Publicadas listas automáticas provisorias Imprimir Correo-e
Contratacións - Noticias

Información remitida polo SERGAS:

 

Mañá venres, 1 de abril, terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes provisionais de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, tras a conclusión do proceso de rexistro e mecanización das solicitudes achegadas ao abeiro da convocatoria automática do 1 de marzo de 2011.

 

As categorías obxecto desta publicación son as de: 

  • Persoal Médico de Familia;
  • Pediatra;
  • Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias;
  • Matrona e Matrón;
  • Persoal de Enfermería (DUE);
  • Cociñeira e Cociñeiro