A Xunta privatizará diversos servizos, entre eles o de cociña.

Captura_de_pantalla_2012-06-05_a_las_12.28.34A Xunta non se expuxo a posibilidade de cobrar a comida aos pacientes ingresados nos hospitais galegos, segundo asegurou onte a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nunha visita realizada ao novo hospital de Lugo. Segundo dixo, «está a confundirse a xestión coa gratuidade da prestación». Mosquera apuntou que o que están a valorar é a posibilidade de externalizar servizos que non son estritamente sanitarios, entre eles o de cociña.

A titular do departamento de Sanidade insistiu que sopesan facer o mesma coa cociña que con outros servizos, por exemplo a limpeza. Xustificou a decisión de incluír as comidas entre a posible privatización de servizos, en que as instalacións actuais «non son as adecuadas» e reformalas suporía un importante investimento. Mosquera realizou estas declaracións en Lugo nun centro inaugurado hai pouco máis dun ano, cunhas modernas cociñas nas que se preparan os menús para tres días e cunha capacidade de traballo moi superior á que están a utilizar.

Hai xa anos o Sergas privatizou as cociñas do Xeral-Calde, para despois duns anos volver asumir a responsabilidade de preparar e servir as comidas dos pacientes ingresados.

A conselleira sinalou que coa externalización de servizos pretenden garantir que a atención sanitaria seguirá un modelo de xestión pública, fronte a outros servizos que non son estritamente asistenciais.

FONTE: La Voz de Galicia