1.- No 1° ano de goberno 0 Partido Popular reduciu en máis de 300 millóns de euros o orzamento destinado a Sanidade.

2.- Feijóo e o PP iniciaron unha campaña pública de desprestixio de traballadores/as: "Esta panda de vagas/os que reciben un soldo inmerecido".

3.- Incrementou a xornada laboral. Suprimiu días de libre disposición e permitiu a supresión de días adicionais de vacacións, e días de antigüidade do E.B.E.P.

4.- Eliminou postos de traballo impoñendo a taxa de reposición do 10%, de cada1O persoas que se xubilen só se cubrirá unha praza.

5.- Inorementou o número de Camas peohadas durante os meses de verán. Co incremento exponencial das Iistaxes de espera, e redución da Contratación para a cobertura de vacacións.

6.- Reduciu a contratación do persoal eventual, non se cobren as ausencias do persoal: días libres, incapacidade laboral, xubilacións...

7.- Suprimiu o complemento retributivo en situación de Incapacidade Temporal, instaurando un Verdadeiro "imposto á enfermidade".

8.- Eliminou o Plan de Mellora da Atención Primaria. Deixáronse sen cubrir 1049 postos de traballo que xa estaban orzamentados.

9.- Eliminou o Plan Galego de Saúde Mental. Deixaronse sen cubrir 154 postos de traballo que xa estaban orzamentados.

10.- O Plan Galego de Condutas Adictivas (drogadicción) sufriu unha redución orzamentaria de máis de 1.400.000€.

11.- Introduciu no SERGAS do modelo de financiamento privado, modelo PFI. Privatización pura e dura da sanidade pública.

12.- Repago da asistencia sanitaria. Copago farmacéutico para as/os pensionistas.

13.- Eliminou, por Decreto, o dereito a ter unha sanidade, pública, universal, gratuíta e de calidade.