NOTA DE PRENSA

Dende CIG-Saúde queremos denunciar o confusionismo que o Sergas está creando ao respecto da incorporación das persoas que aprobaron a oposición e que acadaron praza no concurso de traslados.

O Sergas plantexa que en determinadas categorías o atraso que se está producindo é debido ás ELECCIÓNS SINDICAIS que se van a celebrar no mes de maio. 

CIG-Saúde DESMINTE de xeito categórico que as Eleccións Sindicais incidan de maneira algunha no proceso de incorporación das persoas que acadaron praza na oposición ou nos traslados. 

Lembramoslle ao Sergas que xa daban datas de incorporación nos últimos meses do ano 2010, e que sucesivamente foron incrementando ditos prazos por motivos que non teñen nada que ver coas Eleccións Sindicais, máis ben terían que ver con movementos internos dos responsables que levaban á organización do proceso.

Dende CIG-Saúde facemoslle un chamamento ao Sergas para que non volva a vincular atrasos con Eleccións Sindicais, e aproveitamos para esixirlles unha pronta resolución dos procesos pendentes, que saquen as persoas que están esperando un destino da dúbida permanente á que están sometidos.

Tamén lle solicitamos a publicación OFICIAL dun calendario coas datas previstas de incorporación tanto de Oposición como de Traslados, datas que acalen os rumores permanentes que se xeneran.

Publicacións OPE Imprimir Correo-e
Venres, 11 Marzo 2011 10:00

Publícanse hoxe as seguintes resolucións que afectan a OPE:

* Resolución do 3 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (albanel, calefactor/a, cociñeiro/a, costureiro/a, enfermeiro/a especialista en saúde mental, grupo técnico da función administrativa, logopeda, perruqueiro/a, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social), se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados. O prazo de toma de posesión empeza o día 15 de marzo.

* Resolución do 7 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a de persoal estatutario. O acto de elección de destino celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 15 de marzo de 2011 ás 16.30 horas (quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total sexa superior a 68,000 puntos) e ás 18.00 horas (o resto dos aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 67,999 puntos).

Ademais o SERGAS informa o seguinte:

Respecto ao 6º acto de elección (carpinteiro, mecánico, electricista, fisioterapeuta, enxeñeiro técnico e fontaneiro) prevese que tanto a publicación na web como a oficial no DOG teña lugar a próxima semana.

Publicación OPE relación de prazas e elección de destino varias categorías Imprimir Correo-e
OPE´s - OPE SERGAS
Mércores, 09 Marzo 2011 10:26

Publicación hoxe en DOG :

Resolución do 2 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas das categorías de enfermeiro/a especialista en xinecoloxía-obstetricia (matrón/a), técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, telefonista e terapeuta ocupacional, e se convoca o acto de elección de destino para o próximo día 10 de marzo de 2011, ás 17.00 horas.

Pódense consultar estes datos tamén na web do SERGAS.

Información OPE Imprimir Correo-e
OPE´s - OPE SERGAS
Luns, 07 Marzo 2011 15:55

Mensaxe enviado  dende o Sergas hoxe:

Xúntase para a vosa información a Resolución pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías , se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio.

Trátase das categorías de albanel, calefactor/a, cociñeiro/a, costureiro/a, enfermeiro/a especialista en saúde mental, grupo técnico da función administrativa, logopeda, perruqueiro/a, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social.

 Remitido para o DOG   hoxe, a publicación é inminente.

Polo tanto, o prazo de toma de posesión empezará, segundo o que figura na resolución, o día 15 de marzo, e será dun mes para a xente que se incorpora por ter acadado praza na OPE. Para o caso da xente que se incorpora procedente de concurso de traslados, os prazos posesorios dependerán do centro de procedencia (se está na mesma área ou non, ou se é doutro servizo de saúde).

Publicación DOG sobre OPE Imprimir Correo-e
OPE´s - OPE SERGAS
Luns, 07 Marzo 2011 10:23
Publícase hoxe no DOG Resolución de 28 de febreiro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (grupo administrativo da función administrativa, pinche e técnico especialista en hixiene bucodental). O acto de elección de destino terá lugar o próximo 9 de marzo de 2011, ás 17.00 horas.
 
Pola liberdade de colexiación dos profesionais sanitarios Imprimir Correo-e
Outras novas - Outras noticias

O Tribunal Constitucional declarou a suspensión cautelar da Lei 1/2010 de Colexiación Obrigatoria da Xunta de Galicia. Agora é preciso que o goberno central note que somos moitísimos/as os/as profesionais sanitarios/as que reclamamos que no desenvolvemento da Lei Ómnibus, que proximamente realizará o Parlamento Español, se inclúa a Colexiación Voluntaria.

A suspensión cautelar da Lei 1/2010 que ven de establecer o Tribunal Constitucional, a instancias do Ministerio de Economía e Facenda do Goberno Central, implica que no momento actual a colexiación é voluntaria. A Lei 1/2010 aprobada polo parlamento galego a instancias da actual Xunta de Galicia, a principios de 2010, rematou coa liberdade de colexiación que existía con anterioridade, malia que os Colexios se empeñaran en negar esa realidade. Deste xeito, durante o ano 2010 e até agora, os/as licenciados/as e diplomados/as que facíamos asistencia sanitaria directa, estabamos obrigados/as por lei a pertencer ao correspondente colexio profesional.

A situación actual, de liberdade de colexiación, é moi inestábel, pois en pouco tempo o Parlamento Español abordará o desenvolvemento da chamada Lei Ómnibus (A Lei 25/2009, BOE do 23 de decembro de 2009, transposición da Directiva Europea 2006/123/CE), onde se establecerá definitivamente o carácter voluntario ou obrigatorio da colexiación. No goberno central as posicións están divididas e, desgraciadamente, teñen un peso considerábel opinións, como a da Ministra de Sanidade, que defenden abertamente a colexiación obrigatoria.

CIG‐Saúde non se opón a existencia dos colexios profesionais, senón que defende que a colexiación ten que ser voluntaria. Parécenos aceptábel que grupos de profesionais consideren que é bo aglutinarse ao redor dun órgano corporativo, como é un colexio profesional, na procura dun mellor desenvolvemento e defensa dos intereses e valores da súa profesión. Máis esiximos que a pertenza a tal órgano corporativo sexa voluntaria, pois unha organización deste tipo, se a pertenza a ela é obrigada, forma parte dun modelo social, profesional e laboral que xa non ten nada que ver coa realidade actual.

Nesta situación, CIG‐Saúde considera que ten que facerse notorio o clamor dos miles de profesionais licenciados/as e diplomados/as que esiximos a liberdade de colexiación e, ente outras iniciativas, e en concordancia con iniciativas similares que están xurdido en Galiza e noutras zonas do estado, pedímoslles aos/ás profesionais que envíen correos electrónicos, reclamando a liberdade de colexiación, aos enderezos abaixo indicados.

Ministerio de Economía e Facenda: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Ministerio de Sanidade‐PSI: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Alén do texto reclamando a liberdade de colexiación, no correo electrónico deben figurar o Nome, o DI e a Profesión.

Descarga e difunde .

Máis artigos...