Elección de destino FEAS Imprimir Correo-e
OPE´s - Facultativos
Martes, 15 Xuño 2010 14:10

Vimos de recibir este correo SERGAS sobre a elección de prazas de FEAS. Podedes descargar o calendario premendo aqui .

 

calendario do acto de elección de prazas do persoal facultativo da OPE 2008, que terá lugar o sábado día 26 de xuño de 2010 no salón de actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N; Santiago de Compostela), e que, co data de hoxe, será publicado na páxina web do organismo.

 

Nos vindeiros días publicarase do mesmo xeito a relación de prazas que serán ofertadas no devandito acto de elección.

 

Esta publicación ten un valor meramente informativos, xa que necesariamente deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convoque aos aspirantes e se relacionen as prazas que se oferten.

Prazas a concurso de traslado Imprimir Correo-e
Traslados - SERGAS

573-78970-a-trasladosO SERGAS facilitounos o novo cadro de prazas para o concurso de traslados

 

Descargar novo cadro de prazas

 

Lembramos que esta nova oferta ten que conter, polo menos, a última oferta feita polo SERGAS na reunión sobre traslados do 26 de maio e que consistía no seguinte:

 

100% de prazas de:

  • Enfermeiras
  • Auxiliares Enfermaría
  • Médicos/as Familia
  • Celadores/as
  • Fisioterapeutas
  • Matronas
  • Pediatría Atención Primaria
  • PSX
  • TEL
  • TER

Para o resto de categorías(nas que se ofertan poucas prazas, categorías pequenas) manteñen a oferta anterior feita que consiste en ofertar o número de prazas que saíu para a oposición. 

 

Casos particulares:

  • Persoal oficios: non queren baixo ningún concepto crear ningunha praza a maiores por ese motivo non ofertan máis.
  • Pinches: poden ofertar o 100 x 100 coa excepción de Vigo onde baixo ningún concepto van ofertar máis que o número de ope, polas características concretas de Vigo, coa construción do novo hospital.
  • Celadores Atención Primaria: Non van a ofertar ningunha praza.
  • Auxiliares Administrativos: no anterior concurso viñeron 60 persoas de fora de Galicia e non están dispostos a ter que soportar ese incremento de vacantes.
  • Traballadoras Sociais: Non queren ofertar o 100 x 100 porque non saben como se vai comportar a categoría por mor de que non se ofertou no anterior concurso de traslados.

Se observades que falta algunha praza, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

 
Resumo da Mesa da Función Pública do 7 de xuño de 2010 Imprimir Correo-e
Outras novas - Recortes Salariais
Luns, 07 Xuño 2010 20:03

 Documento de máximo interese para os traballadores xa que trata dos recortes salariais que lle toca aplicar á Xunta de Galiza

 

O día anterior á convocatoria de folga a Administración galega convoca a Mesa Xeral de Función Pública para presentar o proxecto de Lei que fai efectivo en Galiza o recorte salarial aprobado polo goberno de Madrid.

 

A CIG rexeitou o documento presentado por ser totalmente demagóxico xa que non vai servir en absoluto para reducir o gasto público, ao manter a Xunta intacta toda a súa Administración paralela.

Para o persoal funcionario e laboral a reunión foi una farsa,  na que a Administración só pretende cubrir o tramite de negociación.

Para o persoal estatutario  a reunión foi indignante e una falla de respecto absoluto, xa que tanto o Director Xeral de Función Pública como o Director de Orzamentos non saben nada de persoal estatutario; e a Directora de RR.HH do SERGAS, que estivo presente, non abriu a boca.

 

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo

 

Ler máis...
Centos de traballadores e traballadoras da administración pública manifestaron o seu rexeitamento aos recortes do goberno Imprimir Correo-e
Outras novas - Recortes Salariais
Mércores, 02 Xuño 2010 22:32

conc02062010

Empregados e empregadas públicas concentráronse diante dos seus respectivos centros de traballo en todas as comarcas do país convocados pola CIG baixo o lema “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos” para denunciar os recortes salariais e o conxunto de medidas impostas polo goberno para reducir o déficit público.

 

As concentracións producíronse de forma simultánea en practicamente todos os lugares onde estaban convocadas, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Ao remate das mesmas, fixeron un chamamento a participar na folga convocada na área pública para o día 8 de xuño e alertaron de que sen mobilización, introduciranse medidas aínda máis duras.

 

Os recortes no sector sanitario provocarán peores servizos e deterioro da calidade asistencial

Desde a federación de Saúde denunciaron que o goberno do PP xa aplicou o recorte salarial ás traballadoras e traballadores do SERGAS desde o ano 2009 coa suspensión do acordo retributivo 2008-2012. Recorte que viu acompañado dun importante retroceso na sanidade pública galega tanto no eido laboral como no asistencial.

Ler máis...
 
Domingo, 30 Maio 2010 22:04 | Imprimir Correo-e 

573-72986-a-paosO

PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS OPE FEAS Imprimir Correo-e
OPE´s - Facultativos
Luns, 31 Maio 2010 12:26

Publicada no DOG de hoxe, 31 de maio de 2010 a resolución de RR.HH. pola que se publican as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso de diversas especialidades de FEAS, Médico Coordinador  061, Medico de urxencias hospitalarias, Médico especialista en medicina do traballo, Farmacéutico de A.P., Odontólogo de A.P., Pediatra de A.P.

 

Os aspirantes definitivamente seleccionados deberán presentar a documentación solicitada ata o 17/06/2010.

 

Páxina OPE SERGAS

Persoal do SERGAS: Para nós, duplo recorte Imprimir Correo-e
 

573-72986-a-paos

duplorecorte0

       

duplorecorte1

 

 

banner

Cálculo dos recortes salariais para persoal da sanidade Imprimir Correo-e
Outras novas - Persoal
Venres, 28 Maio 2010 08:58

Podedes descargar da ligazón de abaixo un cadro cos cálculos do que suporá en euros o recorte salarial que se aplicará por decreto desde o próximo mes de xuño, desglosado por categorías e conceptos. Inclúe os descontos en complementos e pagas extra.

 

→ cadro recortes salariais

 
Concentración contra os recortes sociais e salariais Imprimir Correo-e
Outras novas - Mobilizacións
Xoves, 27 Maio 2010 13:51
100_0434As federacións da area pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) realizaron hoxe unha concentración por perto dunha hora e que comezou ás 11:30 horas diante da Delegación do Goberno da Coruña, coincidindo co debate, no Congreso dos Deputados, onde se aprobaron hoxe as medidas extraordinarias para a redución do déficit público. Posteriormente, e continuando coas protestas, cortouse o tráfico durante uns poucos minutos.

Con esta concentración as federacións da área pública da CIG queremos reiterar o noso máis rotundo e contundente rexeitamento ao paquete de medidas recollidas neste decreto e esixir a súa retirada, ademais de denunciar as graves consecuencias que para as empregadas e empregados públicos e para o conxunto da clase traballadora galega terá a súa aplicación.

 

 

MOBILÍZATE CONTRA OS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO

  

A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL!

Máis artigos...