Publicación das listas provisionais de baremación de diversas categorías

listas sergas

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías de persoal estatutario:

  • enxeñeiro/a técnico/a
  • grupo de xestión da función administrativa
  • grupo técnico da función administrativa
  • técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais
  • técnico/a superior de Prevención de Riscos Laborais
  • técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información
  • técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información
  • técnico/a superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.