Onte dia 7 de xullo de 2009 será un dia que pasará a história do Hospital da Costa; o Director-Xerente do hospital negoulle a posibilidade de usar a sá de actos o Comité de Centro, tentando poñer trabas a creación da Plataforma en defensa da área da Mariña.

Confiabamos dende CIG-Saúde de que o novo xerente fose dialogante, máis que nada por informes previos de compañeiros nosos que o coñecian en tarefas de xestión, pero onte confirmouse a súa baixada de pantalons ante o responsable do PP na Mariña, senon non se entende; de ser así RENUNCIA Carliños.

Non entendemos tampouco que sendo él o xerente da área non fixese ningun tipo de manifestacións sobre as intencións da Consellería de facer unha área única ,ou non, provincial deixandolle este protagonísmo ó Sr. Balseiro que debe de ser o xerente de facto. RENUNCIA Carliños.

Si a proposta da plataforma é  dunha área, a de Cervo-Burela, con posibilidade de esixir en Compostela o mesmo trato como mínimo que as outras, dandolle un valor engadido a figura do xerente actual; é que tés medo a tanto poder?. RENUNCIA Carliños.

Tampouco entendemos porque o PP a través dos seus alcaldes non estivo na constitución da plataforma deixando somentes a defensa da área de Cervo-Burela para debates nos medios de comunicación. Si esta é a actuación dos que te puxeron no cargo, RENUNCIA Carliños.

Sabemos de boa tinta que os catro xerentes da provincia e os respetivos equipos directivos estades en contra dunha área única provincial, se eso é así porqué seguides no cargo?. RENUNCIA Carliños.

Polo teu ben, para que sexas un pouco máis feliz. RENUNCIA Carliños.