010 e porque desde o SERGAS nin sequera o negociaron cos datos enriba da mesa, senón ocultando a información que lle solicitamos unha e outra vez acerca do cadro de persoal.

  • . RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario. Publicación Plan de EstabilidadeDescargar PDF

A estabilidade laboral é un dereito dos/as profesionais da Sanidade pública, a precariedade laboral só facilita a privatización dos servizos, dificultando a continuidade nos procesos asistenciais.

Desde a CIG-Saúde seguiremos loitando para recuperar todas as prazas de persoal perdidas desde o ano 2010 e os dereitos que foron roubados. Súmate!