Entrega de sinaturas INCUAL Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Abril 2011 12:39

Esta mañá un grupo de persoas de CIG-Saúde vimos de entregar no rexistro da Consellería de Traballo 600 sinaturas de celadores e celadoras para insistir na necesidade da cualificación profesional desta categoría, solicitando da Consellería de Traballo, e máis concretamente á Xefa de Servizo de Deseño e Acreditación das Cualificacións, que insistan ao INCUAL para a aceleración deste recoñecemento.

 

Como sabedes, no seu momento, CIG-Saúde fixo alegacións á proposta do INCUAL, que falaba de familia de Servizos Socioculturais e Nivel I, mentres que desde CIG-Saúde solicitábamos o encadramento da categoría de celador/a na familia Sanitaria e no Nivel II. Despois da paralización deste proceso no INCUAL, desde CIG-Saúde puxémonos en contacto coa Consellería de Traballo, solicitando a súa intervención, ao que nos respostaron que trasladaban a nosa proposta ao INCUAL para a súa toma en consideración.

 

O que vimos de facer hoxe é insistir, axuntado as 600 sinaturas que se recolleron a prol da cualificación profesional de celador/a. Agora solicitaremos unha nova reunión coa Consellería de Traballo, para seguir teimando na cuestión. Ata que consigamos que a profesión de celador/a, como profesión necesaria que é, sexa unha profesión cualificada.

 

Libro CELADORES/AS: unha profesión necesaria, unha profesión cualificada. Unha aposta de CIG-Saúde.

 

100_6673