ALEGACIÓNS PLAN DE XERENCIA INTEGRADA

 

                                                                                                                       Proxecto de Decreto polo que se crea estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. 

Alegacións de CIG-SAÚDE. Marzo de 2010.

 

            Comentarios Xerais.

            O borrador que se nos fai chegar dificúltanos facer unha valoración global do mesmo dado que a única experiencia levada a cabo neste pais é o da área sanitaria de Ferrol; e desde a creación desta xerencia única pouco ou nada se ten avanzado no seu desenvolvemento.

            A favor da xerencia única podemos ter argumentos no senso de favorecer a coordinación asistencial, a integración dos servizos, mellor implantación de guías e protocolos coa implicación de todas/os as/os profesionais, mellor utilización dos RRHH, materiais e a creación dun sistema de información común nos dous niveis.

 

            CIG-SAÚDE apoia unha xerencia  de área sanitaria con funcións de identificación de necesidades de saúde,  planificación e xestión asistencial, de saúde pública, saúde laboral e socio-sanitaria, o que posibilitaría un modelo integral de saúde que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención co lóxico beneficio ao usuario.

            Esta proposta de área integrada non pode condicionar de xeito negativo o futuro desenvolvemento da Atención Primaria, de modo que perda autonomía no desenvolvemento dos seus proxectos  e quede funcionalmente subordinada ás estratexias de xestión do centro hospitalario de referencia. A Atención Primaria precisa de maior impulso para mellorar a sua calidade, a dotación de persoal e recursos, e acadar un correcto funcionamento da súa carteira de servizos, actualmente subdesenvolvida. Cumprimento do Plan Mellora

            Temos que sinalar que non se observa no texto do borrador como as novas Áreas van  asumir as funcións actualmente asignadas ás Direccións Provinciais

            Tamén neste sentido a Área integra realmente todos os recursos públicos?. Polo que botamos de menos a incorporación expresa á Área dos recursos actualmente adscritos ás Fundacións Públicas Sanitarias.

 

            Como se recolle no texto do borrador, a introdución de sistemas de xestión integrada no Servizo Galego de Saúde ten como obxectivo a mellora da accesibilidade ,a eficiencia e a procura da maior calidade das prestacións sanitarias, baseada na atención e centrada no doente,  isto  so se consigue se existe unha única Historia Clínica para cada doente. Integrando as Hª Cª informatizada de primaria e especializada.

           

            As estruturas das áreas de xestión integrada terán o límite xeográfico das actuais áreas sanitarias, sumándolle ás áreas de Barbanza e Cee. Non podemos confundir a xestión integrada coa intención de modificar os límites xeográficos para facelas  máis grandes na súa extensión territorial, co obxectivo de afastar a resolución dos problemas da cidadanía e das/os traballadoras/es

 

 

 

 

                        Pensamos que a transcendencia dun proxecto de cambio desta envergadura precisa dos máximos consensos para a súa posta en funcionamento. Xa que o obxectivo da creación da estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, non pode ser o desmantelamento das estruturas actuais do sistema sanitario, propiciando unha confusión permanente entre os niveis de asistencia; reducindo os investimentos públicos,  precarizando as condicións laborais e sometendo á sanidade pública a un recorte drástico na asistencia e no nº de traballadoras/es, dando cabida a iniciativa privada.

 

            Alegacións.

Artigo1.- Obxecto.

3.- Incorporación funcional dos recursos adscritos ás Fundacións Públicas (Ciclotrón).

 

Artigo 3.- Estrutura Directiva.

Incorporar no texto:

            Unha Dirección Médica, unha Dirección de Enfermaría e unha Dirección de Servizos Xerais capaces de xestionar o día a día dos centros baixo nova premisas de organización do traballo orientadas aos procesos, e capaces  de xestionar a transición

 

a novas formas e estruturas funcionais derivadas dunha concepción mais integrada do traballo asistencial.

 

Artigo 5.- Funcións e competencias da xerencia de xestión integrada.

            Incorporar ao texto.

Terá adscritos, cando menos, os actuais servizos provinciais de inspección e asesoría xurídica.

            Deben de incluírse as funcións actualmente asignadas á Dirección Provincial que terían que ser asumidas na nova estrutura pola Xerencia de Área, tal como as listadas no  Decreto 14/2005, do 3 de febreiro,  polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

 

            Artigo 8.- A Dirección de Recursos Económicos.

            Deberá engadirse as funcións non reflectidas no texto que actualmente están adscritas á División de Recursos Económicos  e Investimento da Dirección Provincial. Son especialmente relevantes as que teñen que ver coa xestión patrimonial, a xestión económica de prestacións sanitarias e o control económico dos concertos e das asistencias , así como a execución das obras e investimentos da súa competencia.

 

            Artigo 9.- Funcións e competencias do Directora/or de Recursos Humanos.

            Deben completarse igualmente coas actualmente adscritas aos diferentes órganos da Dirección Provincial, especialmente as do seu servizo de Recursos Humanos. Neste sentido, queremos destacar a necesidade de transferir á nova estrutura de Área a xestión das listas de contratacións temporais.

 

            Capítulo IV.- Órganos colexiados de dirección.

            O Decreto de xestión integrada debe recoller a Comisión Asistencial, xa que este é o órgano colexiado de participación das/os profesionais para o asesoramento á Comisión de Dirección.

            A Comisión  Asistencial manterá un equilibrio representativo na súa composición ,tendo en conta a afectación xeral dos cambios que a xestión de área provoca

 

            Disposicións Adicionais.

            Solicitamos incorporar  Disposicións adicionais referente a:

 

 1.- A Xerencia de Xestión Integrada someterá á perceptiva negociación calquera alteración que pretenda facer en   uso dos mecanismos previstos na normativa vixente, e, en particular no previsto no artigo 124 da Lei 8/2008, de saúde de Galiza.

 

2.-Respectarase a vixencia dos actuais pactos sobre órganos de representación (particularmente o referido á constitución e funcionamento das Comisións de centro), con obriga de someter á perceptiva negociación calquera alteración que se considere oportuno promover.

 

3.- Na disposición adicional sexta do borrador do Decreto debe clarificarse o seguinte:

            a.- Os hospitais comarcais do Barbanza e Cee constituiranse  en áreas de xestión integradas propias. E  contarán cun orzamento propio en todos os seus capítulos, e diferenciado por niveis (primaria, especializada)  

 

            b.- A  Atención Primaria contará cun orzamento diferenciado que lle permita acadar un correcto funcionamento da súa carteira de servizos, actualmente subdesenvolvida. Especificamente no referente ao capítulo I

 

 

4.- As tomas  de posesión é o ámbito do  nomeamento estatutario serán as establecidas no decreto 206/2005, do 22 de xullo, e no artigo 32 da Lei 55/2003 de decembro, do Estatuto Marco.

 

Mª Xosé Abuín Álvarez .

Secretaria Nacional CIG-SAÚDE.

                                                                                                                                             Compostela, 12 de abril de 2010.