Apertura do prazo de inscrición nas listas de Enfermería especialista en Familiar e Comunitaria.

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

  • Prazo: Para a primeira xeración de listas, desde o día 5 de xullo de 2017 ata o 31 de agosto de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Méritos computables: os causados ata o 31 de xullo de 2017 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • A inscrición farase a través do sistema informático (FIDES/Expedient-e/Procesos), ao que se accederá a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde.
  • Baremo: O da última convocatoria para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 30 de xuño de 2015.