Eleccións de destino 16 de abril Imprimir Correo-e
OPE´s - OPE SERGAS
mercores  13 de abril 2011

Este sábado, 16 de abril, levarase a cabo a elección de destinos de, cando menos, as categorías de DUE, Grupo de Xestión da Función Administrativa, Lavandeira/o e Pasador/a de Ferro. O SERGAS últimamente acostuma a publicar na súa páxina web as resolucións que envía a DOG sen emitir comunicado ao respecto, polo que nos imos enterando aos poucos destas novas.

Isto sucede coas eleccións de destino deste sábado, velaqui as resolucións colgadas na web do SERGAS:

 

* Resolución DUE. Horarios do acto de elección:

- Ás 10,00 horas: aspirantes da quenda de promoción interna e aqueles aspirantes cuxa puntuación sexa igual ou superior a 82,100 puntos.  
- Ás 10,50  horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 82,099 puntos e 79,375 puntos.  
- Ás 11,40  horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 79,374 puntos e 78,000 puntos.  
- Ás 12,30  horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 77,999 puntos e 76,700 puntos. 

- Ás 13,30  horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 76,699 puntos e 75,525 puntos.
- Ás 14,20  horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 75,524 puntos e 74,150 puntos.
- Ás 16,00  horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 74,149 puntos e 73,125 puntos.
- Ás 16,50 horas:  resto de  aspirantes cuxa puntuación sexa inferior a 73,124 puntos.

 

* Resolución Grupo de Xestión da Función Administrativa, Lavandeira/o e Pasador/a de Ferro. Horarios acto de elección:

- Día 16 de abril de 2011 ás 9,00 horas