Principal

REAL DECRETO 1488/1998, DE 10 DE XULLO, DE ADAPTACIÓN DA LEXISLACIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Á ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

(BOE núm. 170, de 17 de xullo de 1998)

      

SUMARIO

 Artigo 1º. Obxecto.

Art. 2º. Ámbito de aplicación.

Art. 3º. Participación e representación.

Art. 4º. Delegados de prevención.

Art. 5º. Comité de Seguridade e Saúde.

Art. 6º. Servicios de prevención.

Art. 7º. Funcións e niveis de cualificación.

Art. 8º. Instrumentos de control.

Art. 9º. Funcións da Dirección Xeral da Función Pública en materia de prevención de riscos laborais.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

            DISPOSICIÓN DERROGATORIA

DISPOSICIÓN FINAL

  

            A lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e as súas disposicións de desenvolvemento teñen unha vocación de universalidade e integración, o que no ámbito das Administracións Públicas supón considera-la prevención fronte os riscos laborais como unha actuación única, indiferenciada e coordinada que debe chegar a tódolos empregados públicos sen distinción de réxime xurídico que rexa a súa relación de servicio, e tradúcese nunha planificación da actividade preventiva integral e integrada no conxunto de actividades e decisións da Administración Xeral do Estado que se realizará coa participación dos representantes legais dos empregados públicos, entendéndose, por outra parte, que as medidas que desta forma se derivan recaen en beneficio dos cidadáns usuarios das dependencias públicas nas súas relacións coa Administración Xeral do Estado.

 

            Non obstante, existen diversas peculiaridades nas Administracións públicas polo que respecta á Lei 31/1995, fundamentalmente nos seus artigos 31.1, 34.3 e 35.4, e a disposición adicional cuarta do Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento, prevén a regulación nunha normativa específica para as Administracións públicas dos dereitos de participación e representación, a organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actividades preventivas, a definición das funcións e niveis de cualificación do persoal que as leve a cabo e o establecemento da adecuados instrumentos de control que substitúan ás obrigas en materia de de auditorías contidas no capítulo V do Regulamento dos Servicios de prevención que non son de aplicación ás Administracións públicas.

 

            Ó cumprimento deste mandato na Administración Xeral do Estado,partindo da potenciación dos seus recursos propios e salvagardando o dereito dos empregados públicos á participación na determinación das súas condicións de traballo, responde o presente Real Decreto.

 

            Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais máis representativas, proposta dos Ministros de Administracións Públicas e de Traballo e Asuntos Sociais, consultada a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, de acordo co Consello de Estado e trala deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 10 de xullo de 1998, dispoño:

 

Artigo 1º. Obxecto.

 índice^

O obxecto do presente Real Decreto é a adaptación á Administración Xeral do Estado da Lei 31/1995,de 8 de novembro, de Prevención da Riscos Laborais, e do Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro,polo que se aproba o regulamento dos Servicios de prevención, partindo da integración da prevención no conxunto das súas actividades e decisións e a potenciación dos seus recursos propios, e adecuando o seu contido ás súas peculiaridades organizativas e de participación do persoal ó seu servicio.

 

Art. 2º. Ámbito de aplicación.

índice^ 

 1. A presente disposición será de aplicación na Administración Xeral do Estado e nos Organismos públicos vinculados ou dependentes dela que teñan persoal funcionario ou estatutario ó seu servicio.

 

            2. Nos establecementos penitenciarios, as actividades cunhas características que xustifiquen unha regulación especial serán obxecto de adaptación de conformidade co artigo 3º.3 da Lei 31/1995.

 

            3. Nos centros e establecementos militares será de aplicación o disposto no artigo 3º.3 da Lei 31/1995 e na normativa prevista na disposición adicional novena da citada Lei.

 

            4. Será de aplicación o disposto no artigo 3º.2 da Lei 31/1995 para aquelas actividades que teñan unhas particularidades que así o determinen no ámbito das funcións públicas de :

 

a)     Policía, seguridade e resgardo aduaneiro.

b)     Servicios operativos de protección civil e peritaxe forense nos casos de grave risco, catástrofe e calamidade pública

 

Art. 3º. Participación e representación.

índice^ 

1. Ás Xuntas de persoal, Comités de Empresa, delegados de persoal representantes sindicais, lles corresponden as funcións ás que se refire o artigo 34.2 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais.

 

2. Corresponden ós delegados de prevención as competencias e facultades establecidas no artigo 36 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais.

 

3. Os Comités de Seguridade e Saúde teñen as competencias e facultades establecidos no artigo 39 da Lei 39 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais.

 

4. Nos termos previstos na Lei 9/1987, de 12 de xuño,de órganos de representación,determinación das condicións do traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións públicas, poderase acorda-la creación dun órgano específico de participación das organizacións sindicais representativas no ámbito de aplicación deste Real Decreto en todo o relacionado coa aplicación da lexislación en materia de prevención de riscos laborais no ámbito dito, coas competencias, funcións e composición que no acordo se determinen.

 

Art. 4º. Delegados de prevención.

 índice^

-1. Os delegados de prevención serán designados polos representantes do persoal con presencia nos ámbitos dos órganos de representación do persoal e entre, por unha parte, aqueles funcionarios que sexan membros da Xunta de Persoal correspondente e, por outra, os representantes do persoal laboral membros do Comité de Empresa ou delegados de persoal,podendo acordarse outro sistema da designación consonte co previsto no artigo 35.4 da Lei 31/1995,de Prevención de Riscos Laborais.

 

2. O número dos delegados de prevención que poderán ser designados para cada un de ambos colectivos de persoal axustarase ó nivel establecido no artigo 35.2 da Lei 31/1995,de Prevención de Riscos Laborais.

 

3. Os delegados de prevención que sexan representantes do persoal contarán no exercicio das súas funcións coas garantías inherentes á súa condición representativa.

 

O tempo utilizado polos delegados de prevención  para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais será considerado como exercicio de funcións de representación, para efectos de utilización do crédito de horas mensuais retribuídas previsto no parágrafo e) do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores, e no parágrafo d) do artigo 11 da Lei 9/1987, de Órganos de representación, determinación das condicións de traballos e participación do persoal ó servicio das Administracións públicas, e artigo 10.3 da lei Orgánica de Liberdade Sindical.

 

Será considerado.en todo caso,como tempo de traballo efectivo, sen imputación ó crédito horario, o correspondente ás reunións do Comité de Seguridade e Saúde a calquera outra convocada pola Administración en materia de prevención de riscos laborais, así como o destinado ás visitas previstas nos parágrafos a) e c) do artigo 36.2 da lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

 

4. Os órganos competentes proporcionarán ós delegados de prevención os medios e formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións,unha vez consultados os representantes do persoal.

 

5. A formación deberase facilitar pola Administración polos seus propios ou mediante concertos con organismos, entidades especializadas na materia ou organizacións sindicais acreditadas.

 

6. O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo para tódolos efectos.

 

Art. 5º. Comité de Seguridade e Saúde.

índice^ 

1. O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á consulta regular e periódica das actuacións da Administración Xeral do Estado e dos Organismos públicos vinculados ou dependentes dela que teñan persoal funcionario ou estatutario ó seu servicio sinalados no artigo 2º.1, en materia de prevención de riscos laborais.

 

2. Con carácter xeral,en cada provincia constituirase un Comité de Seguridade e Saúde, que dependerá da Subdelegación do Goberno, debendo os titulares dos servicios non integrados prestar toda a colaboración que precisen os Subdelegados do Goberno para facilita-la súa constitución. O citado Comité estará formado polos delegados de prevención designados consonte co artigo 4º do presente Real Decreto e por representantes da Administración en número non superior ó de delegados

 

Nembargantes, naqueles casos en que a complexidade e dispersión da estructura organizativa, e o tipo de actividades así o aconsellen, poderase constituír un Comité de Seguridade e Saúde nun Departamento ministerial ou Organismo público, cando conte con cincuenta ou máis empregados públicos na provincia, de conformidade cos artigos 34.3 e 38.2 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.

 

3. Naquelas provincias en que existan edificios de servicios  múltiples poderá constituírse un único Comité de Seguridade e saúde por edificio.

4. Os representantes dos empregados públicos no Comité de Seguridade e Saúde serán a totalidade de delegados de prevención do persoal funcionario e laboral existentes no ámbito correspondente.

 

5. Nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde participarán, con voz,pero sen voto, os delegados sindicais, os asesores sindicais, de se-lo caso, e os responsables técnicos de prevención no ámbito correspondente. Nas mesmas condicións poderán participa-lo persoal que conte cunha especial cualificación ou información respecto de concretas cuestións que se debatan neste órgano e técnicos en prevención alleos á Administración Xeral do Estado, sempre que así o solicite algunha das representacións do Comité.

 

6. O Comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións no mesmo. O Comité de Seguridade e Saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

 

7. Os Departamentos ministeriais e Organismos públicos que conten con varios centros de traballo dotados dun Comité de Seguridade e Saúde poderán acordar co seu persoal a creación dun Comité Intercentros, coas funcións que o acordo lle atribúa.

 

Art. 6º. Servicios de prevención.

índice^ 

1 En cumprimento do deber de prevención de riscos profesionais, os órganos competentes determinarán, trala consulta cos representantes do persoal e en función da estructura organizativa e territorial dos seus organismos, así como do tipo de riscos presentes no sector e a incidencia dos mesmos nos empregados públicos, a modalidade de organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actividades preventivas máis axustado ás súas características, potenciando a utilización dos recursos propios existentes na Administración Xeral do Estado e nos Organismos públicos vinculados ou dependentes dela, que teñan persoal funcionario ou estatutario ó seu servicio, sinalados no artigo 2º.1 da presente disposición.

 

2. A organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento das actividades preventivas realizarase polos órganos competentes consonte con algunha das modalidades seguintes:

 

a)     Constituíndo un servicio de prevención propio.

b)     Designando a un ou varios empregados públicos para levala a cabo.

c)     Recorrendo a un servicio de prevención alleo.

 

3. Deberase crear un servicio de prevención propio, con posibilidade de asunción parcial da actividade preventiva por un servicio de prevención alleo, cando concorra algún dos seguintes supostos:

 

a) Nos Departamentos ministeriais e Organismos públicos que conten nunha provincia con centros de traballo de cincocentos empregados públicos, e naqueles que teñan entre douscentos cincuenta e cincocentos empregados públicos e desenvolvan algunha das actividades incluídas no anexo I do Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de prevención.

 

Non obstante, tamén se poderá constituír un servicio de prevención propio para máis dunha provincia nos Departamentos ministeriais e Organismos públicos, cando conten, no conxunto delas, con máis de cincocentos empregados públicos, ou teñan entre douscentos cincuenta e cincocentos empregados públicos e desenvolvan algunha das actividades incluídas no anexo I do Regulamento dos Servicios de Prevención, tralo informe das organizacións sindicais representativas no ámbito de aplicación do presente Real Decreto e de acordo co establecido no artigo 3º.4 do mesmo.

 

b) E cando así se considere necesario nos Departamentos ministeriais, Organismos públicos e centros de traballo, en función da perigosidade da actividade desenvolvida ou da frecuencia e gravidade da sinistralidade ou do volume de efectivos dos centros de traballo.

 

Dito servicio de prevención terá que contar, como mínimo con dúas especialidades ou disciplinas preventivas previstas no artigo 34 do regulamento dos Servicios de Prevención, desenvolvidas por expertos coa capacitación requirida para as funcións a desempeñaren, segundo o establecido no capítulo VI do citado Regulamento.

 

4. Nos demais casos, deberase designar a un ou varios empregados públicos para ocuparse da actividade preventiva, que poderían completar ó Servicio de Prevención nun ámbito determinado.

 

Cando se opte pola designación de empregados públicos para a realización de actividades de prevención, esta deberá ser consultada cos órganos de representación do persoal.

 

5. Naqueles casos en que as peculiaridades da organización o requiran, de acordo cos representantes de persoal, poderase recorrer a un ou varios servicios de prevención alleos, que colaborarán entre si cando sexa necesario, debendo cumprir co establecido nos artigos 17 a 19 do Regulamento dos Servicios de Prevención e realizarse o concerto segundo o seu artigo 20, tralo informe das organizacións sindicais representativas no ámbito de aplicación do presente Real Decreto e de acordo co establecido no artigo 3º.4 do mesmo.

 

6. Poderá acordarse a constitución de servicios de prevención mancomunados entre aqueles Departamentos ministeriais e Organismos públicos que desenvolvan simultaneamente actividades nun mesmo edificio ou nunha área xeográfica limitada, de conformidade co establecido no artigo 21 do regulamento dos Servicios de Prevención.

 

Así mesmo, cando nun mesmo edificio desenvolvan actividades traballadores doutra ou doutras Administracións públicas ou doutra ou doutras empresas ou autónomos, deberanse adopta-los instrumentos necesarios para que tales Administracións ou empresarios reciban a información e as instruccións adecuados en relación cos riscos existentes nese centro de traballo, as medidas de protección e prevención correspondentes,  e de emerxencia a utilizaren,  para o seu traslado ós seus respectivos traballadores, e establece-los medios de coordinación que sexan necesarios en canto a todo isto.

 

Art. 7º. Funcións e niveis de cualificación.

índice^ 

1- As funcións e niveis de cualificación do persoal que leve a cabo as tarefas de prevención de riscos laborais axustaranse ó disposto no capítulo VI do Regulamento dos Servicios de Prevención, clasificándose para estes efectos as funcións nos seguintes grupos:

 

a)     Funcións de nivel básico.

b)     Funcións de nivel intermedio.

c)     Funcións de nivel superior, correspondentes ás especialidades e disciplinas preventivas de medicina do traballo, seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

 

2. Os proxectos e programas formativos deberán axustarse ós criterios xerais e contidos mínimos que se establecen para cada nivel nos anexos III a VI do Regulamento dos Servicios de Prevención.

 

3. As organizacións sindicais participarán na elaboración e execución dos proxectos e programas formativos.

 

4. Nos Departamentos ministeriais e Organismos públicos realizaranse as actuacións que se consideren necesarias para adapta-las estructuras e o persoal dispoñible ás funcións e niveis de cualificación do persoal que leve a cabo as tarefas de prevención de riscos laborais.

 

Art. 8º. Instrumentos de control.

índice^ 

1. No ámbito da Administración Xeral do Estado cada sistema de prevención deberá someterse ó control periódico mediante auditorías ou avaliacións, e en calquera caso, unha vez rematado o proceso de avaliación de riscos. A súa realización corresponderá ó Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, como Organismo científico técnico especializado da Administración Xeral do Estado que ten como misión a análise e estudio das condicións de seguridade e saúde no traballo, así como a promoción e apoio á mellora das mesmas. Esta competencia entenderase sen prexuízo das que correspondan ó Consello de Seguridade Nuclear de acordo coa súa lexislación específica.

 

2. A auditoría, como instrumento de xestión que ten que incluír unha avaliación sistemática,documentada e obxectiva da eficacia do sistema de prevención, deberá ser realizada de acordo coas normas técnicas establecidas ou que poidan establecerse e tendo en conta a información recibida dos empregados públicos, e terá como obxectivos:

 

a) Comprobar como se realizou a avaliación inicial e periódica dos riscos, analiza-los seus resultados e verificalos,en caso de dúbida.

b) Comprobar que o tipo de planificación das actividades preventivas se axusta ó disposto na normativa xeral,así como á normativa sobre riscos específicos que sexa de aplicación.

c) Analiza-la adecuación entre os procedementos e medios requiridos para realizaren as actividades preventivas e os recursos de que dispón o Organismo público, propios ou concertados, tendo en conta, ademais, o modo en que están organizados ou coordinados, de se-lo caso.

 

3. Os resultados da auditoría reflectiranse nun informe no que se incluirán propostas tendentes á mellora dos servicios de prevención.

 

Dito informe manterase a disposición da autoridade laboral competente e unha copia do mesmo entregarase ós representantes dos traballadores.

 

4. Para o desenvolvemento desta función de control, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo contará coa colaboración da Inspección Xeral  de Servicios da Administración Pública e das Inspeccións de Servicios de cada Departamento ministerial ou Organismo público. Nas institucións sanitarias públicas, dita colaboración poderá ser realizada pola Inspección Sanitaria.

 

Art. 9º. Funcións da Dirección Xeral da Función Pública en materia de prevención de riscos laborais.

índice^ 

A Dirección Xeral da Función Pública realizará funcións de coordinación en materia de prevención de riscos laborais na Administración Xeral do Estado e asumirá a interlocución coas organizacións sindicais representativas no ámbito de aplicación do presente Real Decreto para os efectos do previsto no artigo 3º.4 do mesmo.

 

Para o desenvolvemento desta función,os órganos competentes da prevención de riscos en cada Departamento ou Organismo público informarán periodicamente á Dirección Xeral da Función Pública do estado de situación en canto á prevención de riscos laborais e, en particular, dos plans e programas de prevención que se elaboren, o sistema de organización dos recursos e, de se-lo caso, das medidas correctoras que se vaian introducindo trala revisión de ditos plans e programas.

 

 

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 índice^

Primeira. Servicios médicos de Departamentos e Organismos públicos.

 

Os servicios médicos dos Departamentos ministeriais e Organismos públicos colaborarán  nos servicios de prevención dos correspondentes Departamentos ministeriais e Organismos públicos, cando estes se constitúan, sen prexuízo de que continúen efectuando aquelas funcións que tiveran atribuídas, distintas das propias do servicio de prevención.

 

Para estes efectos levaranse a cabo accións de formación e perfeccionamento necesarias

 

Segunda. Representación de España no exterior.

 

Para os efectos da aplicación do presente Real Decreto nas representacións de España no exterior teranse en conta as peculiaridades derivadas da súa organización, dispersión xeográfica e simultaneidade de persoal sometido ó Dereito español e local estranxeiro.

 

Terceira. Adaptacións orzamentarias e de relación depostos de traballo e catálogos de persoa laboral.

 

Os gastos que se deriven da execución das medidas previstas no presente Real Decreto deberán ser realizados por cada Departamento ministerial e Organismo público con cargo ó seu orzamento.

 

No suposto en que para a aplicación do presente Real Decreto fora necesario adapta-las relacións de postos de traballo ou, de se-lo caso, os catálogos de persoal laboral  dos Departamentos ministeriais e Organismos públicos afectados, tales adaptacións non poderán xerar en ningún caso incrementos dos gastos de persoal de ditos Departamentos ou Organismos.

 

 

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

índice^ 

Primeira. Servicios de prevención dos hospitais e centros sanitarios.

 

Os servicios de prevención dos hospitais e centros sanitarios que se creen poderán incorporar ós profesionais sanitarios que na actualidade prestan os seus servicios nas unidades de medicina preventiva e saúde pública ou de ATS/DUE, que acrediten na actualidade ou poidan acreditar no prazo de cinco anos dende a súa incorporación a formación que habilite para o desempeño das funcións de nivel superior a que se refiren os artigos 34 e 37 do Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de Prevención.

 

As novas incorporacións que sexa necesario realizar en virtude da aplicación dos criterios oficialmente aprobados pola autoridade competente para determina-lo número mínimo de profesionais sanitarios de que debe constar cada un dos servicios de prevención, efectuaranse con facultativos especialistas en Medicina do Traballo, diplomados en Medicina de Empresa ou ATS de empresa. O mesmo criterio aplicarase ás incorporacións que se produzan no futuro, con motivo da cobertura de vacantes de persoal sanitario nos servicios de prevención.

 

Segunda. Servicios de prevención de determinados Departamentos e Organismos públicos.

 

Sen prexuízo da realización das actividades preventivas establecidas na lexislación vixente, deberán estar constituídos no prazo máximo de un ano,  a partir da entrada en vigor do presente Real Decreto, os servicios de prevención propios daquelas provincias nas que un Departamento  ministerial ou Organismo público con estructura periférica conte con máis de cincuenta centros de traballo.

 

 

            DISPOSICIÓN DERROGATORIA

índice^ 

Única. Alcance da derrogación normativa.

 

Quedan  derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto no presente Real Decreto.

 

 

DISPOSICIÓN FINAL

índice^ 

Única. Entrada en vigor.

 

O presente Real Decreto entrará en vigor ós dous meses da súa publicación no “Boletín Oficial do Estado”.

 

 índice^

 

 

Comarcas CIG

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)