ATENCIÓN ÁS NÓMINAS

Na nómina do mes de xaneiro, a xerencia regularizará a xornada complementaria do ano 2010. Como ben vimos informando, esta regularización presentará erros de cómputo do aplicativo informático de PACs para o pago da chamada “xornada complementaria”.

 

CIG-Saúde continúa a denunciar o cómputo incorrecto que fai o aplicativo informático para o pago da xornada complementaria, sobre todo no caso do cómputo que fai dos permisos oficiais e ITs. Nestes casos, por cada día ausente, o programa non computa as horas de garda recollidas en calendario –como para o resto do persoal do SERGAS-, senón 4.6 horas con independencia do horario de garda (7 horas se a garda é de 15 a 22 horas, 10 horas se a garda é de 22 a 8 horas, 12 horas se a garda é de 8 a 22 horas). Polo tanto, isto fai que todo aquel que disfrutou das súas 63 horas de días de libre disposición no ano 2010, lle acabe debendo xornada á empresa, e moita máis débeda presentarán os que tiveron baixas repetidas e curtas durante este ano.

 

Por este motivo, dependendo das ausencias, esta regularización nalgúns casos dará un negativo nese concepto das vosas nóminas; noutros casos, a regularización dará un positivo, positivo resultante do pago da xornada complementaria, que non diferenza se ese pago é de xornada voluntaria ou horas de vacacións, días de libre disposición ou horas de exceso de xornada non desfrutadas durante o ano 2010.

 

É dicir, por unha banda o programa informático non computa correctamente os días de ausencia (4,6 horas no trocante de 7 horas normais dunha garda de 15 a 22 horas) e, por outra banda, chámalle xornada complementaria a toda aquela xornada realizada por riba da efectiva para o ano 2010 (1430 horas), sen diferenciar se ese pago é de xornada voluntaria ou vacacións / LDs / exceso de xornada non desfrutadas.

 

Por todo o anterior, recomendámosvos que solicitedes a vosa ficha de xornada realizada durante o ano 2010, e que revisedes as vosas nóminas e fagades contas.

 

Deixámosvos aqui un modelo de solicitude da ficha de xornada .

 



Prazas a concurso de traslado Imprimir Correo-e
Traslados - SERGAS

573-78970-a-trasladosO SERGAS facilitounos o novo cadro de prazas para o concurso de traslados

 

Descargar novo cadro de prazas

 

Lembramos que esta nova oferta ten que conter, polo menos, a última oferta feita polo SERGAS na reunión sobre traslados do 26 de maio e que consistía no seguinte:

 

100% de prazas de:

  • Enfermeiras
  • Auxiliares Enfermaría
  • Médicos/as Familia
  • Celadores/as
  • Fisioterapeutas
  • Matronas
  • Pediatría Atención Primaria
  • PSX
  • TEL
  • TER

Para o resto de categorías(nas que se ofertan poucas prazas, categorías pequenas) manteñen a oferta anterior feita que consiste en ofertar o número de prazas que saíu para a oposición. 

 

Casos particulares:

  • Persoal oficios: non queren baixo ningún concepto crear ningunha praza a maiores por ese motivo non ofertan máis.
  • Pinches: poden ofertar o 100 x 100 coa excepción de Vigo onde baixo ningún concepto van ofertar máis que o número de ope, polas características concretas de Vigo, coa construción do novo hospital.
  • Celadores Atención Primaria: Non van a ofertar ningunha praza.
  • Auxiliares Administrativos: no anterior concurso viñeron 60 persoas de fora de Galicia e non están dispostos a ter que soportar ese incremento de vacantes.
  • Traballadoras Sociais: Non queren ofertar o 100 x 100 porque non saben como se vai comportar a categoría por mor de que non se ofertou no anterior concurso de traslados.

Se observades que falta algunha praza, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

 

 

 

 

 

INSTRUCCIÓNS PARA A SOLICITUDE

 DE PERMISOS PARA TODO O

PERSOAL DA XERENCIA DE

ATENCIÓN PRIMARIA DE LUGO.

( ANO 2010)

 

 

Coa fin de organizar axeitadamente a actividade asistencial as solicitudes de todos os  permisos terán que seren enviadas coa sinatura do interesado e do coordinador de enfermaría ou xefe de servizo ou unidade. Na petición terá que constar a data de desfrute e a súa natureza ( vacacións, LD etc...)

 

As solicitudes deben recibirse na Xerencia dentro dos prazos sinalados nesta circular para cada tipo de permiso.

 

Os permisos solicitaranse polo FIDES, a impresión da folla do FIDES asinada convenientemente será remitida por FAX ( 982 29 70 34) o mesmo día da petición electrónica. ( Ata que se estableza un sistema de autenticación das sinaturas é obrigatoria a presentación da copia do FIDES).

 Todos aqueles permisos que requiran xustificante ( asunto familiar grave, consulta médica ...) deberá aportarse obrigatoriamente no prazo dunha semana.

 

1.- VACACIÓNS:

 As vacacións do ano 2010 deberán ser desfrutadas antes do día 15 de decembro de 2010 coa fin de permitir que no periodo de NADAL repártanse dun xeito equitativo os días de descanso.

 Asimesmo, os días adicionais de vacacións por antigüidade desfrutaranse prioritariamente antes do día 1 de decembro do de 2010.

 A data límite para remitir a esta Xerencia os calendarios de vacacións é o 16 de abril de 2010.

 

 1.1.- PERIODO ORDINARIO.

 

Considérase periodo ordinario de vacacións os meses de XUÑO, XULLO, AGOSTO E SETEMBRO poidendo solicitarse por meses ou quincenas naturais ( do día 1 ao último día do mes ou ben do 16 ao 15 de cada mes, ou en quincenas naturais, do 1 ao 15 do mes ou do 16 ao último día do mes).

 En tódolos centros organizaranse as quendas de permisos de tal xeito que sempre permanezan en activo no caso do persoal diplomado sanitario e de xestion e servizos o 50% da plantilla.

  Polas peculiaridades da prestación de servizos e a situación actual das substitucións no caso do persoal facultativo e por mor das peculiares circunstancias da asistencia os 2/3 da plantilla. Naqueles centros nos que só hai dous profesionais a permanenza será polo menos do 50%.

 Asimesmo teranse en conta as seguintes especificacións:

 Pediatras: naqueles centros onde hai máis dun pediatra sempre debe permanecer no servizo como mínimo o 50% e polo menos 2/3 dos profesionais da área.

 Farmaceúticos: permanecerán en activo polo menos 2/3 dos profesionais da área.

 Odontólogos: permanecerán en activo polo menos 2/3 dos facultativos da área.

 No caso específico do persoal de PAC polas peculiaridades na distribución da súa xornada o desfrute de vacacións equivale a 120 horas.  Este tipo de persoal debe coñecer que a solicitude de vacacións en periodos onde teñan asignados un número superior de horas  podería ter repercusións no cómputo final da súa xornada anual efectiva.

  

1.2 PERIODO NON ORDINARIO.

 Poden solicitarse por meses, quincenas ou semanas contadas de data a data ou con sete dias consecutivos.

 Seguiranse os mesmos criterios de ausencia do persoal que no periodo ordinario.

 Deberán solicitarse cun mes de antelación.

 

 1.3. ESPECIAL REFERENCIA AO DESFRUTE DE VACACIÓNS POLO PERSOAL TEMPORAL  POR MOR DAS PREVISIÓNS DOS PROCEDEMENTOS DE MOBILIDADE VOLUNTARIA E  SELECCIÓN.

 

Atopándonos en pleno desenvolvemento dun proceso de selección e mobilidade voluntaria e sendo as previsións de incorporación dende Servizos Centrais neste ano 2010, o persoal que poida ser susceptible de cesamento como consecuencia de calquera destes procesos, poderá solicitar tan só 3 semanas de vacacións neste ano , sen perxuízo de que se as previsións non se chegasen a cumprir terían dereito ao desfrute da totalidade dos permisos devengados no 2010.

 

   

1.4 DÍAS POR ANTIGÚEDADE ( VACACIÓNS ADICIONAIS)

 

Débese facer constar na solicitude a súa natureza. De foma xeral trataranse como os demais días de vacacións ( segundo a circular 14/2004). Como consecuencia da necesidade de conciliar as ausencias de vacacións no periodo ordinario co establecemento dos bloques de substitución consonte ao disposto no Pacto de contratación temporal no poderán solicitarse pegados ás vacacións.

 As vacacións extraordinarias deben solicitarse cun mes de antelación se solicitan en periodo non ordinario e antes do 16 de abril do 2010 se é en periodo ordinario.

 

 2.- DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN.

 

Os permisos por LD solicitaranse cun mínimo de 7 días de antelación.

 Durante o periodo de verán  ( xuño, xullo, agosto e setembro) será prioritario o desfrute de vacacións sobre os días de LD e éstes non se poderán desfrutar unidos a éstas.

 A data límite para o desfruta dos días de LD será o 31 de xaneiro de 2010.

 Para unha mellor organización dos servizos e a utilización equitativo dos LD deberían solicitarse ponderadamente ao longo do ano.

 3.- PERIODO DE NADAL.

 Comprende dende o 20 de decembro ao 7 de xaneiro ( ámbolos dous inclusive)

 Durante este periodo os permisos por LD non poderán superar os 5 días. A autorización do desfrute destes permisos estará , en todo caso, supeditado ás necesidades do servizo.

 4.- GARDAS:

 A voluntariedade das gardas para o persoal dos SAP/UAP conleva a realización da carga horaria elixida, posto que é xornada efectiva, polo que como norma xeral non se poderán solicitar LD en días de garda. No caso de precisar un LD no día de garda débese proceder ao cambio de garda.

 

 

5.- SÁBADOS ( XORNADA ORDINARIA).

 

A xornada ordinaria dos sábados non se poderá solicitar como LD, excepto en aqueles equipos nos que corresponde un sábado de cada 6 ou menos. Neste suposto pódese solicitar un LD en sábado pero condicionada a súa concesión á dispoñibilidade de persoal substituto.

 Naqueles centros onde coinciden dous profesionais os sábados en xornada ordinaria, só un deles poderá solicitalo.

 

 

6.- OUTROS PERMISOS.

 

O resto dos permisos ( permisos oficiais, permisos sen soldo, asuntos familiares, etc) terá que seren comunicados coa antelación suficiente para poder valorar as necesidades derivadas das ausencias.

 

Asimesmo, e polos problemas que se veñen plantexando cando un persoal en situación de IT se incorpore a traballar terá que notificalo a esta Xerencia o día anterior á súa incorporación, para evitar o día que se incorpore a concurrencia no mesmo posto do substituto e mailo traballador titular.

 

 

PODERANSE VALORAR EXCEPCIÓNS A ESTAS NORMAS CANDO SE PROPOÑAN COMO ACORDO UNÁNIME DUN EQUIPO, RESPECTANDO OS PRAZOS E SEMPRE QUE A ACTIVIDADE ASISTENCIAL QUEDE GARANTIDA.