Prazos de toma de posesión celador/a e FEA Psiquiatría Imprimir Correo-e
OPE´s - OPE SERGAS

Publicada na web do SERGAS (e xa van dúas resolucións que publican sen avisar...) resolución pola que se declaran rematados os procesos de celadores/as e FEA de Psiquiatría.

Os prazos de toma de posesión serán como seguen:

 

O cómputo dos prazos dos ceses para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 29 de marzo de 2011, conforme ao disposto na base oitava das Resolucións do 21 de xaneiro de 2010 (DOG nº 27 do 10 de febreiro) e do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) polas que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 29 de marzo de 2011.


Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 31 de marzo de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada