Principal

REAL DECRETO 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo

      

 

Sumario

Artigo 1. Obxecto.

Artigo 2. Definicións.

Artigo 3. Obriga xeral do empresario.

Artigo 4. Criterios para o emprego da sinalización.

Artigo 5. Obrigas en materia de formación e información.

Artigo 6. Consulta de participación dos traballadores.

Disposición transitoria única. Prazo para axustar a sinalización de seguridade e saúde.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa singular.

Disposición final primeira. Elaboración da Guía Técnica sobre sinalizacióin de seguridade e saúde no traballo.

Disposición final segunda. Habilitación normativa.

 

ANEXO I

Disposicións mínimas de carácter xeral relativas á sinalización de seguridade e saúde no lugar de traballo

 

ANEXO II

Cores de seguridade

 

ANEXO III

Sinais en forma de panel

 

ANEXO IV

Sinais luminosos e acústicos

 

ANEXO V

Comunicacións verbais

 

ANEXO VI

Sinais xestuais

 

ANEXO VII

Disposicións mínimas relativas a diversas sinalizacións

 

 

 

            A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, determina o corpo básico de garantías e responsabilidades preciso para establecer un adecuado nivel de protección da saúde dos traballadores fronte aos riscos derivados das condicións de traballo, no marco dunha política coherente, coordinada e eficaz. Segundo o artigo 6 desta, serán as normas regulamentarias as que irán fixando e concretando os aspectos máis técnicos das medidas preventivas.

            Así, son as normas de desenvolvemento regulamentario as que deben fixar as medidas mínimas que se deben adoptar para axeitada protección dos traballadores. Entre elas, están as destinadas a garantir que nos lugares de traballo existe unha adecuada sinalización de seguridade e saúde, sempre que os riscos non se poidan evitar ou limitar suficientemente a través de medios técnicos de protección colectiva ou de medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo.

            No mesmo senso, cómpre ter en conta  que no ámbito da Unión Europea se fixaron mediante as correspondentes directivas criterios de carácter xeral sobre as accións en materia de seguridade e saúde nos centros de traballo, así como criterios específicos referidos a medidas de protección contra accidentes e situacións de risco. Concretamente, a Directiva 92/58/CEE do Consello, do 24 de xuño, establece as disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo. Mediante este Real Decreto, procédese á transposición ao dereito español do contido da Directiva 92/58/CEE antes mencionada.

            Na súa virtude, de conformidade co artigo 6 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, a proposta de Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, consultadas as organizacións empresariais e sindicais máis representativas, oída a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa xuntanza do día 4 de abril de 1997,

 

     DISPOÑO:

 

Artigo 1. Obxecto.

 índice^

            1. Este Real Decreto establece as disposicións mínimas para a sinalización de seguridade e saúde no traballo.

            2. As disposicións da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, aplicaranse plenamente ao conxunto do ámbito establecido no apartado anterior.

            3. Este Real Decreto non afectará á sinalización prevista pola normativa sobre comercialización de productos e equipos e sobre substancias e preparados perigosos, salvo que a dita normativa dispoña expresamente outra cousa.

            4. Este Real Decreto non será aplicable á sinalización utilizada para a regulación do tráfico por estrada, camiños de ferro, fluvial, marítimo e aéreo, salvo que os devanditos tipos de tráfico se efectúen nos lugares de traballo, e sen prexuízo do establecido no anexo VII, nin á utilizada por buques, vehículos e aeronaves militares.

 

Artigo 2. Definicións.

 índice^

            Para efectos deste Real Decreto, entenderase por:

            a) Sinalización e seguridade e saúde no traballo: unha sinalización que, referida a un obxecto, actividade ou situación determinadas, forneza unha indicación ou unha obriga relativa á seguridade ou á saúde no traballo mediante un sinal en forma de panel, unha cor, un sinal luminoso ou acústico, unha comunicación verbal ou un sinal xestual, segundo proceda.

            b) Sinal de prohibición: un sinal que prohibe un comportamento susceptible de provocar un perigo.

            c) Sinal de advertencia: un sinal que advirte dun risco ou perigo.

            d) Sinal de obriga: un sinal que obriga a un comportamento determinado.

            e) Sinal de salvamento ou de socorro: un sinal que proporciona indicacións relativas ás saídas de socorro, aos primeiros auxilios ou aos dispositivos de salvamento.

            f) Sinal indicativo: un sinal que proporciona outras informacións distintas das sinaladas nos parágrafos b) a e).

            g) Sinal en forma de panel: un sinal que, pola combinación dunha forma xeométrica, de cores e dun símbolo ou pictograma, proporciona unha determinada información; a súa visibilidade está asegurada por unha iluminación de suficiente intensidade.

            h) Sinal adicional: un sinal utilizado xunto a outro sinal dos sinalados no parágrafo g) e que facilita informacións complementarias.

            i) Cor de seguridade: unha cor á que se atribúe unha significación determinada en relación coa seguridade e saúde no traballo.

            l) Símbolo ou pictograma: unha imaxe que describe unha situación ou obriga a un comportamento determinado, utilizada sobre un sinal en forma de panel ou sobre unha superficie luminosa.

            m) Sinal luminoso: un sinal emitido por medio dun dispositivo formado por materiais transparentes ou translúcidos, iluminados desde atrás ou desde o interior, de tal xeito que apareza por si mesma como unha superficie luminosa.

            n) Sinal acústico: un sinal sonoro codificado, emitido e difundido por medio dun dispositivo apropiado, sen intervención de voz humana ou sintética.

            ñ) Comunicación verbal: unha mensaxe verbal predeterminada, no que se utiliza voz humana ou sintética.

            o) Sinal xestual: un movemento ou disposición dos brazos ou das mans en forma codificada para guiar as persoas que estean a realizar manobras que constitúan un risco ou perigo para os traballadores.

 

Artigo 3. Obriga xeral do empresario.

 índice^

            Sempre que resulte necesario tendo en conta os criterios do artigo seguinte, o empresario deberá adoptar as medidas precisas para que nos lugares de traballo existe unha sinalización de seguridade e saúde que cumpra o establecido nos anexos I a VII deste Real Decreto.

 

Artigo 4. Criterios para o emprego da sinalización.

 índice^

            1. Sen prexuízo do disposto especificamente noutras normativas particulares, a sinalización de seguridade e saúde no traballo deberase utilizar sempre que a análise dos riscos existentes, das situacións de emerxencia previsibles e das medidas preventivas adoptadas, poña de manifesto a necesidade de:

            a) Chamar a atención dos traballadores sobre a existencia de determinados riscos, prohibicións ou obrigas.

            b) Alertar os traballadores cando se produza unha determinada situación de emerxencia que requira medidas urxentes de protección ou evacuación.

            c) Facilitarlles aos traballadores a localización ou identificación de determinados medios ou instalacións de protección, evacuación, emerxencia ou primeiros auxilios.

            d) Orientar ou guiar os traballadores que realicen determinadas manobras perigosas.

            2. A sinalización non se deberá considerar unha medida substitutoria das medidas técnicas e organizativas de protección colectiva e deberase utilizar cando mediante estas últimas non fose posible eliminar os riscos ou reducilos suficientemente. Tampouco se deberá considerar unha medida substitutoria da formación e información dos traballadores en materia de seguridade e saúde no traballo.

 

Artigo 5. Obrigas en materia de formación e información.

índice^ 

            1. Sen prexuízo do disposto no artigo 18 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, o empresario adoptará as medidas axeitadas para que os traballadores e mais os representantes dos traballadores sexan informados de todas as medidas que se deban tomar con respecto á utilización da sinalización de seguridade e de saúde no traballo.

            2. Sen prexuízo do disposto no artigo 19 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, o empresario proporcionaralles aos traballadores e mais aos representantes dos traballadores unha formación adecuada, en particular mediante instruccións precisas, en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo. A dita formación deberá incidir, fundamentalmente, no significado dos sinais, especialmente das mensaxes verbais e xestuais, e nos comportamentos xerais ou específicos que se deban adoptar en función dos ditos sinais.

 

Artigo 6. Consulta de participación dos traballadores.

índice^ 

            A consulta e a participación dos traballadores ou os seus representantes sobre as cuestións a que se refire este Real Decreto realizaranse de conformidade co disposto no apartado 2 do artigo 18 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

 

Disposición transitoria única. Prazo para axustar a sinalización de seguridade e saúde.

índice^ 

            A sinalización de seguridade e saúde utilizada nos lugares de traballo con anterioridade á data de entrada en vigor deste Real Decreto deberase axustar ao disposto no mesmo nun prazo de doce meses desde a citada entrada en vigor.

 

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa singular.

índice^ 

            Queda derrogado o Real Decreto 1.403/1986, do 9 de maio, polo que se aproba a norma sobre sinalización de seguridade nos centros e locais de traballo.

 

Disposición final primeira. Elaboración da Guía Técnica sobre sinalizacióin de seguridade e saúde no traballo.

índice^

            O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, de acordo co disposto no apartado 3 do artigo 5 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevención, elaborará e manterá actualizada unha Guía Técnica sobre sinalización de seguridade e saúde no traballo.

 

Disposición final segunda. Habilitación normativa.

índice^ 

            Autorízase ao Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, logo de informe previo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, a dictar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento deste Real Decreto, así como para as adaptacións de carácter estrictamente técnico dos seus anexos en función do progreso técnico e da evolución de normativas ou especificacións internacionais ou dos coñecementos en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo.

Madrid, 14 de abril de 1997

             XOÁN CARLOS R.

O Ministro de Traballo e Asuntos Sociais,

JAVIER ARENAS BOCANEGRA

 


ANEXO I

 

Disposicións mínimas de carácter xeral relativas á sinalización de seguridade e saúde no lugar de traballo

 índice^

            1. A elección do tipo de sinal e do número e emprazamento dos sinais ou dispositivos de sinalización que se deban utilizar en cada caso realizarase de xeito que a sinalización resulte o máis eficaz posible, tendo en conta:

            a) As características do sinal.

            b) Os riscos, elementos ou circunstancias que se teñan que sinalizar.

            c) A extensión da zona que se deba cubrir.

            d) O número de traballadores afectados.

            En calquera caso, a sinalización dos riscos, elementos ou circunstancias indicadas no anexo VII realizarase segundo o disposto no dito anexo.

            2. A eficacia da sinalización non deberá resultar diminuída pola concorrencia de sinais ou por outras circunstancias que dificulten a súa percepción ou comprensión.

            A sinalización de seguridade e saúde no traballo non se deberá utilizar para transmitir informacións ou mensaxes distintas ou adicionais ás que constitúen o seu obxectivo propio. Cando os traballadores a que se dirixe a sinalización teñan a capacidade ou a facultade visual ou auditiva limitadas, incluídos os casos en que isto se deba ao uso de equipos de protección individual, deberanse tomar as medidas suplementarias ou de substitución necesarias.

            3. A sinalización deberá permanecer en tanto persista a situación que a motiva.

            4. Os medios e dispositivos de sinalización deberán ser, segundo os casos, limpados, mantidos e verificados regularmente, e reparados ou substituídos cando for necesario, de xeito que conserven en todo momento as súas calidades intrínsecas e de funcionamento. As sinalizacións que necesiten dunha fonte de enerxía dispoñerán de alimentación de emerxencia que garanta o seu funcionamento en caso de interrupción daquela, salvo que o risco desapareza co corte de subministración.


ANEXO II

 

Cores de seguridade

índice^ 

            1. As cores de seguridade poderán formar parte dunha sinalización de seguridade ou constituíla por si mesmas. No seguinte cadro, amósanse as cores de seguridade, o seu significado e outras indicacións sobre o seu uso:

 

 

Cor

 

Significado

 

Indicacións e precisións

 

 

 

Sinal de prohibición

 

Comportamentos perigosos

 

 

 

Vermello

 

Perigo-alarma

 

Alto, parada, dispositivos de desconexión de emerxencia.

Evacuación

 

 

Material e equipos de loita contra incendios

 

Identificación e localización

 

Amarelo ou amarelo laranxa

 

Sinal de advertencia

 

Atención, precaución. Verificación

 

Azul

 

Sinal de obriga

 

Comportamento ou acción específica. Obriga de utilizar un equipo de protección individual

 

Verde

 

Sinal de salvamento ou de auxilio

 

Portas, saídas, pasaxes, material, postos de salvamento ou de socorro, locais

 

 

 

Situación de seguridade

 

Volta á normalidade

 

            2. Cando a cor de fondo sobre a que teña que se aplicar a cor de seguridade poida dificultar a percepción desta última, utilizarase unha cor de contraste que enmarque ou se alterne coa de seguridade, de acordo coa seguinte táboa:

 

 

Cor de seguridade

 

Cor de contraste

 

Vermello.....................

Amarelo ou amarelo laranxa........................

Azul............................

Verde..........................

 

 

Branco

 

Negro

Branco

Branco

 

            3. Cando a sinalización dun elemento se realice mediante unha cor de seguridade, as dimensións da superficie coloreada deberán gardar proporción coas do elemento e permitir a súa fácil identificación.


ANEXO III

 

Sinais en forma de panel

 índice^

1. Características intrínsecas

 

            1º. A forma e cores destes sinais defínense no apartado 3 deste anexo, en función do tipo de sinal de que se trate.

            2º. Os pictogramas serán o máis sinxelos posible, e evitaranse detalles inútiles para a súa comprensión. Poderán variar lixeiramente ou ser máis detallados que os indicados no apartado 3, sempre que o seu significado sexa equivalente e non existan diferencias ou adaptacións que impidan percibir claramente o seu significado.

            3º. Os sinais serán dun material que resista o mellor posible os golpes, as inclemencias do tempo e as agresións ambientais.

            4º. As dimensións dos sinais, así como as súas características colorimétricas e fotométricas, garantirán a súa boa visibilidade e comprensión.

 

2. Requisitos de utilización

 

            1º. Os sinais instalaranse preferentemente a unha altura e nunha posición apropiadas en relación ao ángulo visual, tendo en conta posibles obstáculos, na proximidade inmediata do risco ou obxecto que se deba sinalizar ou, cando se trate dun risco xeral, no acceso á zona de risco.

            2º. O lugar de emprazamento do sinal deberá estar ben iluminado, ser accesible e facilmente visible.

            Se a iluminación xeral é insuficiente, empregarase unha iluminación adicional ou utilizaranse cores fosforescentes ou materiais fluorescentes.

            3º. Co fin de evitar a diminución da eficacia da sinalización, non se utilizarán demasiados sinais próximos entre si.

            4º. Os sinais deberanse retirar cando deixe de existir a situación que as xustificaba.

 

3. Tipos de sinais

 

            1º. Sinais de advertencia.

            Forma triangular. Pictograma negro sobre fondo amarelo (o amarelo deberá cubrir como mínimo o 50 por 100 da superficie do sinal), bordes negros.

 

 

            Como excepción, o fondo do sinal sobre “materias nocivas ou irritantes” será de cor laranxa, en lugar de amarelo, para evitar confusións con outros sinais similares utilizados para a regulación do tráfico por estrada.

 

 

            2º. Sinais de prohibición.

            Forma redonda. Pictograma negro sobre fondo branco, bordos e banda (transversal descendente de esquera a dereita atravesando o pictograma a 45º respecto á horizontal) vermellos (o vermello deberá cubrir como mínimo o 35 por 100 da superficie do sinal).

 

 

 

            3º. Sinais de obriga.

 

            Forma redonda. Pictograma branco sobre fondo azul (o azul deberá cubrir como mínimo o 50 por 100 da superficie do sinal).

 

 

            4º. Sinais relativos aos equipos de loita contra incendios.

 

            Forma rectangular ou cadrada. Pictograma branco sobre fondo vermello (o vermello deberá cubrir como mínimo o 50 por 100 da superficie do sinal).

 

 

            5º. Sinais de salvamento ou socorro.

 

            Forma rectangular ou cadrada. Pictograma branco sobre fondo verde (o verde deberá cubrir como mínimo o 50 por 100 da superficie do sinal).

 

 

 

 


 

ANEXO IV

 

Sinais luminosos e acústicos

 índice^

1. Características e requisitos dos sinais luminosos

 

            1º. A luz emitida polo sinal deberá provocar un contraste luminoso apropiado respecto ao seu contorno, en función das condicións de uso previstas. A súa intensidade deberá asegurar a súa percepción, sen chegar a producir cegamentos.

            2º. A superficie luminosa que emita un sinal poderá ser de cor uniforme, ou levar un pictograma sobre un fondo determinado. No primeiro caso, a cor deberase axustar ao establecido no apartado 1 do anexo II; no segundo caso, o pictograma deberá respectar as regras aplicables aos sinais en forma de panel definidas no anexo III.

            3º. Se un dispositivo pode emitir un sinal tanto continuo com intermitente, o sinal intermitente utilizarase para indicar, con respecto ao sinal continuo, un maior grao de perigo ou unha maior urxencia da acción requirida.

            4º. Non se utilizarán ao mesmo tempo dous sinais luminosos que poidan dar lugar a confusión, nin un sinal luminoso cerca doutra emisión luminosa a penas diferente.

            Cando se utilice un sinal luminoso intermitente, a duración e a frecuencia dos escintileos deberán permitir a correcta identificación da mensaxe, evitando que se poida percibir como continua ou confundida con outros sinais luminosos.

            5º. Os dispositivos de emisión de sinais luminosos para uso en caso de perigo grave deberán ser obxecto de revisións especiais ou ir provistos dunha lámpada auxiliar.

 

2. Características e requisitos de uso dos sinais acústicos

 

            1º. O sinal acústico deberá ter un nivel sonoro superior ao nivel de ruído ambiental, de xeito que sexa claramente audible, sen chegar a ser excesivamente molesto. Non se deberá utilizar un sinal acústico cando o ruído ambiental sexa demasiado intenso.

            2º. O ton do sinal acústico ou, cando se trate de sinais intermitentes, a duración, intervalo e agrupación dos impulsos, deberá permitir a súa correcta identificación e clara distinción fronte a outros sinais acústicos ou ruídos ambientais.

            Non se deberán utilizar dous sinais acústicos simultaneamente.

            3º. Se un dispositivo pode emitir sinais acústicos cun ton ou intensidade variables ou intermitentes, ou cun ton ou intensidade continuos, utilizaranse os primeiros para indicar, por contraste coas segundas, un maior grao de perigo ou unha maior urxencia da acción requirida.

            O son dun sinal de evacuación deberá ser continuo.

 

3. Disposicións comúns

 

            1º. Un sinal luminoso ou acústico indicará, ao poñerse en marcha, a necesidade de realizar unha determinada acción e manterase mentres persista tal necesidade.

            Ao rematar a emisión dun sinal luminoso ou acústico, adoptaranse de inmediato as medidas que permitan volver utilizalos en caso de necesidade.

            2º. A eficacia e bo funcionamento dos sinais luminosos e acústicos comprobarase antes da súa entrada en servicio, e posteriormente mediante as probas periódicas necesarias.

            3º. Os sinais luminosos e acústicos intermitentes previstos para a súa utilización alterna ou complementaria deberán empregar idéntico código.


ANEXO V

 

Comunicacións verbais

índice^ 

1. Características intrínsecas

 

            1º. A comunicación verbal establécese entre un locutor ou emisor e un ou varios oíntes, nunha linguaxe formada por textos curtos, frases, grupos de palabras ou palabras illadas, eventualmente codificadas.

            2º. As mensaxes verbais serán tan curtas, simples e claras, como sexa posible; a aptitude verbal do locutor e as facultades auditivas do ou dos oíntes deberán bastar para garantir unha comunicación verbal segura.

            3º. A comunicación verbal será directa (utilización da voz humana) ou indirecta (voz humana ou sintética, difundida por un medio apropiado).

 

2. Regras particulares de utilización

 

            1º. As persoas afectadas deberán coñecer ben a linguaxe utilizada, co fin de poder pronunciar e comprender correctamente a mensaxe verbal e adoptar, en función desta, o comportamento apropiado no ámbito da seguridade e a saúde.

            2º. Se a comunicación verbal se utiliza en lugar ou como complemento de sinais xestuais, terá que utilizar palabras tales como, por exemplo:

a) Comezo: para indicar a toma de mando.

b) Alto: para interromper ou finalizar un movemento.

c) Fin: para finalizar as operacións.

d) Izar: para izar unha carga.

e) Baixar: para baixar unha carga.

f) Avanzar, retroceder, á dereita, á esquerda: para indicar o sentido dun movemento (o sentido destes movementos debe, se é o caso, coordinarse cos correspondentes códigos xestuais).

g) Perigo: para efectuar unha parada de emerxencia.

h) Rápido: para acelerar un movemento por razóns de seguridade.

 


ANEXO VI

 

Sinais xestuais

 índice^

1. Características

 

            Un sinal xestual deberá ser preciso, simple, amplo, fácil de realizar e comprender e claramente distinguible de calquera outro sinal xestual.

            A utilización dos dous brazos ao mesmo tempo farase de forma simétrica e para unha só sinal xestual.

            Os xestos utilizados, polo que respecta ás características indicadas anteriormente, poderán variar ou ser máis detallados que as representacións recollidas no apartado 3, a condición de que o seu significado e comprensión sexan, polo menos, equivalentes.

 

2. Regras particulares de utilización

 

            1º. A persoa que emite os sinais, denominada “encargado dos sinais”, dará as instruccións de manobra mediante sinais xestuais ao destinatario das mesmas, denominado “operador”.

            2º. O encargado dos sinais deberá poder seguir visualmente o desenvolvemento das manobras sen estar ameazado por elas.

            3º. O encargado dos sinais deberase dedicar exclusivamente a dirixir as manobras e á seguridade dos traballadores situados nas proximidades.

            4º. De non se daren as condicións previstas no apartado 2.2º, recorrerase a un ou varios encargados dos sinais suplementarios.

            5º. O operador deberá suspender a manobra que estea a realizar para solicitar novas instruccións cando non poida executar as ordes recibidas coas garantías de seguridade necesarias.

            6º. Accesorios de sinalización xestual.

            O encargado dos sinais deberá ser facilmente recoñecido polo operador.

            O encargado dos sinais levará un ou varios elementos de identificación apropiados tales como chaqueta, manguitos, brazal ou casco e, cando sexa necesario, raquetas.

            Os elementos de identificación indicados serán de cores vivas, a ser posible iguais para todos os elementos, e serán utilizados exclusivamente polo encargado dos sinais.

 

3. Xestos codificados

 

            Consideración previa.

 

            O conxunto de xestos codificados que se inclúe non impide que se poidan empregar outros códigos, en particular en determinados sectores de actividade, aplicables a nivel comunitario e indicadores de auténticas manobras.

A) Xestos xerais

 

Significado

Descrición

Ilustración

Comezo:

 

Atención.

Toma de mando.

Os dous brazos estendidos de forma horizontal, as palmas das mans cara a diante.

Alto:

 

Interrupción.

Fin do movemento.

O brazo dereito estendido cara a arriba, a palma da man dereita cara a diante.

 

Fin das operacións

 As dúas mans xuntas á altura do peito.

 

B) Movementos verticais

 

Significado

Descrición

Ilustración

Izar.

Brazo dereito estendido cara a arriba, a palma da man dereita cara a diante, describindo a modiño un círculo.

Baixar.

Brazo dereito estendido cara a abaixo, palma da man dereita cara ao interior, describindo a modiño un círculo.

Distancia vertical.

As  mans indican a distancia.

 

C) Movementos horizontais

 

Significado

Descrición

Ilustración

Avanzar.

Os dous brazos dobrados, as palmas das mans cara ao interior, os antebrazos móvense a modiño cara ao corpo.

Retroceder.

Os dous brazos dobrados, as palmas das mans cara ao exterior, os antebrazos móvense a modiño afastándose do corpo.

Cara á dereita:

Con respecto ao encargado dos sinais.

O brazo dereito estendido máis ou menos en horizontal, a palma da man dereita cara a abaixo, fai pequenos movementos lentos indicando a dirección.

 

 

Cara á esquerda:

Con respecto ao encargado dos sinais.

O brazo esquerdo estendido máis ou menos en horizontal, a palma da man esquerda cara a abaixo, fai pequenos movementos lentos indicando a dirección.

 

Distancia horizontal.

A mans indican a distancia.

 

D) Perigo

 

Significado

Descrición

Ilustración

Perigo:

Alto ou parada de emerxencia.

Os dous brazos estendidos cara a arriba, as palmas das mans cara a diante.

Rápido.

Os xestos codificados referidos aos movemento fanse con rapidez.

 

 

Lento.

Os xestos codificados referidos aos movementos fanse moi a modiño.

 

 

 


ANEXO VII

 

Disposicións mínimas relativas a diversas sinalizacións

índice^ 

1. Riscos, prohibicións e obrigas

 

            A sinalización dirixida a advertir os traballadores da presencia dun risco, ou a lembrarlles a existencia dunha prohición ou obriga, realizarase mediante sinais en forma de panel que se axusten ao disposto, para cada caso, no anexo III:

 

2. Risco de caídas, choques e golpes

 

            1º. Para a sinalización de desniveis, obstáculos ou outros elementos que orixinen riscos de caída de persoas, choques ou golpes, poderase optar, a igualdade de eficacia, polo panel que corresponda segundo o disposto no apartado anterior ou por unha cor de seguridade, ou ben poderanse utilizar ambos de xeito complementario.

            2º. A delimitación daquelas zonas dos locais de traballo ás que o traballador teña acceso con ocasión deste, nas que se presenten riscos de caída de persoas, caída de obxectos, choques ou golpes, realizarase mediante unha cor de seguridade.

            3º. A sinalización por cor referida nos dous apartados anteriores efectuarase mediante franxas alternas amarelas e negras. As franxas deberán ter unha inclinación aproximada de 45º de ser de dimensións similares de acordo co seguinte modelo:

 

 

3. Vías de circulación

 

            1º. Cando sexa necesario para a protección dos traballadores, as vías de circulación de vehículos deberán estar delimitadas con claridade mediante franxas continuas dunha cor ben visible, preferentemente branco ou amarelo, tendo en conta a cor do chan. A delimitación deberá respectar as necesarias distancias de seguridade entre vehículos e obxectos próximos, e entre peóns e vehículos.

            2. As vías exteriores permanentes que están nos arredores inmediatos de zonas edificadas deberán estar delimitadas cando resulte necesario, salvo que dispoñan de barreiras ou que o propio tipo de pavimento sirva como delimitación.

 

4. Tubaxes, recipientes e áreas de almacenamento de substancias e preparados perigosos

 

            1º. Os recipientes e tubaxes visibles que conteñan ou poidan conter productos aos que sexa de aplicación a normativa sobre comercialización de substancias ou preparados perigosos deberán ser etiquetados segundo o disposto nesta. Poderanse exceptuar os recipientes utilizados durante curto tempo e aqueles con contido que cambie a miúdo, sempre que se tomen medidas alternativas axeitadas, fundamentalmente de formación e información, que garantan un nivel de protección equivalente.

            2º. As etiquetas pegaranse, fixaranse ou pintaranse en sitios visibles dos recipientes ou tubaxes. No caso destas, as etiquetas colocaranse ao longo da tubaxe en número suficiente, e sempre que existan puntos de especial risco, como válvulas ou conexións, na súa proximidade. As características intrínsecas e condicións de utilización das etiquetas deberanse axustar, cando proceda, ao disposto para os paneis nos apartados 1.3º e 2 do anexo III.

            A información da etiqueta poderase complementar con outros datos, tales como o nome ou fórmula da substancia ou preparado perigoso ou detalles adicionais sobre o risco.

            3º. A etiquetaxe poderase substituír polos sinais de advertencia que se sinalan no anexo III, co mesmo pictograma ou símbolo; no caso do transporte de recipientes dentro do lugar de traballo, poderase substituír ou complementar por sinais en forma de panel de uso recoñecido, no ámbito comunitario, para o transporte de substancias ou preparados perigosos.

            4º. As zonas, locais ou recintos utilizados para almacenar cantidades importantes de substancias ou preparados perigosos deberanse identificar mediante o sinal de advertencia apropiado, de entre os indicados no anexo III, ou mediante a etiqueta que corresponda, de acordo coa normativa mencionada no apartado 4.1º., colocados, segundo o caso, preto do lugar de almacenamento ou na porta de acceso a este. Isto non será necesario cando as etiquetas das distintas embalaxes e recipientes, tendo en conta o seu tamaño, fagan posible por si mesmas a dita identificación.

            O almacenamento de diversas substancias ou preparados perigosos pódese indicar mediante o sinal de advertencia “perigo en xeral”.

 

5. Equipos de protección contra incendios

 

            1º. Os equipos de protección contra incendios deberán ser de cor vermella ou predominantemente vermella, de xeito que se poidan identificar facilmente pola súa cor propia.

            2º. O emprazamento dos equipos de protección contra incendios sinalizarase mediante a cor vermella ou por un sinal en forma de panel das indicadas no apartado 3.4º do anexo III. Cando sexa necesario, as vías de acceso aos equipos amosaranse mediante os sinais indicativos adicionais especificados no dito anexo.

 

6. Medios e equipos de salvamento de socorro

 

            A sinalización para a localización e identificación das vías de evacuación e dos equipos de salvamento ou socorro realizarase mediante sinais en forma de panal das indicadas no apartado 3.5º do anexo III.

 

7. Situacións de emerxencia

 

            A sinalización dirixida a alertar os traballadores ou a terceiros da aparición dunha situación de perigo e da conseguinte e urxente necesidade de actuar dunha forma determinada ou de evacuar a zona de perigo realizarase mediante un sinal luminoso, un sinal acústicou ou unha comunicación verbal. A igualdade de eficacia poderase optar por unha calquera das tres; tamén se poderá empregar unha combinación dun sinal luminoso cun sinal acústico ou cunha comunicación verbal.

 

8. Manobras perigosas

 

            A sinalización que teña por obxecto orientar ou guiar os traballadores durante a realización de manobras perigosas que supoñan un risco para eles mesmos ou para terceiros realizarase mediante sinais xestuais ou comunicacións verbais. A igualdade de eficacia poderase optar por calquera delas, ou poderanse empregar de forma combinada.

 

[BOE do 23 de abril de 1997]

 

 

índice^ 

 

 

Comarcas CIG

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)