Publicadas as notas provisionais do segundo exercicio de PSX e Aux. Admtvo. Imprimir Correo-e
OPE´s - Resto do persoal
Xoves, 06 Maio 2010 12:57

Publicadas hoxe as notas provisionais do segundo exercicio das Categorías de Persoal de Servizos Xerais(PSX) e de Auxiliares Administrativos. Lembrar que esta proba foi a de informática.

 

Páxina SERGAS

  ALEGACIÓNS PLAN DE XERENCIA INTEGRADA

 

                                                                                                                       Proxecto de Decreto polo que se crea estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. 

Alegacións de CIG-SAÚDE. Marzo de 2010.

 

            Comentarios Xerais.

            O borrador que se nos fai chegar dificúltanos facer unha valoración global do mesmo dado que a única experiencia levada a cabo neste pais é o da área sanitaria de Ferrol; e desde a creación desta xerencia única pouco ou nada se ten avanzado no seu desenvolvemento.

            A favor da xerencia única podemos ter argumentos no senso de favorecer a coordinación asistencial, a integración dos servizos, mellor implantación de guías e protocolos coa implicación de todas/os as/os profesionais, mellor utilización dos RRHH, materiais e a creación dun sistema de información común nos dous niveis.

 

            CIG-SAÚDE apoia unha xerencia  de área sanitaria con funcións de identificación de necesidades de saúde,  planificación e xestión asistencial, de saúde pública, saúde laboral e socio-sanitaria, o que posibilitaría un modelo integral de saúde que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención co lóxico beneficio ao usuario.

            Esta proposta de área integrada non pode condicionar de xeito negativo o futuro desenvolvemento da Atención Primaria, de modo que perda autonomía no desenvolvemento dos seus proxectos  e quede funcionalmente subordinada ás estratexias de xestión do centro hospitalario de referencia. A Atención Primaria precisa de maior impulso para mellorar a sua calidade, a dotación de persoal e recursos, e acadar un correcto funcionamento da súa carteira de servizos, actualmente subdesenvolvida. Cumprimento do Plan Mellora

            Temos que sinalar que non se observa no texto do borrador como as novas Áreas van  asumir as funcións actualmente asignadas ás Direccións Provinciais

            Tamén neste sentido a Área integra realmente todos os recursos públicos?. Polo que botamos de menos a incorporación expresa á Área dos recursos actualmente adscritos ás Fundacións Públicas Sanitarias.

 

            Como se recolle no texto do borrador, a introdución de sistemas de xestión integrada no Servizo Galego de Saúde ten como obxectivo a mellora da accesibilidade ,a eficiencia e a procura da maior calidade das prestacións sanitarias, baseada na atención e centrada no doente,  isto  so se consigue se existe unha única Historia Clínica para cada doente. Integrando as Hª Cª informatizada de primaria e especializada.

           

            As estruturas das áreas de xestión integrada terán o límite xeográfico das actuais áreas sanitarias, sumándolle ás áreas de Barbanza e Cee. Non podemos confundir a xestión integrada coa intención de modificar os límites xeográficos para facelas  máis grandes na súa extensión territorial, co obxectivo de afastar a resolución dos problemas da cidadanía e das/os traballadoras/es

 

 

 

 

                        Pensamos que a transcendencia dun proxecto de cambio desta envergadura precisa dos máximos consensos para a súa posta en funcionamento. Xa que o obxectivo da creación da estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, non pode ser o desmantelamento das estruturas actuais do sistema sanitario, propiciando unha confusión permanente entre os niveis de asistencia; reducindo os investimentos públicos,  precarizando as condicións laborais e sometendo á sanidade pública a un recorte drástico na asistencia e no nº de traballadoras/es, dando cabida a iniciativa privada.

 

            Alegacións.

Artigo1.- Obxecto.

3.- Incorporación funcional dos recursos adscritos ás Fundacións Públicas (Ciclotrón).

 

Artigo 3.- Estrutura Directiva.

Incorporar no texto:

            Unha Dirección Médica, unha Dirección de Enfermaría e unha Dirección de Servizos Xerais capaces de xestionar o día a día dos centros baixo nova premisas de organización do traballo orientadas aos procesos, e capaces  de xestionar a transición

 

a novas formas e estruturas funcionais derivadas dunha concepción mais integrada do traballo asistencial.

 

Artigo 5.- Funcións e competencias da xerencia de xestión integrada.

            Incorporar ao texto.

Terá adscritos, cando menos, os actuais servizos provinciais de inspección e asesoría xurídica.

            Deben de incluírse as funcións actualmente asignadas á Dirección Provincial que terían que ser asumidas na nova estrutura pola Xerencia de Área, tal como as listadas no  Decreto 14/2005, do 3 de febreiro,  polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

 

            Artigo 8.- A Dirección de Recursos Económicos.

            Deberá engadirse as funcións non reflectidas no texto que actualmente están adscritas á División de Recursos Económicos  e Investimento da Dirección Provincial. Son especialmente relevantes as que teñen que ver coa xestión patrimonial, a xestión económica de prestacións sanitarias e o control económico dos concertos e das asistencias , así como a execución das obras e investimentos da súa competencia.

 

            Artigo 9.- Funcións e competencias do Directora/or de Recursos Humanos.

            Deben completarse igualmente coas actualmente adscritas aos diferentes órganos da Dirección Provincial, especialmente as do seu servizo de Recursos Humanos. Neste sentido, queremos destacar a necesidade de transferir á nova estrutura de Área a xestión das listas de contratacións temporais.

 

            Capítulo IV.- Órganos colexiados de dirección.

            O Decreto de xestión integrada debe recoller a Comisión Asistencial, xa que este é o órgano colexiado de participación das/os profesionais para o asesoramento á Comisión de Dirección.

            A Comisión  Asistencial manterá un equilibrio representativo na súa composición ,tendo en conta a afectación xeral dos cambios que a xestión de área provoca

 

            Disposicións Adicionais.

            Solicitamos incorporar  Disposicións adicionais referente a:

 

 1.- A Xerencia de Xestión Integrada someterá á perceptiva negociación calquera alteración que pretenda facer en   uso dos mecanismos previstos na normativa vixente, e, en particular no previsto no artigo 124 da Lei 8/2008, de saúde de Galiza.

 

2.-Respectarase a vixencia dos actuais pactos sobre órganos de representación (particularmente o referido á constitución e funcionamento das Comisións de centro), con obriga de someter á perceptiva negociación calquera alteración que se considere oportuno promover.

 

3.- Na disposición adicional sexta do borrador do Decreto debe clarificarse o seguinte:

            a.- Os hospitais comarcais do Barbanza e Cee constituiranse  en áreas de xestión integradas propias. E  contarán cun orzamento propio en todos os seus capítulos, e diferenciado por niveis (primaria, especializada)  

 

            b.- A  Atención Primaria contará cun orzamento diferenciado que lle permita acadar un correcto funcionamento da súa carteira de servizos, actualmente subdesenvolvida. Especificamente no referente ao capítulo I

 

 

4.- As tomas  de posesión é o ámbito do  nomeamento estatutario serán as establecidas no decreto 206/2005, do 22 de xullo, e no artigo 32 da Lei 55/2003 de decembro, do Estatuto Marco.

 

Mª Xosé Abuín Álvarez .

Secretaria Nacional CIG-SAÚDE.

                                                                                                                                             Compostela, 12 de abril de 2010.  

 A CIG FAI ALEGACIÓNS OS  PLANS DO SERGAS

 

Alegacións o plan de  RR.HH

 

Consideracións xerais.

            Neste momento a Consellaría de Sanidade ten sometido a alegacións  dous documentos de máxima importancia que, de seren aprobados, definirán as grandes liñas da política sanitaria nos próximos catro anos.

            Non podemos analizar os documentos por separado, xa que eles están intrinsecamente relacionados.

            No premer documento: Xestión Integrada; a Admón pretende crear o marco normativo que supere os limites xeográficos das actuais áreas sanitarias; encubertamente está a mudar o mapa sanitario.

            No segundo documento: Decreto de Ordenación de RRHH; a Admón pretende adaptar as condicións laborais das/os traballadoras/es públicos a esta nova estrutura  organizativa de área.

            Desde CIG-SAÚDE  vemos  con  preocupación este tema. A pesares de que durante moitos anos vimos demandando un plano de ordenación de Recursos Humanos que nos permitise falar dunha política integral en materia de persoal que acabase coa permanente sensación de conflitividade no sector, o que acontece con estes documentos é  que, en vez de dar unha solución global que permita alinear os intereses do sistema sanitario público cós intereses do seus profesionais, imos  contribuír a crear un clima de incerteza permanente.

.           Os sistemas  de mobilidade permanente só achegan   novos elementos de conflitividade. Iso si, con isto as/os doentes dificilmente percibirán unha mellora no sistema sanitario.         

            A Admón sanitaria ten a obriga de  adquirir o compromiso coas/os profesionais e as/os cidadáns galegos de dotar con vínculo de fixeza aos cadros de persoal do sistema sanitario público, de acordo coas necesidades asistenciais, e adoptando medidas a prol da plena estabilidade, para por fin á precaridade laboral, facilitando os traslados voluntarios entre as institucións sanitarias.

            Coa mobilidade permanente das/os profesionais o único que a Admón consigue é:

  1.       Dificultar  a captación e retención dos profesionais nun mercado competitivo, xerando incerteza na continuidade dos servizos.
  2.       Non favorece o compromiso dos profesionais coa calidade na prestación sanitaria nin a consolidación dos equipos asistenciais.

            Nos últimos dez anos a porcentaxe que representa o gasto de persoal sobre o gasto sanitario total rebaixouse entre 5 e 6 puntos , nunha conclusión ao mellor simplista, pero si efectiva, podíamos dicir que os RRHH crecen menos que a demanda de servizos por parte da poboación. Isto hai que resolvelo con políticas de persoal integradoras, que nos permitan  cuantificar as necesidades e as dotacións dos cadro de persoal.

   

 Cando menos parece incompatible formar   profesionais en materia de xestión clínica para rediseñar o modelo organizativo da sanidade pública, sen que para ostentar a xefatura de servizo sexa requisito imprescindíbel traballar en réxime de exclusividade para o sistema .Isto só se pode entender se o que se pretende é contribuír a manter unha confusión nos límites entre a sanidade pública e privada.

 

            ALEGACIÓNS AO ARTICULADO.

 

            O texto do documento debería empezar por este articulado.

3.3 Sistemas de avaliación de necesidades estruturais.

O articulado do Decreto de Ordenación dos RRHH debería empezar por este capítulo.  A Admón sanitaria deberá por en marcha mecanismos que permitan cuantificar as necesidades e as dotacións dos cadros de persoal.

 

1.- Obxectivos.

            1.- Estabilidade no emprego.

Medidas a tomar antes da convocatoria da OPE.

  1.  Erradicar o encadeamento de contratos sucesivos que encubran postos de traballo estable.
  2. Facer aflorar os postos de traballo estables de maneira que poidan ser regularizados na vindeira Lei de Orzamentos  e convocadas na próxima OPE.

 

2.- Introdución de baremos estables. O texto debe recoller:

  1. Incluirase no novo pacto de selección temporal o sistema de contratacións de médicas/os especialistas hospitalarios: bases e baremos.

       5.- Adaptar os recursos existentes ás necesidades da poboación mediante o establecemento de mecanismos que garantan a estabilidade laboral e a continuidade das equipas asistenciais; corrixindo as desigualdades territoriais na dotación de RRHH, sobre todo nas áreas de maior dificultade de cobertura. Convocatorias de mobilidade voluntaria que facilite a posibilidade de traslado das/os profesionais ao centro solicitado.

 

            11.- Débese incluír un novo punto que aborde as necesidades dos profesionais. A falta de motivación das/os profesionais. Motivación é, en primeiro lugar, non desmotivar, e,  só se consigue despois de recibir unha valoración positiva do seu traballo.

 

II 2  Recursos Humanos.

 

            Non diríamos nada novo  se o noso diagnóstico fose exclusivamente o de resolver o problema agudo da escasea de profesionais sanitarios e a necesidade de adoptar medidas a curto prazo que garantan  a dispoñibilidade de persoal formadas en nº suficiente para atender a demanda do sistema

 

sanitario. Se non abordamos outros problemas ligados ás necesidades dos profesionais.

            O actual déficit  de profesionais en determinadas categorías e especialidades, tanto de licenciados sanitarios como diplomados; os actuais licenciados de grao, débese sobre todo a un problema de planificación. A mala xestión na previsión das necesidades non é responsabilidade exclusiva da  Admón sanitaria, senón que o sistema educativo marca o seu ritmo, as súas políticas e as súas prioridades, poñendo no mercado laboral sanitario un nº de profesionais independentemente dos ritmos, das políticas e das necesidades da Admón sanitaria. Por isto, faise imprescindíbel unha maior e mellor coordinación, até agora inexistente, e un maior peso do sistema sanitario á hora de determinar as proxeccións sobre as necesidades do emprego do que poidan facer as autoridades educativas.

            Nas medidas a  adoptar.

  • Sería un erro pensar nas previsións de necesidades só para parchear a realidade, no senso de buscar de forma inmediata recursos suficientes para atender os servizos  que xa existen, sen facer unha estimación mínima das necesidades, tendo en conta o crecemento alcista do sistema.
  • Remendar a situación e o que se está a facer con medidas cortopracistas, sendo conscientes de que non soluciona o problema e que de futuro pode agravalo.
  • Non se pode pensar, en exclusiva, que as futuras promocións de titulados sanitarios cubrirán a renovación por xubilación, se non se ten en conta o crecemento vinculado a posta en funcionamento de novas infraestruturas sanitarias.
  •  Debemos ter en conta o déficit de profesionais especialistas: FEAS e Enfermeiras Especialistas: matronas.
  • Coordinación coa Admón educativa na planificación e definir as necesidades e prioridades das titulacións sanitarias.
  •  Se as medidas a tomar están baseadas, principalmente, na prolongación da idade de xubilación, e a creación de postos de traballo, con ámbito de nomeamento superior ao das actuais  áreas sanitarias, isto pode contribuír  deterioro no sistema.

 

III.- Medidas relativas á ordenación de RRHH.

Xestión Clínica.

            Se a xestión clínica defínese coma a ferramenta de xestión que permita encadear de forma secuencial e ordenada o conxunto de actuacións, decisións actividades e tarefas que se realizan diariamente para lograr a satisfación das/os doentes e  das/os profesionais,  como se pode conxugar isto con que os Xefes de Servizo dos centros sanitarios do SERGAS non traballen en réxime de exclusividade para o

 

sistema?. Nun sistema coma este, onde quedan os intereses da sanidade privada?.

            O plano de RRHH debe recoller:

“O exercicio de xefaturas, mandos intermedios, e outros postos singularizados levarán implícita a DEDICACIÓN EXCLUSIVA ao servizo sanitario público”

            O borrador do Decreto non recolle como a creación destas unidades afectará ao persoal desde o punto de vista organizativo, xerárquico, de mobilidade, de competencia para a contratación..

 

           

           

 

            Estabilidade no emprego.

2.2.- Concurso de traslados.

            Desde CIG-SAÚDE solicitamos que se retire do texto  a posibilidade de incluír nos baremos puntuacións específicas que permitan a reagrupación familiar.

 

            Solicitamos incluír no texto unha regulación que permita que os concursos de traslados serán convocados con unha periocidade anual. As prazas a convocar se´rn o 100% das prazas vacantes no momento da convocatoria.        Deste xeito todo o persoal, en igualdade de condicións, poderá ter acceso a un posto de traballo cerca do seu domicilio.

 

2.3.- Selección de persoal estatutario

            Incluín unha cláusula de compromiso de aflorar todas as prazas, isto compromete a unha verdadeira redución da temporalidade.

 

            solicitamos retirar do texto toda referencia a desenvolver medidas que permitan desenvolver a mobilidade entre varias áreas ou centros. A mobilidade do persoal quedará circunscrita, exclusivamente, aos procesos de mobilidade voluntaria.

            Nos  nomeamento indicarase expresamente que o ámbito do persoal estatutario será o ámbito da área sanitaria e o nivel de asistencia : primaria ou especializada.

 

            2.4.- Cláusulas de vinculacións temporais.

As vinculacións temporais realízanse para dar cobertura as necesidades xurdidas nos centros, motivadas pola ausencia do persoal ou por incremento da actividade.

            Que sentido pode ter contratar a un persoal para con posterioridade mobilizalo fora do ámbito do seu nomeamento temporal.

 

            As listaxes de vinculacións temporais están convocadas por áreas sanitarias. Se o que se pretende con está cláusula é dar

 

solución á cobertura dos centros que presentas dificultades na cobertura dalgunha categoría, deberá facerse mención específica a este tema. A solución a este problema debe ser abordada no conxunto de outras medidas que se negocien no ámbito de selección temporal e definitiva do persoal facultativo.

 

            Terceiro.- Garantía de continuidade asistencial.  

Desde CIG-SAÚDE entendemos que a continuidade asistencial só se consigue con medidas positivas, que permitan a resolución aos problemas do sistema.As ditas medidas xa foron achegadas nas alegacións que recollemos neste documento.

            Seguemos a ter a percepción segundo se recolle no articulado do borrador,  que para a esta Admón a problemática ado sistema sanitario redúcese ao  seguinte diagnóstico e tratar de aplicar as seguintes medidas.

            Diagnóstico: exceso de profesional no sistema sanitario.

            Tratamento:   mobilidade forzosa.

 

3.3 Sistemas de avaliación de necesidades estruturais.

 

O articulado do Decreto de Ordenación dos RRHH debería empezar por este capítulo.  A Admón sanitaria deberá por en marcha mecanismos que permitan cuantificar as necesidades e as dotacións dos cadros de persoal.

 

 

3.4 .- Mobilidade entre institucións sanitarias con alianzas estratéxicas.

Esta mobilidade quedará regulada para os proxectos de xestión compartida entre centros públicos  do Sergas. Farase unha mención específica a que as alianzas estratéxicas ou proxectos de xestión compartida non incluirán ningún centro privado. A prestación de servizos en dous ou máis centros con “alianzas estratéxicas “ só poderá basearse na voluntariedade das/os profesionais que acepten participar no concreto proxecto compartido. 

 

3.7.- Outras medidas.

Incluír no texto o seguinte:

            “No seo na Mesa Sectorial  a regulación do réxime de prestación de servizo de to o persoal. sanitario e non sanitario: xornada, itinerarios profesionais, 48hs, ofertas de integración.

 

Cuarto.- Integración noutras categoría.

A integración noutras categorías virá dada pola participación voluntaria das/os traballadoras/es nos procedementos de Promoción Interna. A CIG- Saúde non pode ser cómplice da Admón na súa política de privatizacións dos servizos públicos, e con posterioridade reclasificar

 

as traballadoras/es até conseguir que estes grupos profesionais desaparezan do sistema público.

            Solicitamos desta Admón o compromiso de reversión dos servizos externalizados ( privatizados).

 

            Quinto.- Desenvolvemento Profesional.

Instamos á Admón sanitaria a que de inmediato se proceda a convocar a mesa de negociación de carreira profesional para garantir o cumprimento da normativa, e que toda/o traballadora/or teña recoñecido o dereito ao desenvolvemento  profesional.

 

 

 

            No texto débese recoller:

.- A Admón  garantirá  os mecanismos necesarios para que todas/os as/os profesionais poidan acadar  os obxectivos marcados

 

            Sexto.- Xubilación.-

Con carácter xeral a xubilación forzosa producirase cando a/o profesional acade os 65 anos.

 

6.2   Xubilación voluntaria total ou parcial.

O recollido neste artigo non garantira que as/os traballadoras/es se poidan beneficiar desta xubilación, se o SERGAS en atribución da competencias que ten con Comunidade Autónoma,  non o determina no seu ordenamento específico o desenvolvemento do artigo 26.4 Lei 55/2003.

 

            Formación do Persoal.

Os perfís formativos virán dados pola necesidade de formar as/os traballadoras/es no seu posto de traballo.

 

            Saúde Laboral.

SAÚDE LABORAL OU CONTROL DO ABSENTISMO???

 

Parécenos evidente cal é a principal preocupación desta administración con respecto a saúde laboral dos seus traballadores : O ABSENTISMO LABORAL.

O mellor indicador de que a prevención funciona é a ausencia de danos á saúde. Si se están a producir danos na saúde, si as traballadoras-es da Sanidade "perden moitas horas de traballo" non haberá que analizar as causas para ver si realmente a Prevención de Riscos Laborais está a funcionar correctamente?. Trastornos músculo-esqueléticos e trastornos mentais, fíxose un diagnóstico de situación ?, sábense cales son as causas ? e de ser así, tomáronse as medidas preventivas e correctoras ?. Teñen as-os traballadoras-es do Sergas unha historia clínico-laboral na que ademais da anamneses, exploración física, control biolóxico e exames complemetarios, a

 

pareza unha descrición detallada do posto de traballo, do tempo de permanencia no mesmo, dos riscos detectados e das medidas de prevención adoptadas ? detéctanse aquelas características persoais ou estados biolóxicos que lle poidan facer especialmente susceptibles ós factores de  risco  existentes no seu posto de traballo futuro ou actual ?

Non será que no SERGAS a prevención non funciona e por iso se están a producir danos para a saúde das traballadoras-es ? Revisen os informes de sinistralidade e de investigación dos danos á saúde no SERGAS; revisen o seu Plan Xeral de Prevención e fagan vostedes as auditorías pertinentes, e unha vez que teñan feitos os deberes estuden todas as medidas que queiran para solucionar o problema do ABSENTISMO que tanto lles preocupa.

 

Por todos isto, desde CIG-SAÚDE solicitamos da Admón a retirada deste documento, e a presentación dun novo texto  onde se recolla un verdadeiro plano de RRHH que resolva as necesidades asistenciais e as necesidades das/os traballadoras/es.

 

            Compostela, 30 de abril de 2010.

 

            Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

                        Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

¿ CAL SERÁ O FUTURO DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA?

 

 

EN RESPOSTA AO BNG, A XERENTE DO SERGAS MANTÉN EN ENTREDITO O FUTURO DAS ÁREAS SANITARIAS DE MONFOTE, A MARIÑA, VALDEORRAS E O SALNÉS

 

Ana Luisa Bouza preguntoulle até 3 veces, sen obter resposta, á xerente do SERGAS se estas áreas van ter xerencia integrada propia ou van depender de Lugo, Ourense e Pontevedra

 

Santiago de Compostela, 29 abril 2010.- A Consellaría de Sanidade confirmou esta mañá que o futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés está en entredito.

A directora xerente do SERGAS, Rocío Mosquera Álvarez, compareceu esta maña na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego para informar sobre o novo sistema de xestión integrada das áreas sanitarias, que integrará as áreas de atención primaria e atención especializada.

A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, aproveitou para preguntarlle  até tres veces que aclarase o futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés.

“Queremos que nos aclare se estas áreas van ter un xerente executivo dependente de Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, ou van continuar como áreas sanitarias propias, converténdoas en áreas de xestión integrada que integren tanto a atención primaria como a hospitalaria”, inquiriu a deputada nacionalista.

“Deixen de xogar á confusión cos cidadáns e aclaren se van continuar como áreas sanitarias propias ou non, porque se nos din que si estou segura de os miles de habitantes destas comarcas que están moi preocupados por este tema abandonarán as mobilizacións”.

Porén, a resposta da directora xerente do SERGAS: “eu non xestiono o territorio, só nos preocupa mellorar a calidade da asistencia sanitaria”.

Para a deputada do BNG a negativa da representante da Consellaría de Sanidade e definir cal vai ser o modelo alternativo ás áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés “fainos entender que o futuro destas áreas sanitarias queda en entredito”.

Ademais, Ana Luisa Bouza critica que “o Partido Popular diga que se está enganando á xente con este tema, cando os que enganan son vostedes, que manteñen a confusión de forma deliberada, dicindo nesas comarcas que se manteñen e no Parlamento, como vimos hoxe, a representante do SERGAS desminte iso e non garante para nada que estas áreas sanitarias vaian manterse”.

“A xente vive nun territorio, con problemas para desprazarse, e iso tamén debe preocuparlle ao Goberno do PP”

Por outra parte, Ana Luisa Bouza, amosa a súa preocupación porque “a xerente do SERGAS insista en que o territorio non lle interesa”. “Aos galegos e galegas si lles interesa, porque viven nun territorio, con moitos problemas de falta de infraestruturas, con moita xente maior con problemas de mobilidade que tería moitas dificultades para desprazarse por exemplo dende O Barco a Ourense ou dende A Mariña á cidade de Lugo”, subliñou a deputada nacionalista.

Por último, a deputada do BNG criticou que a posta en marcha das áreas de xestión integrada, das que xa están en marcha as de Santiago e a da Coruña, “se faga sen ter aínda uns datos obxectivos que permitan avaliar o proxecto experimental de área de xestión integrada de Ferrol, e polo tanto sen ter datos concluíntes de que este modelo vaia mellorar a atención sanitaria”.

INTERPRETACIÓN DOS PERMISOS LOGO DA SENTENCIA DO TSJ.                  

 

Segundo sentenzas do xulgado contencioso administrativo de Santiago e do TSJ de Coruña  sobre localidade a efectos de permisos, identifican claramente o concepto ÁREA SANITARIA co de LOCALIDADE para o ámbito do SERGAS.

 

Tamén contempla claramente que o recoñecido polo EBEP é norma mínima,  podendo existir acordos que a superen, como é no noso caso o recollido no Acordo de Concertación Social.

En definitiva di o seguinte:

 

Permisos ámbito LOCALIDADE = AREA SANITARIA

Si o que contempla o noso acordo de concertación social é superior ao recollido no EBEP, aplicaríase o acordo de concertación social.

Si o que contempla o EBEP é superior, sería esto o que se aplicase.

 

Estatuto Básico de Empregado Público

 

Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade. Dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade  e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.



Acordo de Concertación Social 

 

5.1.5. Por falecemento ou enfermidade de familiares.

 

Terá dereito a un permiso retribuído de catro días naturais ininterrompidos por

falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de cónxuxe ou

parella de feito, familiar de primeiro grao por consanguinidade, afinidade,

acollemento, irmáns, avós e netos.

 

CONCLUSIÓNS

Poderemos solicitar dito permiso tanto polo EBEP como polo Acordo de Concertación Social, segundo nos conveña en cada caso.

 

 

 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS COMARCAIS DE CIG-Saúde

 

  

Pasado o Congreso Nacional de CIG-Saúde compre convocar eleccións comarcais e, por unha banda facer efectiva a reunificación das Comarcas de Lugo  e a Mariña e por outra renovar os órganos do sindicato por un novo período de 4 anos.

Corresponde elixir á/o Secretaria/o Comarcal, aos membros do Consello Federal (correspóndennos 7 membros a elixir, tendo en conta a afiliación que aporta a A Mariña), aos membros do Consello Comarcal (correspóndenos 7) e á Dirección Comarcal (correspóndenos 2).

As candidaturas ao Consello Federal e ao Consello Comarcal constarán de 7 titulares e un mínimo de 4 suplentes, debendo contar preferiblemente cun 75% de mulleres no listado. As candidaturas á Dirección Comarcal terán como mínimo 1 suplente.

Poderán presentarse convintemente asinadas ata o día 22 de xuño  nos locais de CIG-Saúde dos hospitais de Burela, Lugo ou Monforte.

A asemblea de votación será o luns día 24 de xuño no local sindical de Burela???????, e no salón de actos do local sindical da ronda da muralla   ás 18 hs en primeira convocatoria e ás 18,15 en segunda .

A orde do día será:

1.- Informe da Dirección saínte

2.- Elección da Mesa Presidencial da Asemblea

3.- Lectura de candidaturas presentadas. Si o desexan, cada un dos presentados terá 10’-15’ min para expoñer o seu programa

4.-Votación, que poderá ser a man alzada por decisión da Asemblea. A exposición do censo de afilidos/as estará nos local comarcal para consultar.

5.- Elección pola asemblea dos/as responsables das Unións Locais de A Mariña e Monforte.

 

  

CRONOGRAMA DO PROCESO DE ELECCIÓN DA FEDERACIÓN DE SAÚDE DA COMARCA LUGO-A MARIÑA

 

1.- EXPOSCIÓN DE CENSOS: 01/05/2010 ata o 10/05/2010

2.- RECLAMACIÓN AOS CENSOS: 11/05/2010 ao 22/05/2010

3.- PUBLICACIÓN DEFINITIVA CENSOS: 23/05/2010

4..- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ATA O 22/06/2010

5.- DATA ASEMBLEAS: 24/06/2010

 

CURSOS DE

FORMACIÓN

CONTINUADA PARA  O

ANO 2010 EN BURELA

TÉCNICAS DE RELAXACIÓN --11 o 14 DE MAIO DE 9 a 14h

INFORMATICA BÁSICA - 18 o 22 DE OUTUBRO 16 a 20H

ACTUACIÓNS ANTE EMERXENCIAS E CATASTROFES-

 8 o 12 DE  NOVEMBRO  9 a 14H

   preme aqui para face-la solicitude http://forga.info/

 

O  pasado fin de semana pasado  a  CIG-SAÚDE celebra o seu V CONGRESO en Ourense, e Mª Xosé Abuín foi elexida  novamente Secretaria Xeral, con un respaldo de 85 votos  e 27 en branco e 2 nulos.

Así mesmo, a candidatura encabezada tamén por María Xosé Abuín, e que foi a única presentada consegueu 104 apoios e 9 votos en branco e 3 nulos.
Uunha sóa lista encabezada por María Xosé Abuín para a Executiva Nacional da federación da Saúde da CIG,  a quen segue nesta candidatura, Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio Manuel González, Vitor Vila e Carme Aira.

A votación dos relatorios de Organización e Implantación, así como os Estatutos,  foron aprobados  cun resultado de 73 votos a favor, 10 en contra e 9 abstencións.

Na sesión de clausura ademais da reelixida secretaria nacional da federación, participou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen fixo un chamamento a continuar na loita contra as políticas privatizadoras do goberno do PP e defender con forza a sanidade pública galega.

Resolucións

Presentáronse catro resolucións deste encontro, que tiñan que a ver coa vontade privatizadora das políticas do PP contra a sanidade pública galega, asi como pola mobilización e integración nas plataformas na defensa da sanidade existentes ou outras que podan xurdir. Tamén o ataque contra a galega e a posta na defensa da língua propia de Galiza foi protagonista doutra resolución, e tamén o rexeitamento ao peche do hospital da Cruz Vermella en Vigo

Sesión de clausura
Para por remate a estas dúas xornadas do V Congreso Nacional da CIG-Saúde tivo lugar a sesión de Clausura, na que participaron tanto a reelixida secretaria nacional sa CIG-Saúde, María Xosé Abuín, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A reelixida secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, agradeceu a confianza depositada e fixo referencia ao grande reto que "toca afontar nesta nova etapa. A partir de hoxe comeza o traballo en todos os ámbitos, tanto na sanidade pública como na privada, para loitar e non sermos pisoteadas polas políticas privatizadoras do PP".

Rematou sinalando que "temos que demostrar que este país continúa a ser distinto a calquera outro porque aquí está e aquí traballa a CIG".

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo,   rematou o Congreso e fixo fincapé no importante traballo que se realiza desde esta federación "nun sector complexo, e máis nos tempos que corren, nos que teredes que realizar un grande esforzo para derrotar a vontade do PP de recortar o orzamento dos servizos públicos, e tamén na sanidade, coa sua política de privatización".

Sobre a crise económica, salientou que as causas da crise "non se encontran na rixídez do mercado, nin nos altos salarios da clase traballadora, senón que se debe ao reparto desigual da riqueza e ao fomento da economia especulativa. Mesmo estase tentando fomentar a economia especulativa a través dos recursos públicos, como no caso das axudas á banca, que non se trasladaron ao tecido produtivo".

Seixo avogou por unha política fiscal distinta e acabar cos paraisos fiscais, entre outras medidas.

O secretario xeral da CIG realizou un chamamento a responder a estas agresións, e denunciou a ocultación das mobilizacións do 10 de marzo por parte dos medios de comunicacións, unhas manifestacións das que participaron milleiros de traballadores e traballadoras.

Apostou por traballar para mudar a correlación de forzas actual, crear conciencia social, "organizarnos e mobilizarnos para un cambio de políticas e de modelo. Temos que ter esperanza e traballar porque esa é a nosa función como organización sindical nacionalista e de clase. Asi, entre todos e todas conseguiremos que non se nos impoña o modelo de privatización da sanidade".

Máis artigos...