Principal

REAL DECRETO 783/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento sobre protección sanitaria contra RADIACIÓNS IONIZANTES.

      

Sumario

Artigo único. Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.

Disposición final primeira. Habilitación competencial.

Disposición final segunda. Desenvolvemento dos preceptos.

Disposición final terceira. Entrada en vigor.

REGULAMENTO SOBRE PROTECCIÓN SANITARIA CONTRA AS RADIACIÓNS IONIZANTES

TÍTULO I. Disposicións xerais

CAPÍTULO I. Obxecto e ámbito de aplicación

CAPÍTULO II. Autoridades e organismos administrativos

TÍTULO II. Xustificación, optimización e limitación de dose para prácticas

CAPÍTULO I. Principios xerais

CAPÍTULO II. Limitación de dose

TÍTULO III. Dose efectivas e equivalentes

CAPÍTULO ÚNICO. Estimación de dose efectivas e equivalentes

TÍTULO IV. Principios fundamentais de protección operacional dos traballadores expostos, persoas en formación e estudiantes para a execución das prácticas

CAPÍTULO I. Protección operacional dos traballadores expostos

CAPÍTULO II. Prevención da exposición

SECCIÓN 1. CLASIFICACIÓN E DELIMITACIÓN DE ZONAS

SECCIÓN II. CLASIFICACIÓN DE TRABALLADORES EXPOSTOS

SECCIÓN III. INFORMACIÓN E FORMACIÓN

SECCIÓN IV. AVALIACIÓN E APLICACIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN RADIOACTIVA.

CAPÍTULO III. Avaliación da exposición

SECCIÓN I. VIXILANCIA DO AMBIENTE DE TRABALLO

SECCIÓN II. VIXILANCIA INDIVIDUAL

SECCIÓN III. REXISTRO E NOTIFICACIÓN DE RESULTADOS

CAPÍTULO IV. Vixilancia sanitaria dos traballadores expostos

 SECCIÓN I. VIXILANCIA SANITARIA DOS TRABALLADORES EXPOSTOS

SECCIÓN II. VIXILANCIA ESPECIAL DOS TRABALLADORES EXPOSTOS

SECCIÓN III. RECURSOS

CAPÍTULO V. Normas de protección para persoas en formación e estudiantes

TÍTULO V. Protección radiolóxica da poboación en circunstancias normais.

CAPÍTULO ÚNICO. Medidas fundamentais de vixilancia

TÍTULO VI. Intervencións

 CAPÍTULO I. Principios xerais

CAPÍTULO II. Intervención en caso de emerxencia radiolóxica

CAPÍTULO III.  Intervención en caso de exposición perdurable

TÍTULO VII.  Fontes naturais de radiación

CAPÍTULO ÚNICO. Incremento significativo da exposición debida a fontes naturais de radiación

TÍTULO VIII. Inspección

 CAPÍTULO ÚNICO. Réxime de inspección e obrigas do titular.

TÍTULO IX. Réxime sancionador

CAPÍTULO ÚNICO. Réxime sancionador

 Disposicións adicionais

 Disposicións transitorias

 

(BOE do 26 de xullo de 2001)

 

O artigo 2.b) do Tratado constitutivo  da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM) dispón que a Comunidade deberá establecer normas uniformes de protección sanitaria dos traballadores e da poboación contra os riscos que resulten das radiacións ionizantes, dirixidas a sinalas as dose máximas admisibles que sexan compatibles cunha seguridade adecuada, os niveis de contaminación máximos admisibles e os principios fundamentais da vixilancia sanitaria dos traballadores.

 

En consecuencia, emanaron do Consello sucesivas disposicións de obrigado cumprimento para os Estados membros, entre as que se poden citar a Directiva 80/836/EURATOM e a Directiva 84/467/EURATOM, que establecen normas básicas de protección sanitaria da poboación e os traballadores contra os riscos derivados das radiacións ionizantes, completadas por outras medidas de acompañamento contidas na Directiva 84/466/EURATOM, sobre medidas fundamentais de protección radiolóxica das persoas sometidas a exames e tratamentos médicos, ou na Directiva 90/641/EURATOM, relativa á protección operacional dos traballadores exteriores con risco de exposición a radiacións ionizantes por intervención en zona controlada.

 

Neste sentido, o actual Real Decreto 53/1992, do 24 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de protección sanitaria contra radiacións ionizantes, operou en España a transposición das  citadas directivas 80/836 e 84/467, de EURATOM, ao tempo que permitía aclarar, desenvolver e completar o disposto no capitulo VI da Lei 25/1964, do 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, constituíndo a norma básica en materia sanitaria no sentido do artigo 149.1.16. da Constitución Española, en aplicación da competencia exclusiva do Estado para dictar lexislación laboral segundo o artigo 149.1.7 da Carta Magna.

 

Posteriormente, debido ao considerable desenvolvemento nos coñecementos científicos en relación coa protección radiolóxica, e baseándose nos novos criterios recomendados na publicación número 60 da Comisión Internacional de Protección Radiolóxica, aprobase, o 13 de maio de 1996, a Directiva 96/29/EURATOM, do Consello, pola que se establecen as normas básicas relativas á protección sanitaria dos traballadores e da poboación contra os riscos que resultan das radiacións ionizantes, que opera unha ampla revisión das Directivas 80/836/EURATOM e 84/467/EURATOM precedentes, adoptando criterios de estimación de dose considerados razoables para protexer ás persoas, tanto nunha actividade laboral como noutras situacións de exposición a radiación, incluíndo as que supoñan exposición a fontes artificiais de radiación ou a fontes naturais de radiación que supoñan incrementos significativos de dose, e contemplando especificamente as intervencións debidas a unha emerxencia radiolóxica. Así mesmo, a Directiva 84/466/EURATOM foi revisada pola Directiva 97/43/EURATOM, relativa á protección da saúde fronte aos riscos derivados das radiacións ionizantes en exposicións médicas.

 

O compromiso de cumprir o disposto no artigo 55 da citada Directiva 96/29/EURATOM, que impón a todos os Estados membros de EURATOM a obriga de adoptar as medidas lexislativas, regulamentarias ou administrativas necesarias para operar a súa transposición antes do 13 de maio de 2000, e por outra parte, a necesidade de revisar o Regulamento de Protección Sanitaria de 1992, que quedara incompleto, desfasado ou sen aplicación práctica polo transcurso do tempo, fixeron necesario proceder a aprobar un novo texto regulamentario que, xunto a outras disposicións que poidan incidir neste ámbito, contemple as normas básicas de protección radiolóxica aplicables, dunha forma sistemática e baixo os principios de xustificación, optimización e limitación de dose aos que alude tamén a propia Directiva 96/29/EURATOM, e que derrogando o anterior Real Decreto 53/1992, do 24 de xaneiro, sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes, constitúa, una vez máis, texto básico en materia sanitaria e regulamentación estatal propia do ordenamento laboral, ao amparo dos artigos 149.1.16 e 149.1.7, respectivamente, da Constitución Española.

 

Mediante este novo Real Decreto realizase unha transposición da Directiva 96/29/EURATOM, aínda que non íntegra, xa que parte da mesma foi obxecto de transposición no Real Decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas.

 

Por último, cabe indicar que o proxecto da presente disposición foi comunicado á Comisión da Unión Europea, de acordo co establecido no artigo 33 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM).

 

Na súa virtude, a proposta dos Ministros de Economía, do Interior, de Sanidade e Consumo, de Traballo e Asuntos Sociais, e de Defensa, conforme á Regulamentación proposta polo Consello de Seguridade Nuclear, oída a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no traballo, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 6 de xullo de 2001.

 

DISPOÑO

 

Artigo único. Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

 índice^

Apróbase o adxunto regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

 

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.

 índice^

Queda derrogado o Real Decreto 53/1992, do 24 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

 

Disposición final primeira. Habilitación competencial.

índice^ 

O presente Regulamento díctase ao amparo do disposto no artigo 149.1.7  e 16. da Constitución.

 

Disposición final segunda. Desenvolvemento dos preceptos.

 índice^

Os Ministros de Economía, do Interior, de Sanidade e Consumo, de Traballo e Asuntos Sociais, e de Defensa, no ámbito das súas competencias, poderán dictar as disposicións oportunas para o desenvolvemento e aplicación do presente Regulamento.

 

O Consello de Seguridade Nuclear poderá dictar instruccións, circulares e guías ou normas técnicas para facilitar a aplicación deste Regulamento.

 

Disposición final terceira. Entrada en vigor.

 índice^

Este Real Decreto entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación no “Boletín Oficial do Estado”.

 

Dado en Madrid a 6 de xuño de 2001.

 

O Ministro da Presidencia

Juan José Lucas Giménez

Juan Carlos R.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REGULAMENTO SOBRE PROTECCIÓN SANITARIA CONTRA AS RADIACIÓNS IONIZANTES

 

 

TÍTULO I. Disposicións xerais

 

 

CAPÍTULO I. Obxecto e ámbito de aplicación

índice^ 

Artigo 1. Obxecto.

 

1.      Este regulamento ten por obxecto establecer as normas relativas á protección dos traballadores e dos membros do público contra os riscos que resultan das radiacións ionizantes, de acordo coa Lei 25/1964, do 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear.

2.      Aos efectos deste Regulamento, utilizaranse as definicións contidas no anexo 1.

 

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

 

1.      O presente Regulamento aplicarase a todas as prácticas que impliquen un risco derivado das radiacións ionizantes que procedan dunha fonte artificial, ou ben, dunha fonte natural de radiación cando os radionucleidos naturais son ou foran procesados polas súas propiedades radioactivas, fisionables ou fértiles, a saber:

a)       A explotación de minerais radioactivos, a producción, tratamento, manipulación, utilización, posesión, almacenamento, transporte, importación, exportación, movemento intracomunitario e eliminación de sustancias radioactivas.

b)       A operación de todo equipo eléctrico que emita radiacións ionizantes e que conteña compoñentes que funcionen a unha diferencia de potencial superior a 5 KV.

c)       A comercialización de fontes radioactivas e a asistencia técnica de equipos que incorporen fontes radioactivas ou sexan productores de radiacións ionizantes.

d)       Calquera outra práctica que a Autoridade competente, por razón da materia, previo informe do Consello de Seguridade Nuclear, considere oportuno definir.

Así mesmo, será de aplicación ás actividades que desenvolvan as empresas externas ás que se refire o Real Decreto 413/1997, do 21 de marzo, sobre protección operacional dos traballadores externos con risco de exposición ás radiacións ionizantes por intervención en zona controlada.

2.      O presente Regulamento aplicarase nos termos do Título VI a toda intervención no caso de emerxencia radiolóxica ou en caso de exposición perdurable.

3.      O presente Regulamento aplicarase nos termos do Título VII a toda actividade laboral non contemplada no apartado 1, pero que supoña a presencia de fontes naturais de radiación e dea lugar a un aumento significativo da exposición dos traballadores ou de membros do público que non poida considerarse desprezable dende o punto de vista da protección radiolóxica.

4.      O presente Regulamento non se aplicará á exposición ao radón nas vivendas ou aos niveis naturais de radiación, é dicir, aos radionucleidos contidos no corpo humano, aos raios cósmicos a nivel do chan ou á exposición por encima do nivel do chan debida aos radionucleidos presentas na cortiza terrestre non alterada.

 

 

 

 

CAPÍTULO II. Autoridades e organismos administrativos

 índice^

Artigo 3. Autoridades e organismos administrativos.

 

Corresponde á autoridade competente, en cada caso, por razón da materia, e ao Consello de Seguridade Nuclear, no ámbito das súas funcións, asegurar o cumprimento do disposto neste Regulamento.

 

 

 

 

 

TÍTULO II. Xustificación, optimización e limitación de dose para prácticas

 

CAPÍTULO I. Principios xerais

 

Artigo 4. Principios xerais.

 

1.      Toda nova clase  ou tipo de práctica incluída no ámbito de aplicación do presente Regulamento deberá ser xustificada polo promotor da mesma ante a autoridade competente, quen, previo informe do Consello de Seguridade Nuclear, decidirá se procede a súa adopción considerando as vantaxes que represente en relación co detrimento da saúde que puidera ocasionar.

O Consello de Seguridade Nuclear poderá propoñer a revisión das clases ou tipos de prácticas existentes dende o punto de vista da súa xustificación, sempre que xurdan novas e importantes evidencias sobre a súa eficiencia ou consecuencias.

2.      As dose individuais, o número de persoas expostas e a probabilidade de que se produzan exposicións potenciais, deberán manterse no valor máis baixo que sexa razoablemente posible, tendo en conta factores económicos e sociais.

3.      A suma das dose recibidas procedentes de todas as prácticas pertinentes non excederá os límites de dose establecidos no presente título para os traballadores expostos, as persoas en formación, os estudiantes e os membros do público, ser prexuízo do disposto no artigo 12 deste Regulamento.

4.      Os principios definidos nos apartados 1 e 2 aplicaranse a todas as exposicións ás radiación ionizantes que resulten das prácticas a que se refire o apartado 1 do artigo 2, incluídas as exposicións médicas. O principio definido no apartado 3 non se aplicará a ningunha das exposicións seguintes:

a)       A exposición de persoas no marco do seu propio diagnóstico ou tratamento médico.

b)       A exposición deliberada e voluntaria de persoas, cando iso non constitúa parte da súa ocupación, para axudar ou aliviar a pacientes en diagnóstico ou tratamento médico.

c)       A exposición de voluntarios que participen en programas de investigación médica e biomédica.

 

Artigo 5. Prohibicións e requisitos especiais.

 

1.      Queda prohibida a adición de sustancias radioactivas na producción de alimentos, xoguetes, adornos persoais e cosméticos, e a importación, exportación ou movemento intracomunitario dos devanditos bens cando leven incorporadas sustancias radioactivas.

2.      A administración deliberada de sustancias radioactivas a persoas e, na medida en que afecte á protección de seres humanos fronte á radiación, ou animais, con fins de diagnóstico, tratamento ou investigación de carácter médico ou veterinario, só poderá facerse en instalacións radioactivas autorizadas con tal fin.

3.      En canto aos medicamentos que conteñan sustancias radioactivas, estarase ao disposto na Lei 25/1990, de 20 de decembro, do Medicamento.

 

Artigo 6. Restriccións de dose.

 

1.      No contexto da optimización da protección radiolóxica, cando sexa adecuado, o titular da práctica utilizará restriccións de dose que, no seu caso, poderán basearse nas orientacións que estableza o Consello de Seguridade Nuclear. As devanditas restriccións de dose serán avaliadas e, se procede, aprobadas polo Consello de Seguridade Nuclear.

2.      Deberán incluírse restriccións de dose nos procedementos que deban aplicarse ás persoas expostas conforme se definen nos parágrafos b) e  e) do apartado 4 do artigo 4, baseándose nas orientacións que estableza o Ministerio de Sanidade e Consumo.

 

Artigo 7. Responsabilidade.

 

O titular da práctica será responsable de que os principios que aquí se establecen sexan aplicados no ámbito da súa actividade e competencia.

 

 

 

 

 

 

CAPÍTULO II. Limitación de dose

índice^ 

Artigo 8. Aplicación.

 

Os límites de dose aplicaranse á suma das dose procedentes das exposicións externas no período especificado e as dose comprometidas a cincuenta anos (ata setenta anos no caso de nenos) a causa das incorporacións producidas no mesmo período. No seu cómputo non se incluirá a dose debida ao fondo radioactivo natural nin á exposición sufrida como consecuencia de exames e tratamentos médicos.

 

Artigo 9. Límites de dose para os traballadores expostos.

 

1.      O límite de dose efectiva para traballadores expostos será de rnSv durante todo período de cinco anos oficiais consecutivos, suxeito a unha dose efectiva máxima de 50 rnSv en calquera ano oficial.

2.      Sen prexuízo do disposto no apartado 1:

a)       O límite de dose equivalente para o cristalino será de 150 rnSv por ano oficial.

b)       O límite de dose equivalente para a pel será de 500 rnSv por ano oficial. O devandito limite aplicarase á dose promediada sobre calquera superficie de 1 crn´, con independencia da zona exposta.

c)       O límite de dose equivalente para as mans, antebrazos, pes e tobillos será de 500 rnSv por ano oficial.

 

Artigo 10. Protección especial durante o embarazo e a lactación.

 

1.      Tan pronto como unha muller embarazada comunique o seu estado ao titular da práctica, a protección do feto deberá ser comparable á dos membros do público. Por iso, as condicións de traballo da muller embarazada serán tales que a dose equivalente ao feto sexan tan baixa como sexa razoablemente posible, de forma que sexa improbable que a devandita dose exceda de 1 rnSv, polo menos dende a comunicación do seu estado ata o final do embarazo.

2.      Dende o momento en que unha muller, que se encontre en período de lactación, informe do seu estado ao titular da práctica, non se lle asignarán traballos que supoñan un riscos significativo de contaminación radioactiva. En tales supostos deberá asegurarse unha vixilancia adecuada da posible contaminación radioactiva do seu organismos.

 

Artigo 11. Límite de dose para persoas en formación e estudiantes.

 

1.      Os límites de dose para as persoas en formación e os estudiantes maiores de dezaoito anos que, durante os seus estudios, teñan que utilizar fontes, serán os mesmos que os dos traballadores expostos que se establecen no artigo 9.

2.      O límite de dose efectiva para persoas en formación e estudiantes con idades comprendidas entre dezaseis e dezaoito anos que, durante os seus estudios teñan que utilizar fontes, será de 6 rnSv por ano oficial.

Sen prexuízo deste límite de dose:

a)       O límite de dose equivalente para o cristalino será de 50 rnSv por ano oficial.

b)       O límite de dose equivalente para a pel será de 150 rnSv por ano oficial. O devandito límite aplicarase á dose promediada sobre calquera superficie de 1 crn´, con independencia da zona exposta.

c)       O límite de dose equivalente para as mans, antebrazos, pes e tobillos será de 150 rnSv por ano oficial.

4.      Os límites de dose para as persoas en formación e os estudiantes que non estean sometidos ás disposicións previstas nos apartados 1 e 2 serán os mesmos que os establecidos no artigo 13 para os membros do público.

 

Artigo 12. Exposición especialmente autorizada.

 

1.      En situacións excepcionais, excluídas as emerxencias radiolóxicas, o Consello de Seguridade nuclear poderá autorizar, para cada caso concreto, exposicións ocupacionais individuais superiores aos límites de dose establecidos no artigo 9. A situación que implique este risco terá a consideración de exposición especialmente autorizada.

2.      A autorización á que se refire o apartado anterior só se concederá cando as exposicións estean limitadas no tempo, se circunscriban a determinadas zonas de traballo e estean comprendidas dentro dos niveis máximos de dose por exposición que defina para ese caso concreto o Consello de Seguridade Nuclear. Teranse en conta as seguintes condicións:

a)       Só serán admitidos en exposicións especialmente autorizadas os traballadores expostos pertencentes á categoría A, definida no artigo 20.

b)       Non se autorizará a participación en exposicións especialmente autorizadas a:

1.      As mulleres embarazadas e aquelas que en período de lactación poidan sufrir unha contaminación corporal.

2.      As persoas en formación ou estudiantes.

c)       O titular da práctica deberá xustificar con antelación as devanditas exposicións e informar razoadamente aos traballadores involucrados, aos seus representantes, ao Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores, ao Servicio de Protección Radiolóxica ou a Unidade Técnica de Protección Radiolóxica ou, no seu defecto, ao Supervisor ou persoa á que se lle encomenden as funcións de protección radiolóxica.

d)       Antes de participar nunha exposición especialmente autorizada, os traballadores deberán recibir a información adecuada sobre os riscos que implique a operación e as precaucións que deberán adoptarse durante a mesma. A participación dos devanditos traballadores terá o carácter de voluntaria.

3.      A superación dos límites de dose como resultado de exposicións especialmente autorizadas non constituirá motivo para excluír ao traballador das súas ocupacións habituais ou cambialo de posto sen o seu consentimento. As condicións de exposición posteriores deberán someterse ao criterio do Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores.

 

Artigo 13. Límites de dose para os membros do público.

 

1.      O límite de dose efectiva para os membros do público será de 1 rnSv por ano oficial. Non obstante, en circunstancias especiais, o Consello de Seguridade Nuclear poderá autorizar un valor de dose efectiva máis elevado nun único ano oficial, sempre que o termo medio durante cinco anos oficiais consecutivos non exceda 1 rnSv por ano oficial.

2.      Sen prexuízo do disposto no apartado 1:

a)       O límite de dose equivalente para o cristalino será de 15 rnSv por ano oficial.

b)       O límite de dose equivalente para a pel será de 50 rnSv por ano oficial. O devandito límite aplicarase á dose promediada sobre calquera superficie cutánea de 1 cm, con independencia da superficie exposta.

 

 

TÍTULO III. Dose efectivas e equivalentes

 

CAPÍTULO ÚNICO. Estimación de dose efectivas e equivalentes

 índice^

Artigo 14. Criterios de estimación de dose.

 

Para a estimación das dose efectivas e equivalentes utilizaranse os valores e relacións a que se refire o presente título, a saber:

 

a)       Para a radiación externa, deberán usarse os valores e relacións do anexo 11 para estimas as dose efectivas e equivalentes pertinentes.

b)       Para a exposición interna procedente dun radionucleido ou dunha mestura de radionucleidos deberanse utilizar os valores e relacións dos anexos 11 e 111 co obxecto de estimar as dose efectivas.

O Consello de Seguridade Nuclear poderá autorizar o uso de métodos equivalentes.

 

 

TÍTULO IV. Principios fundamentais de protección operacional dos traballadores expostos, persoas en formación e estudiantes para a execución das prácticas

 

CAPÍTULO I. Protección operacional dos traballadores expostos

índice^ 

Artigo 15. Principios de protección dos traballadores expostos.

 

A protección operacional dos traballadores expostos basearase nos seguintes principios:

 

a)       Avaliación previa das condicións laborais para determinar a natureza e magnitude do risco radiolóxico e asegurar a aplicación do principio de optimización.

b)       Clasificación dos lugares de traballo en diferentes zonas, tendo en conta a avaliación das dose anuais previstas, o risco de dispersión da contaminación e a probabilidade e magnitude de exposicións potenciais.

c)       Clasificación dos traballadores expostos en diferentes categorías segundo as súas condicións de traballo.

d)       Aplicación das normas e medidas de vixilancia e control relativas ás diferentes zonas e ás distintas categorías de traballadores expostos, incluída, no seu caso, a vixilancia individual.

e)       Vixilancia sanitaria.

 

 

CAPÍTULO II. Prevención da exposición

 

SECCIÓN 1. CLASIFICACIÓN E DELIMITACIÓN DE ZONAS

índice^ 

Artigo 16. Establecemento de zonas.

 

A efectos de protección radiolóxica, o titular da práctica identificará e delimitará todos os lugares de traballo nos que exista a posibilidade de recibir dose efectivas superiores a 1 rnSv por ano oficial ou unha dose equivalente superior a 1/10 dos límites para o cristalino, a pel e as extremidades establecidos no apartado 2 do artigo 9, e establecerá as medidas de protección radiolóxica aplicables. As devanditas medidas deberán adaptarse á natureza das instalacións e das fontes, así como á magnitude e natureza dos riscos. O alcance dos medios de prevención e de vixilancia, así como a súa natureza e calidade, deberán estar en función dos riscos vinculados aos traballos que impliquen unha exposición ás radiacións ionizantes.

 

Artigo 17. Clasificación de zonas.

 

1.      O titular da práctica clasificará os lugares de traballo en función do risco de exposición e tendo en conta a probabilidade e a magnitude das exposicións potenciais, nas seguintes zonas:

 

a)       Zona controlada: É aquela zona na que:

1.      Exista a posibilidade de recibir dose efectivas superiores a 6 rnSv por ano oficial ou unha dose equivalente superior a 3/10 dos límites de dose equivalentes para o cristalino, a pel e as extremidades, segundo se establece no apartado 2 do artigo 9, ou

2.      Sexa necesario seguir procedementos de traballo co obxecto de restrinxir a exposición á radiación ionízante, evitar a dispersión de contaminación radioactiva ou previr ou limiar a probabilidade e magnitude de accidentes radiolóxicos ou as súas consecuencias.

b)       Zona vixiada: É aquela zona na que, non sendo zona controlada, exista a posibilidade de recibir dose efectivas superiores a 1 rnSv por ano oficial ou unha dose equivalente superior a 1/10 dos límites de dose equivalentes para o cristalino, a pel e as extremidades, segundo se establece no apartado 2 do artigo 9.

2.      Ademais, as zonas controladas poderanse subdividir nas seguintes:

a)       Zonas de permanencia limitada: Son aquelas nas que existe o risco de recibir unha dose superior aos límites de dose fixados no artigo 9.

b)       Zonas de permanencia regulamentada:  Son aquelas nas que existe o risco de recibir en curtos períodos de tempo unha dose superior aos límites de dose fixados no artigo 9 e que requiren prescricións especiais dende o punto de vista da optimización.

c)       Zonas de acceso prohibido: Son aquelas nas que existe o risco de recibir, nunha exposición única, dose superiores aos límites de dose fixados no artigo 9.

3.      A clasificación dos lugares de traballo nas zonas establecidas deberá estar sempre actualizada de acordo coas condicións reais existentes, polo que o titular da práctica someterá a revisión a clasificación de zonas baseándose nas variacións das condicións de traballo.

 

Artigo 18. Requisitos das zonas.

 

1.      Tendo en conta a natureza e a importancia dos riscos radiolóxicos, nas zonas controladas e vixiadas deberase realizar unha vixilancia radiolóxica do ambiente de traballo,  segundo o disposto no artigo 26. Ademais estas zonas:

a)       Estarán delimitadas adecuadamente e sinalizadas de maneira que quede de manifesto o risco de exposición existente nas mesmas. Esta sinalización efectuarase de acordo co especificado no anexo M.

b)       O acceso estará limitado ás persoas autorizadas ao efecto e que recibiran as instruccións adecuadas ao risco existente no interior das devanditas zonas. Nas zonas controladas, estas instruccións serán acordes cos procedementos de traballo establecidos por escrito polo titular da práctica.

 

2.      Nas zonas controladas nas que exista:

a)       Risco de exposición externa será obrigatorio o uso de dosímetros individuais.

b)       Risco de contaminación, será obrigatoria a utilización de equipos persoais de protección adecuados ao riscos existente. Á saída destas zonas existirán detectores adecuados para comprobar a posible contaminación de persoas e equipos e, no seu caso, poder adoptar as medidas oportunas.

 

3.      Nas zonas vixiadas debe efectuarse, polo menos, mediante dosimetría de área, unha estimación das dose que poden recibirse.

 

4.      O titular da práctica é o responsable de que se cumpra o establecido nos apartados 1, 2 e 3 anteriores e de que isto se realice coa supervisión do Servicio de Protección Radiolóxica ou a Unidade Técnica de Protección Radiolóxica ou, no seu defecto, do Supervisor ou persoa á que se lle encomenden as funcións de protección radiolóxica.

 

 

SECCIÓN II. CLASIFICACIÓN DE TRABALLADORES EXPOSTOS

  índice^ 

Artigo 19. Límite de idade para traballadores expostos.

 

Sen prexuízo do disposto no apartado 2 do artigo 11, non poderán asignarse aos menores de dezaoito anos tarefas que puideran convertelos en traballadores expostos.

 

Artigo 20. Clasificación de traballadores expostos.

 

Por razóns de vixilancia e control radiolóxico, o titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa será responsable de clasificar aos traballadores expostos en dúas categorías.

 

Categoría A. Pertencen a esta categoría aquelas persoas que, polas condicións nas que se realiza o seu traballo, poidan recibir unha dose efectiva superior a 6 irnSv por ano oficial ou unha dose equivalente superior a 3/10 dos límites de dose equivalente para o cristalino, a pel e as extremidades, segundo se establece no apartado 2 do artigo 9.

 

Categoría B. Pertencen a esta categoría aquelas persoas que, polas condicións nas que se realiza o seu traballo, é moi improbable que reciban dose superiores a 6 irnSv por ano oficial ou a 3/10 dos límites de dose equivalente para o cristalino, a pel e as extremidades, segundo se establece no apartado 2 do artigo 9.

 

 

 

SECCIÓN III. INFORMACIÓN E FORMACIÓN

índice^ 

Artigo 21. Información e formación.

 

1.      O titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa deberá informar, antes de iniciar a súa actividade, aos seus traballadores expostos, persoas en formación e estudiantes que, durante os seu estudios, teñan que utilizar fontes, sobre:

 

a)       Os riscos radiolóxicos asociados e a importancia que reviste o cumprimento dos requisitos técnicos, médicos e administrativos.

b)       As normas e procedementos de protección radiolóxica e precaucións que deben adoptar, polo que respecta á práctica en xeral e a cada tipo de destino ou posto de traballo que se lles poida asignar.

c)       No caso de mulleres, a necesidade de efectuar rapidamente a declaración de embarazo e notificación de lactación, habida conta dos riscos de exposición para o feto, así como o risco de contaminación do lactante no caso de contaminación radioactiva corporal.

 

2.      O titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa deberá proporcionar aos traballadores expostos persoas en formación e estudiantes, antes de iniciar a súa actividade e periodicamente, formación en materia de protección radiolóxica a un nivel adecuado á súa responsabilidade e ao risco de exposición ás radiacións ionizantes no seu posto de traballo.

 

 

SECCIÓN IV. AVALIACIÓN E APLICACIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN RADIOACTIVA.

índice^ 

Artigo 22. Aplicación das medidas de protección radiolóxica dos traballadores expostos.

 

O titular da práctica será responsable de que o exame e control dos dispositivos e técnicas de protección e dos instrumentos de medición se efectúen de acordo cos procedementos establecidos, e coa supervisión do Servicio de Protección Radiolóxica ou a Unidade Técnica de Protección Radiolóxica ou , no seu defecto, do Supervisor ou persoa á que se lle encomenden as funcións de protección radiolóxica, e comprenderá en particular:

 

a)       O exame crítico previo dos proxectos da instalación dende o punto de vista da protección radiolóxica.

b)       A autorización de posta en servicio de fontes novas ou modificadas dende o punto de vista da protección radiolóxica.

c)       A comprobación periódica da eficacia dos dispositivos e técnicas de protección.

d)       A calibración, verificación e comprobación periódica do bo estado e funcionamento dos instrumentos de medición.

 

Artigo 23. Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica.

 

O Consello de Seguridade Nuclear, considerando o risco radiolóxico, poderá esixir aos titulares das prácticas recollidas no artigo 2 que se doten dun Servicio de Protección Radiolóxica (SPR) ou que contraten cunha Unidade Técnica de Protección Radiolóxica (UTPR), para que lles proporcionen asesoramento específico en protección radiolóxica e encomendarlles as funcións nesta materia que en eles recaen segundo este regulamento.

 

Artigo 24. Autorización e organización dos Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica.

 

1.      Os Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica deberán ser expresamente autorizados polo Consello de Seguridade Nuclear e estarán constituídos polo Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica e por técnicos expertos en protección radiolóxica.

 

2.      Os Servicios de Protección Radiolóxica organizaranse e actuarán independentemente do resto de unidades funcionais e o Xefe deste Servicio manterá unha dependencia funcional directa co titular ou, no seu caso, persoa en que recaia a máxima responsabilidade dentro da instalación ou centro. Todo isto sen prexuízo da coordinación necesaria cos Servicios de Prevención establecidos na lexislación laboral.

 

3.      Os Servicios e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica poderán actuar en máis dunha instalación cando estean autorizados ao efecto polo Consello de Seguridade Nuclear.

 

Artigo 25. Acreditación e obrigas do Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica.

 

1.      O Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica deberá estar en posesión dun diploma, expedido polo Consello de Seguridade Nuclear, que lle habilite ao efecto.

 

2.      O Xefe de Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica deberá velar polo cumprimento deste Regulamento. No suposto de que este non se cumprira, estará obrigado a comunicarllo por escrito ao titular da práctica, mantendo o correspondente rexistro a disposición da Inspección. Da mesma maneira requirirá por escrito ao titular da práctica a paralización dos traballos ou o desaloxo dunha área, cando ao seu xuízo estime que non se cumpren os debidos requisitos de protección radiolóxica.

 

 

 

CAPÍTULO III. Avaliación da exposición

 

SECCIÓN I. VIXILANCIA DO AMBIENTE DE TRABALLO

 índice^

Artigo 26. Vixilancia do ambiente de traballo.

 

1.      A vixilancia radiolóxica do ambiente de traballo á que fai referencia o apartado 1 do artigo 18 comprenderá:

a)       A medición das taxas de dose externas, especificando a natureza e calidade das radiacións das que se trate.

b)       A medición das concentracións de actividade no aire e a contaminación superficial, especificando a natureza das sustancias radioactivas contaminantes e os seus estados físico e químico.

2.      Os documentos correspondentes ao rexistro, avaliación e resultado da devandita vixilancia deberán ser arquivados polo titular da práctica, quen os terá a disposición da autoridade competente.

3.      Cando sexa adecuado, os resultados destas medidas usaranse para estimar as dose individuais, de acordo co que se establece no artigo 30.

 

 

SECCIÓN II. VIXILANCIA INDIVIDUAL

índice^

Artigo 27. Vixilancia individual.

 

1.      As dose recibidas polos traballadores expostos deberán determinarse de acordo co establecido nos artigos 28 e 29 cando as condicións de traballo sexan normais, cunha periodicidade non superior a un mes, para a dosimetría externa, e coa periodicidade que, en cada caso, se estableza para a dosimetría interna, de aqueles traballadores que están expostos a risco de incorporación de radionucleidos.

2.      A dosimetría individual, tanto externa como interna, será efectuada polos Servicios de Dosimetría Persoal expresamente autorizados polo Consello de Seguridade Nuclear.

3.      O titular da práctica ou, no seu caso, a empresa externa transmitirá os resultados dos controis dosimétricos ao Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores, a quen corresponderá interpretalos dende  o punto de vista sanitario. En caso de urxencia, a devandita transmisión deberá ser inmediata.

 

Artigo 28. Estimación das dose dos traballadores de categoría A.

 

En relación cos traballadores expostos pertencentes á categoría A será obrigatorio:

 

a)       En caso de risco de exposición externa, a utilización de dosímetros individuais que midan a dose externa, representativa da dose para a totalidade do organismo durante toda a xornada laboral.

b)       No caso de risco de exposición parcial ou non homoxénea do organismo, a utilización de dosímetros adecuados nas partes potencialmente máis afectadas.

c)       No caso de risco de contaminación interna, a realización das medidas ou análise pertinentes para avaliar as dose correspondentes.

 

Artigo 29. Estimación das dose dos traballadores de categoría B.

 

As dose individuais recibidas polos traballadores expostos pertencentes á categoría B poderanse estimar a partir dos resultados da vixilancia realizada no ambiente de traballo que se establece no artigo 26, sempre e cando estes permitan demostrar que os devanditos traballadores están clasificados correctamente na  categoría B.

 

Artigo 30. Estimacións especiais de dose.

 

Nos casos nos que non sexa posible ou resulten inapropiadas as medicións individuais, a vixilancia individual basearase nunha estimación realizada a partir de medicións individuais feitas a outros traballadores expostos ou a partir dos resultados da vixilancia do ambiente de traballo prevista no artigo 26, facéndose constar expresamente este feito no historial dosimétrico do traballador.

 

Artigo 31. Sistemática aplicable á dosimetría de área.

 

A sistemática para o uso de dosímetros ou instrumentos utilizados para a dosimetría de área e o procedemento de asignación de dose asociado deberá incluírse nun protocolo escrito suxeito á avaliación e inspección do Consello de Seguridade Nuclear.

 

Artigo 32. Estimación de dose en exposicións accidentais e de emerxencia.

 

No caso de exposicións accidentais avaliaranse as dose asociadas e a súa distribución no corpo. En caso de exposicións de emerxencia realizarase unha vixilancia individual ou avaliacións das dose individuais en función das circunstancias.

 

Artigo 33. Superación dos límites de dose.

 

Cando a consecuencia dunha exposición especialmente autorizada, exposición accidental ou exposición de emerxencia se puideran ter superado os límites de dose fixados no artigo 9, deberá realizarse un estudio para avaliar, coa maior rapidez e precisión posible, as dose recibidas na totalidade do organismos ou nas rexións ou órganos afectados.

 

Estes casos e os resultados do estudio serán inmediatamente postos en coñecemento do Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores, do Consello de Seguridade Nuclear e do traballador afectado.

 

 

SECCIÓN III. REXISTRO E NOTIFICACIÓN DE RESULTADOS

índice^ 

Artigo 34. Historial dosimétrico e rexistros adicionais.

 

1.      Será obrigatorio rexistrar todas as dose recibidas durante a vida laboral dos traballadores expostos nun historial dosimétrico individual, que se manterá debidamente actualizado e estará, en todo momento, a disposición do propio traballador.

A estes efectos, será tamén obrigatorio rexistrar, conservar e manter a disposición do traballador os seguintes documentos:

 

a)       No caso das exposicións ás que se refiren os artigos 32 e 33, os informes relativos ás circunstancias e ás medidas adoptadas.

b)       Os resultados da vixilancia do ambiente de traballo que se utilizaran para estimar as dose individuais.

 

2.      O historial dosimétrico de todo traballador exposto de categoría A deberá figurar, ademais, no seu historial médico ao que se refire o artigo 44.

 

Artigo 35. Contido do historial dosimétrico.

 

No historial dosimétrico correspondente a traballadores da categoría A rexistraranse as dose mensuais, as dose acumuladas en cada ano oficial e as dose acumuladas durante cada período de cinco anos oficiais consecutivos. No caso de traballadores da categoría B, rexistraranse as dose anuais determinadas ou estimadas.

 

Artigo 36. Rexistro das dose por exposición especialmente autorizada, accidente ou emerxencia.

 

Toda dose recibida como consecuencia dunha exposición especialmente autorizada deberá quedar consignada como tal no historial dosimétrico, especificando, no seu caso, as incorporacións de radionucleidos no organismo. Estas dose, así como as recibidas por exposicións de accidente ou de emerxencia, figurarán no historial dosimétrico, rexistradas por separado das recibidas durante o traballo en condicións normais.

 

 

 

 

Artigo 37. Comunicación de dose.

 

1.      Os traballadores expostos que o sexan en máis dunha actividade ou instalación estarán obrigados a dar conta expresa de tal circunstancia ao Xefe de Servicio de Protección Radiolóxica ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica ou, no seu defecto, ao Supervisor ou persoa que teña encomendadas as funcións de protección radiolóxica de cada un dos centros nos que traballen, ao obxecto de que en todos eles conste, actualizado e completo, o seu historial dosimétrico individual. A tal fin, o traballador deberá comunicar en cada actividade os resultados dosimétricos que se lle proporcionen nas demais.

2.      No caso de cambio de emprego, o traballador deberá proporcionar copia certificada do seu historial dosimétrico ao titular do seu novo destino.

 

Artigo 38. Arquivo de documentación.

 

1.      O historial dosimétrico dos traballadores expostos, os documentos correspondentes á avaliación de dose e ás medidas dos equipos de vixilancia, nos supostos do artigo 34, e os informes referentes ás circunstancias e medidas adoptadas nos casos de exposición accidental ou de emerxencia, segundo se contempla no artigo 32 deste Regulamento, deberán ser arquivados polo titular da práctica, ata que o traballador cumpra a idade de setenta e cinco anos, e nunca por un período inferior a trinta anos, contados a partir da data de cese do traballador naquelas actividades que supoñeren a súa clasificación como traballador exposto.

2.      O titular da práctica facilitará esta documentación ao Consello de Seguridade Nuclear e, en función das súas propias competencias, ás Administracións Públicas, nos supostos previstos nas Leis, e a os Xulgados e Tribunais que a soliciten.

3.      No caso de que o traballador exposto cese no seu emprego, o titular da práctica deberá proporcionarlle unha copia certificada do seu historial dosimétrico.

4.      Ao producirse o cese definitivo nas prácticas reguladas por este Regulamento, os titulares das mesmas farán entrega ao Consello de Seguridade Nuclear dos expedientes referidos no parágrafo primeiro deste artigo.

5.      No caso de traballadores externos, será a empresa externa da que dependa o mesmo a responsable de cumprir o establecido no presente artigo.

 

CAPÍTULO IV. Vixilancia sanitaria dos traballadores expostos

 

SECCIÓN I. VIXILANCIA SANITARIA DOS TRABALLADORES EXPOSTOS

índice^ 

Artigo 39. Vixilancia sanitaria dos traballadores expostos.

 

A vixilancia sanitaria dos traballadores expostos basearase nos principios xerais de Medicina do Traballo e na Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre Prevención de Riscos Laborais, e Regulamentos que a desenvolven.

 

Artigo 40. Exames de saúde.

 

1.      Toda persoa que vaia ser clasificada como traballador exposto de categoría A deberá ser sometida a un exame de saúde previo, que permita comprobar que non está incursa en ningunha das incompatibilidades que legalmente estean determinadas e decidir a súa aptitude para o traballo.

 

2.      Os traballadores expostos de categoría A estarán sometidos, ademais, a exames de saúde periódicos que permitan comprobar que seguen a ser aptos para exercer as súas funcións. Estes exames realizaranse cada doce meses e máis frecuentemente, se o fixera necesario, a criterio médico, o estado de saúde do traballador, as súas condicións de traballo ou os incidentes que poidan acontecer.

 

Artigo 41. Exame de saúde previo.

 

O exame médico de saúde previo de toda persoa que vaia ser destinada a un posto de traballo que implique un risco de exposición que supoña a súa clasificación como traballador exposto de categoría A terá por obxecto a obtención dunha historia clínica que inclúa o coñecemento do tipo de traballo realizado anteriormente e dos riscos a que teña estado exposto como consecuencia de el e, no se caso, do historial dosimétrico que deber ser aportado polo traballador.

Artigo 42. Exames de saúde periódicos.

 

1.      Os recoñecementos médicos periódicos dos traballadores expostos de categoría A estarán adaptados ás características da exposición ás radiacións ionizantes ou da posible contaminación interna ou externa e comprenderán un exame clínico xeral e aqueles outros exames necesarios para determinar o estado dos órganos expostos e as súas funcións.

2.      O Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores poderá determinar a conveniencia de que se prolongue durante o tempo que estime necesario, a vixilancia sanitaria dos traballadores de categoría A que foran posteriormente declarados non aptos ou cesaran nesa actividade profesional.

 

Artigo 43. Clasificación médica.

 

1.      Dende o punto de vista médico e de acordo co resultado dos recoñecementos oportunos os traballadores expostos de categoría A clasificaranse como:

a)       Aptos: Aqueles que poden realizar as actividades que implican risco de exposición asociado ao posto de traballo.

b)       Aptos, en determinadas condicións: Aqueles que poden realizar as actividades que implican risco de exposición asociado ao posto de traballo, sempre que se cumpran as condicións que ao efecto se establezan, baseándose en criterios médicos.

c)       Non aptos: Aqueles que deben manterse separados de postos que impliquen risco de exposición.

2.      Non se poderá empregar ou clasificar a ningún traballador nun posto específico como traballador da categoría A durante ningún período se as conclusións médicas non o consideran apto para o devandito posto específico.

 

Artigo 44. Historial médico.

 

1.      A cada traballador exposto de categoría A  lle será aberto un historial médico, que se manterá actualizado durante todo o tempo que o interesado pertenza á devandita categoría, e que haberá de conter, polo menos, as informacións referentes á natureza do emprego, os resultados dos exames médicos previos á contratación ou clasificación como traballador de categoría A, os recoñecementos médicos periódicos e eventuais, e o historial dosimétrico de toda a súa vida profesional.

2.      Estes historiais médicos arquivaranse ata que o traballador alcance os setenta e cinco anos de idade e, en ningún caso, durante un período inferior a trinta anos despois do cese da actividade, nos Servicios de Prevención que desenvolvan a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores correspondentes aos centros nos que aquelas persoas presten o prestaran os seu servicios, e estarán a disposición da autoridade competente e do propio traballador.

 

 

SECCIÓN II. VIXILANCIA ESPECIAL DOS TRABALLADORES EXPOSTOS

índice^ 

Artigo 45. Vixilancia sanitaria especial.

 

En caso de superación ou sospeita fundada de superación de algún dos límites de dose establecidos no artigo 9, deberase realizar unha vixilancia sanitaria especial. As condicións posteriores de exposición someteranse ao establecido polo Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores.

 

Artigo 46. Medidas adicionais.

 

1.      Ademais da vixilancia sanitaria descrita nos artigos anteriores, aplicaranse outras medidas que o Servicio de Prevención que desenvolva a función de vixilancia e control da saúde dos traballadores considere adecuadas, como outros exames, medidas de descontaminación ou tratamento terapéutico de urxencia e, no caso necesario, atención e tratamento médico nos Servicios de asistencia aos lesionados e contaminados por isótopos radioactivos e radiacións ionizantes que a tal efecto sexan autorizados pola autoridade sanitaria nas respectivas Comunidades Autónomas. As autorizacións concedidas ao amparo deste parágrafo comunicaranse ao Consello de Seguridade Nuclear e ao Ministerio de Sanidade e Consumo.

2.      O Ministerio de Sanidade e Consumo manterá un catálogo e rexistro xeral destes Centros aos efectos previstos nos artigos 15.2 e 40.9 da Lei 14/1986, de 25 de abril, Xeral de Sanidade.

 

 

 

SECCIÓN III. RECURSOS

índice^ 

Artigo 47. Recursos.

 

As declaracións en materia de aptitude dos traballadores e os recursos que contra as mesmas procedan rexeranse polo establecido na lexislación sanitaria e laboral aplicable.

 

 

 

CAPÍTULO V. Normas de protección para persoas en formación e estudiantes

índice^ 

Artigo 48. Normas de protección para persoas en formación e estudiantes.

 

1.      As condicións de exposición e a protección operacional das persoas en formación e os estudiantes maiores de dezaoito anos, mencionados no apartado 1 do artigo 11, serán, segundo o caso, equivalentes ás dos traballadores expostos de categoría A ou B, definidas no artigo 20.

2.      As condicións de exposición e a protección operacional das persoas en formación e os estudiantes con idades comprendidas entre dezaseis e dezaoito anos, mencionados no apartado 2 do artigo 11, serán equivalentes ás dos traballadores expostos da categoría B, definida no artigo 20.

 

 

 

TÍTULO V. Protección radiolóxica da poboación en circunstancias normais.

 

CAPÍTULO ÚNICO. Medidas fundamentais de vixilancia

 

Artigo 49. Principios básicos.

 

A protección dos membros do público e da poboación no seu conxunto realizarase mediante as medidas e controis necesarios para que as prácticas se leven a cabo de acordo cos principios establecidos no artigo 4 e cos principios fundamentais que rexen a protección da poboación establecidos no artigo 50.

 

Artigo 50. Principios xerais.

 

1.      A protección da poboación en condicións normais basearase nos principios seguintes:

a)       A contribución das prácticas á exposición da poboación no seu conxunto deberá manterse no valor máis baixo que sexa razoablemente posible, tendo en conta factores económicos e sociais.

b)       O titular da práctica realizará os estudios adecuados a cada caso conducentes a confirmar que o risco de exposición a que puidera estar sometida a poboación como consecuencia das súas actividades non é significativo dende o punto de vista da protección radiolóxica.

c)       As prácticas deberán ser proxectadas convenientemente para evitar ou reducir ao mínimo razoablemente posible a evacuación ao medio ambiente de efluentes radioactivos.

d)       Sobre a base dos estudios mencionados, na correspondente autorización administrativa especificarase se deber dispoñerse dun sistema específicos de vixilancia para avaliar e controlar, durante o exercicio da actividade, as dose que puideran ser recibidas polo público.

2.      A vixilancia basearase fundamentalmente na avaliación das dose que puideran ser recibidas pola poboación e estará adecuada ao risco que impliquen as actividades.

 

Artigo 51. Evacuación de efluentes e residuos sólidos.

 

Toda evacuación de efluentes e residuos sólidos radioactivos ao medio ambiente requirirá autorización expresa do Ministerio de Economía, previo informe do Consello de Seguridade Nuclear, e axustarase aos límites e condicións que na mesma se establezan atendendo ás características da práctica.

 

A este obxecto, o solicitante da autorización achegará os estudios adecuados a cada caso, relativos ao vertido de efluentes radioactivos ao medio ambiente e á capacidade de recepción de contaminantes radioactivos da zona en función das súas características.

 

Artigo 52. Niveis de emisión de efluentes.

 

Os niveis de actividade para a emisión de efluentes radioactivos ao medio ambiente deberán ser tales que as concentracións de actividade dos radionucleidos neles contidos e as dose susceptibles de ser recibidas pola poboación á que potencialmente poida afectar sexan as máis baixas razoablemente posibles, tendo en conta factores económicos e sociais. Os devanditos niveis serán sempre inferiores aos límites especificados para os membros do público no artigo 13 deste Regulamento e, no seu caso, a aqueles outros valores inferiores que estiveran establecidos polo Consello de Seguridade Nuclear.

 

Artigo 53. Estimación das dose recibidas pola poboación.

 

1.      O titular de cada práctica realizará unha estimación, de modo regular e da forma máis realista posible, das dose recibidas pola poboación no seu conxunto e polos grupos de referencia en todos os lugares onde tales grupos poidan existir. Os resultados de tales estimacións que, no caso de grupos de referencia realizaranse, polo menos, cunha periodicidade anual, serán enviados ao Consello de Seguridade Nuclear.

2.      As estimacións de dose ás que se refire o apartado 1 anterior incluirán, entre outros aspectos:

a)       A avaliación das exposicións externas, indicando, segundo os casos, o tipo e a  calidade das radiacións en cuestión.

b)       A avaliación da incorporación de radionucleidos, indicando a natureza e os estados físico e químico das sustancias radioactivas contaminantes, así como a determinación da súa actividade e a súa concentración de actividade.

c)       A especificación das características dos grupos de referencia da poboación, tendo en conta as vías efectivas de transferencia das sustancias radioactivas.

 

Artigo 54. Arquivo.

 

Os documentos relativos á medición da exposición externa e ás estimacións da incorporación de radionucleidos e da contaminación radioactiva, así como os resultados da avaliación das dose recibidas polos grupos de referencia e pola poboación, deben arquivarse polo titular.

 

Artigo 55. Equipamento en relación cos efluentes e residuos sólidos.

 

As prácticas que poidan dar lugar a efluentes e a residuos radioactivos sólidos que supoñan un risco radiolóxico significativo deberán estar equipadas cos necesarios sistemas independentes e específicos de almacenamento, tratamento e, no seu caso, evacuación, cuxo funcionamento será obxecto de revisións adecuadas para evitar descargas incontroladas.

 

Artigo 56. Almacenamento de residuos.

 

1.      O almacenamento de residuos radioactivos deberá levarse a cabo confinándoos en recipientes cunhas características que proporcionen unha protección suficiente contra as radiacións ionizantes, tendo en conta as condicións do lugar de almacenamento e a posible dispersión ou fuga do material radioactivo.

2.      Os recipientes que conteñan residuos radioactivos estarán sinalizados adecuadamente.

3.      Así mesmo, o titular levará un rexistro no que se consignarán para cada recipiente os datos fisicoquímicos máis relevantes de contido e, como mínimo, os valores máximos do nivel de exposición en contacto e a 1 metro de distancia da superficie, así como a data da última medición e, a se posible, a actividade.

 

Artigo 57. Responsabilidades.

 

1.      O titular da práctica será responsable de que todas as operacións se leven a cabo de acordo co establecido no artigo 49 e, en particular, de realizar as seguintes tarefas dentro das súas instalacións.

a)       Consecución e mantemento dun nivel de protección óptimo do medio ambiente e da poboación.

b)       Comprobación da eficacia dos dispositivos técnicos de protección do medio ambiente e da poboación.

c)       Posta en servicio dos equipos e procedementos de medición necesarios para a protección radiolóxica da poboación e do medio ambiente, e no seu caso, avaliación da exposición e da contaminación radioactiva do medio ambiente e da poboación.

d)       Calibración, verificación e comprobación periódica do bo estado e funcionamento dos instrumentos de medición.

2.      A execución destas tarefas levarase a cabo de acordo con procedementos establecidos e coa supervisión do Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica previstos nos artigos 23 e 24 ou, no seu defecto, do Supervisor ou persoa á que se lle encomenden as función de protección radiolóxica.

 

 

TÍTULO VI. Intervencións

 

CAPÍTULO I. Principios xerais

 índice^

 

Artigo 58. Aplicación.

 

1.      O presente título aplicarase a toda intervención en caso de emerxencia radiolóxica ou en caso de exposición perdurable.

2.      O Consello de Seguridade Nuclear asegurará que a aplicación e a magnitude das intervencións se realicen observando os seguintes principios:

a)       Só se emprenderá unha intervención cando a reducción do detrimento da saúde debida á radiación sexa suficiente para xustificar os efectos nocivos e os custes da intervención, incluídos os custes sociais.

b)       A forma, magnitude e duración da intervención deberán optimizarse de maneira que sexa máximo o beneficio correspondente á reducción do detrimento da saúde, unha vez deducido o prexuízo asociado á intervención.

c)       Os límites de dose, con arranxo aos artigos 8 a 13, non se aplicarán en caso de intervención, pero nos casos de exposición perdurable regulados polo artigo 61, os límites das dose establecidos no artigo 9 serán de aplicación aos traballadores que realicen as intervencións. O Consello de Seguridade Nuclear establecerá niveis de intervención que constituirán indicacións para determinar en qué situacións é adecuada unha intervención.

 

 

CAPÍTULO II. Intervención en caso de emerxencia radiolóxica

 índice^

Artigo 59. Aplicación da intervención en caso de emerxencia radiolóxica.

 

1.      As actuacións a levar a cabo nos casos de emerxencia radiolóxica en centrais nucleares de potencia serán as establecidas nos planes de emerxencia interior das mesmas, así como nos correspondentes planes de emerxencia exterior de Protección Civil, derivados do Plan Básico de Emerxencia Nuclear.

2.      Para o resto das instalacións nucleares e radioactivas e para outras actividades distintas das anteriores, as actuacións a levar a cabo serán as establecidas tanto nos planes de emerxencia interior o de autoprotección de cada instalación ou actividade, como nos planes de emerxencia radiolóxica derivados das directrices básicas de planificación e outras normas de Protección Civil que correspondan.

 

Artigo 60. Exposición de emerxencia.

 

1.      O Consello de Seguridade Nuclear establecerá os niveis de exposición de emerxencia tendo en conta as necesidades técnicas e os riscos para a saúde.

2.      Nos casos excepcionais poderán admitirse exposicións por encima destes niveis especiais para salvar vidas humanas e soamente a cargo de persoal voluntario que sexa informado dos riscos da súa intervención, tendo en conta o establecido no Acordo do Consello de Ministros do 1 de outubro de 1999, relativo á información do público sobre medidas de protección sanitaria aplicables e sobre o comportamento a seguir no caso de emerxencia radiolóxica.

3.      O persoal que participe nunha intervención en caso de emerxencia radiolóxica deberá someterse a un control dosimétrico e unha vixilancia sanitaria especial, que se desenvolverá especificamente na normativa citada no artigo anterior.

 

CAPÍTULO III.  Intervención en caso de exposición perdurable

índice^ 

Artigo 61. Aplicación da intervención en caso de exposición perdurable.

 

En caso de intervención en situacións de exposición perdurable, e en función dos riscos que entrañe a exposición, a autoridade competente, previo informe do Consello de Seguridade Nuclear, deberá:

a)       Delimitar a zona afectada.

b)       Aplicar un sistema de vixilancia das exposicións.

c)       Realizar as intervencións oportunas tendo en conta as características da situación.

d)       Regular o acceso e o uso dos terreos ou edificios situados dentro da zona delimitada.

 

 

TÍTULO VII.  Fontes naturais de radiación

 

CAPÍTULO ÚNICO. Incremento significativo da exposición debida a fontes naturais de radiación

 índice^

Artigo 62. Aplicación.

 

1.      A autoridade competente, co asesoramento do Consello de Seguridade Nuclear, requirirá aos titulares das actividades laborais, non reguladas no apartado 1 do artigo 2, nas que existan fontes naturais de radiación, que realicen os estudios necesarios a fin de determinar se existe un incremento significativo da exposición dos traballadores ou dos membros do público que non poda considerarse desprezable dende o punto de vista da protección radiolóxica.

Entre as actividades que deben ser sometidas á devandita revisión inclúense as seguintes:

a)       Actividades laborais nas que os traballadores e, no seu caso, os membros do público estean expostos á inhalación de descendentes de torón ou de radón, á radiación gamma ou a calquera outra exposición en lugares de traballo tales como establecementos termais, covas, minas, lugares de traballo subterráneos ou non subterráneos en áreas identificadas.

b)       Actividades laborais que impliquen o almacenamento ou a manipulación de materiais que habitualmente non se consideran radioactivos pero que conteñan radionucleidos naturais que provoquen un incremento significativo da exposición dos traballadores e, no seu caso, de membros do público.

c)       Actividades laborais que impliquen exposición á radiación cósmica durante a operación de aeronaves.

2.      Os estudios aos que se refire o apartado 1 realizaranse seguindo as instruccións dadas pola autoridade competente, que estarán suxeitas ás orientacións que o Consello de Seguridade Nuclear estableza ao efecto.

 

Artigo 63. Fontes terrestres de radiación natural.

 

1.      A autoridade competente remitirá ao Consello de Seguridade Nuclear os resultados dos estudios realizados ao amparo do artigo 62. O Consello de Seguridade Nuclear, á vista dos mesmos, identificará aquelas actividades laborais que deban ser obxecto de especial atención e estar suxeitas a control. En consecuencia, definirá aquelas actividades laborais que deban posuír dispositivos adecuados de vixilancia das exposicións, e cando sexa necesario, establecerá:

a)       A aplicación de accións correctoras destinadas a reducir as exposicións de acordo, total ou parcialmente, co Título VI.

b)       A aplicación de medidas de protección radiolóxica de acordo, total ou parcialmente, cos títulos II, III, IV, e V,   O réxime de declaración ou autorización.

2.      O Consello de Seguridade Nuclear poñerá en coñecemento da autoridade competente as conclusións e medidas necesarias como consecuencia do indicado no apartado 1 do presente artigo para esixir a súa aplicación aos titulares.

 

Artigo 64. Tripulación de avións.

 

As compañías aéreas terán que considerar un programa de protección radiolóxica cando as exposicións á radiación cósmica do persoal de tripulación de avións poidan resultar nunha dose superior a 1 rnSv por ano oficial. Este programa contemplará, en particular:

a)       Avaliación da exposición do persoal implicado.

b)       Organización dos planos de traballo a fin de reducir a exposición no caso do persoal de tripulación máis exposto.

c)       Información aos traballadores implicados sobre os riscos radiolóxicos asociados ao seu traballo.

d)       Aplicación do artigo 10 ao persoal feminino de tripulación aérea.

 

 

TÍTULO VIII. Inspección

 

CAPÍTULO ÚNICO. Réxime de inspección e obrigas do titular.

 índice^

Artigo 65. Réxime de inspección.

 

1.      Todas as prácticas, actividades e entidades que se mencionan no artigo 2 deste Regulamento quedarán sometidas a un réxime de inspección, a realizar polo Consello de Seguridade Nuclear, dende o punto de vista da protección contra as radiacións ionizantes.

2.      Serán tamén inspeccionados polo Consello de Seguridade Nuclear os Servicios ou Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica e os Servicios de Dosimetría Persoal, a fin de garantir o mantemento das condicións nas que foron autorizados e a adecuación das súas actuacións.

3.      O resultado das inspeccións farase constar en acta.

4.      Os Inspectores serán considerados como axentes da autoridade aos efectos sinalados no Código Penal en todo o relativo ao exercicio do seu cargo.

 

Artigo 66. Actuacións inspectoras.

 

A Inspección do Consello de Seguridade Nuclear encargarase de verificar o cumprimento das disposicións legais e de todas aquelas especificacións en materia de protección radiolóxica que se estableceran nas correspondentes autorizacións regulamentarias.

 

Artigo 67. Obrigas do titular.

 

O titular de toda práctica e actividade incluída no ámbito de aplicación deste Regulamento, así como das entidades referenciadas no artigo 65, virá obrigado a permitir ou facilitar á Inspección do Consello de Seguridade Nuclear:

a)       O acceso aos lugares que os Inspectores consideren necesarios para o cumprimento da súa labor.

b)       A instalación do equipo ou instrumentación que se requira para realizar as probas e comprobacións necesarias.

c)       A información, documentación, equipos e elementos existentes que sexan precisos para o cumprimento da súa misión.

d)       A toma de mostras suficiente para realizar os análise e comprobacións pertinentes. A petición do titular da práctica deberá deixarse en poder do mesmo unha mostra de contraste debidamente precintada e marcada.

 

Artigo 68. Actuacións en caso de risco.

 

Os Inspectores do Consello de Seguridade Nuclear quedan facultados para requirir a suspensión inmediata das prácticas que, realizándose sen observar as disposicións deste Regulamento impliquen, ao seu xuízo, manifesto perigo para as persoas e o medio ambiente. Tales actuacións faranse constar en acta coas precisións necesarias.

 

 

TÍTULO IX. Réxime sancionador

 

CAPÍTULO ÚNICO. Réxime sancionador

índice^ 

Artigo 69. Infraccións e sancións.

 

1.      Sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou de outra orde nas que poidan incorrer os titulares de prácticas reguladas no mesmo, a inobservancia do disposto no presente Regulamento será constitutiva das infraccións previstas no capítulo XIV da Lei 25/1964, do 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, modificado pola disposición adicional quinta da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector Eléctrico.

2.      Ademais, a inobservancia do disposto no presente Regulamento será constitutiva das infraccións seguintes, clasificadas en leves, graves e moi graves.

a)       Considéranse infraccións moi graves:

1.      O exercicio de calquera práctica prevista no presente Regulamento que requira licencia ou autorización específica e non se poida considerar exenta, sen a oportuna licencia ou autorización, sempre que supoña un risco grave para a vida ou a saúde das persoas, ou para o medio ambiente, ou para a seguridade das cousas.

2.      Non dispoñer dos sistemas adecuados para almacenamento, tratamento e, no seu caso evacuación de efluentes e residuos sólidos ou evacuar estes sen autorización ou superando os niveis autorizados para a emisión, sempre que de estas conductas se derive un risco grave para as persoas ou o medio ambiente.

3.      Non respectar os límites de dose establecidos para cada suposto no presente Regulamento, cando de iso se derive un risco grave para a vida e a saúde das persoas.

b)       Considéranse infraccións graves:

1.      O exercicio de calquera práctica prevista no presente Regulamento que requira licencia ou autorización específica e non se poida considerar exenta, sen a oportuna licencia ou autorización, sempre que non constitúa falta moi grave ou leve.

2.      A adición deliberada de sustancias radioactivas na producción de alimentos, xoguetes, adornos persoais e cosméticos, cando non constitúa falta moi grave.

3.      Non dispoñer, nos supostos esixidos de acordo co previsto neste Regulamento, dun Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica, cando esta situación incida significativamente na protección radiolóxica dos traballadores ou dos membros do público.

4.      Incumprir os criterios de protección radiolóxica establecidos no presente Regulamento, de forma que o número de persoas expostas e as dose por elas recibidas non sexa o mínimo posible, sempre que desta situación se derive risco grave para a vida ou saúde das persoas, ou para o medio ambiente ou para a seguridade das cousas.

5.      Non informar aos traballadores, persoas en formación e estudiantes, antes de iniciar a actividade laboral en presencia de radiacións ionizantes, sobre os extremos sinalados no presente Regulamento ou incumprir a obriga de proporcionarlles a formación necesaria en materia de protección radiolóxica.

6.      Asignar a unha persoa menor de dezaoito anos a un posto de traballo que implique a súa calificación como traballador exposto da categoría A.

7.      Incumprir as prescricións relativas a embarazo e lactación previstas neste Regulamento, unha vez que a traballadora comunicara o seu estado ó titular da práctica.

8.      Non identificar ou delimitar, de acordo co disposto no anexo IV deste Regulamento, os lugares de traballo nos que exista unha posibilidade de exposición a radiacións ionizantes que produza unha dose superior a 1 mSv por ano ou unha dose equivalente superior a 1/10 dos límites para o cristalino, a pel e as extremidades establecidos neste Regulamento, ou non establecer as medidas previstas no artigo 18, sempre que de elo non se derive un risco grave para as persoas e o medio ambiente.

9.      Carecer ou non ter en servicio os dispositivos e instrumentos de medición adecuados para o bo desenrolo dunha práctica en presencia de radiacións ionizantes.

10.   Non realizar unha vixilancia sanitaria especial no caso de superación ou sospeita fundada de superación dalgún dos límites de dose establecidos no presente Regulamento.

11.   Nos supostos de intervención en caso de emerxencia radiolóxica, non cumprir o titular da práctica coas obrigacións contempladas neste Regulamento, sempre que esa situación incida significativamente na protección radiolóxica dos traballadores ou membros do público.

12.   Non dispoñer dos medios axeitados para almacenamento, tratamento e, no seu caso, evacuación de efluentes e residuos sólidos, ou evacualos sen autorización ou superando os niveis autorizados para a emisión, sempre que destes comportamentos non se derive un risco grave para as persoas e o medio ambiente.

13.   Non respectar os límites de dose establecidos para cada suposto no presente Regulamento, cando non constitúa falta moi grave nin leve.

14.   Non suspender o funcionamento dunha práctica cando o afectado sexa requirido para elo polas autoridades competentes, segundo o previsto neste Regulamento, cando non constitúa falta moi grave nin leve.

15.   Exceder das doses establecidas para “exposicións especialmente autorizadas” como consecuencia dunha mala planificación das mesmas e dunha neglixencia na supervisión e control.

16.   Non realizar coa urxencia requirida, no caso de exposición accidental ou de emerxencia, as avaliacións necesarias  para estimar as doses recibidas por un traballador ou, no seu defecto, non adoptar as medidas necesarias de protección radiolóxica.

c) Considéranse infraccións leves

1. O exercicio de calquera práctica prevista no presente Regulamento, que requira licencia ou           autorización específica e non se poida considerar exenta, sen a oportuna licencia ou autorización, sempre que non constitúa falta grave nin moi grave e teña escasa transcendencia.

2.  Non realizar a vixilancia sanitaria dos traballadores  expostos nos termos previstos neste Regulamento ou non dispoñer de historial médico para os traballadores expostos da categoría A, ou non telo actualizado, ou non dispor no mesmo dos datos previstos neste Regulamento.

3.  Non dispoñer nos supostos esixidos de acordo co previsto neste Regulamento, dun Servicio ou Unidade Técnica de Protección Radiolóxica, cando non constitúa falta grave ou moi grave.

4.  Incumprir os criterios de protección radiolóxica establecidos no presente Regulamento, de forma  que o número de persoas expostas e as doses por elas recibidas non sexa o mínimo posible, sempre que esta situación non incida significativamente na protección radiolóxica dos traballadores ou dos membros do público.

5. Non efectuar as determinacións de doses nos termos e coa periodicidade establecida neste Regulamento, ou non dispoñer de historiais dosimétricos individuais dos traballadores expostos, ou non telos debidamente actualizados.

6. Non sinalizar adecuadamente os recipientes que conteñan residuos radioactivos ou non levar un rexistro cos datos, valores, medicións e actividade dos recipientes, nas condicións especificadas  neste Regulamento.

7. Non cumprir as prescricións establecidas no título VII en supostos de incremento significativo da exposición debida a fontes naturais de radiación.

8. Non identificar ou delimitar, de acordo co disposto no anexo IV, os lugares de traballo nos que exista unha posibilidade de exposición a radiacións ionizantes que conduzan a unha exposición superior a 1 rnSv por ano ou unha dose equivalente superior a 1/10 dos límites para o cristalino, a pel e as extremidades establecidos neste Regulamento, ou non establecer as medidas previstas no artigo 18, cando disto non se derive un risco grave para as persas e o medio ambiente.

9. Non aplicar os requirimentos que, con carácter xeral, se impoñan a unha práctica polas autoridades competentes segundo o presente Regulamento  ou incumprir os prazos sinalados para a súa realización, ou a omisión das medidas correctoras necesarias para cumprir os preceptos legais ou regulamentarios cando elo non constitúa falta grave.

10. Non dispoñer dos sistemas axeitados para almacenamento, tratamento e, no seu caso, evacuación de efluentes e residuos sólidos, ou evacualos sen autorización  ou superando os niveis autorizados para a emisión, sempre que estes comportamentos teñan escasa transcendencia para a protección radiolóxica.

11. Non respectar os límites de dose establecidos para cada suposto no presente Regulamento, cando o incumprimento teña escasa transcendencia para a protección radiolóxica.

12. Nos supostos de intervención en casos de emerxencia radiolóxica, non cumprir o titular da práctica coas obrigacións contempladas neste Regulamento, aínda que esta situación non incida significativamente na protección radiolóxica.

13. Incumprir os termos, requisitos, obrigacións, límites, condicións ou prohibicións  impostos nas autorizacións cando tal incumprimento sexa de escasa transcendencia para a protección radiolóxica.

3.      Para a calificación das infraccións atenderase ás circunstancias descritas no artigo 92 da Lei 25/1964, sobre Enerxía Nuclear, modificada pola Lei 54/1997, do Sector Eléctrico

4.      A efectos de graduación das sancións, terase en conta

a)       As infraccións leves sancionaranse con multa, en grado mínimo, de ata 500.000 pesetas, en grado medio, de 500.001 a 5.000.000 de pesetas e no seu grado máximo, de 5.000.0001 a 10.000.000 de pesetas.

b)       As infraccións graves sancionaranse con multa, no seu grado mínimo, de 10.000.001 a 25.000.000 de pesetas, no seu grado medio de 25.000.0001 a 50.000.000 de pesetas e no seu grado máximo de 50.000.001 a 100.000.000 de pesetas.

c)       As infraccións moi graves sancionaranse con multa, no seu grado mínimo, de 100.000.0001 a 250.000.000 de pesetas, no seu grado medio de 250.000.001 a 350.000.000 de pesetas, e no seu grado máximo de 350.000.001 a 500.000.000 de pesetas.

5.      Cando se trate de instalacións radioactivas de segunda e terceira categorías, as sancións económicas que figuran no apartado anterior reduciranse en tódolos tramos e para tódolos seus grados á metade das sinaladas.

6.      En canto ó procedemento, medidas previas e autoridades competentes para propoñer e impoñer as correspondentes sancións, atenderase ó disposto no artigo 94 da Lei 25/1964, de 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, modificado pola disposición adicional quinta da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do Sector Eléctrico.

 

Disposición adicional primeira. Prevención de riscos laborais.

 

En materia de protección dos traballadores, serán de aplicación as normas contidas na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, sen prexuízo das disposicións máis específicas contidas no presente Regulamento.

 

Disposición adicional segunda. Protección operacional de traballadores externos.

 

A aplicación do establecido no presente Regulamento enténdese, a salvo do disposto no Real Decreto 413/1997, de 21 de marzo, sobre protección operacional dos traballadores externos con risco de exposición a radiacións ionizantes, por intervención en zona controlada.

 

Disposición adicional terceira. Normativa aplicable ás autorizacións.

 

As prácticas ás que se refire o presente Regulamento deberán ademais cumprir, no que lles sexa de aplicación e, en concreto, en materia de autorizacións administrativas, a Lei 25/1964, de 29 de abril, sobre Enerxía Nuclear, a Lei 15/1980, de 22 de abril, pola que se crea o Consello de Seguridade Nuclear o Real Decreto 1836/1999, de 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre Instalación e Utilización de Aparatos de Raios X con Fins de Diagnóstico Médico.

 

Disposición adicional cuarta. Transporte de material radioactivo.

 

O transporte de material radioactivo, en todo o non expresamente  regulado pola súa lexislación específica, rexerase polos preceptos deste Regulamento en canto lle sexan de aplicación.

 

Disposición adicional quinta. Tratamento de datos de carácter persoal.

 

O tratamento de datos de carácter persoal relacionados coa saúde dos traballadores, contidos nos seus historiais médicos e dosimétricos, realizarase por persoa sometida á obrigación de secreto, de acordo co establecido na Lei 15/1999, de 3 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

 

Disposición adicional sexta. Modificación do Real Decreto 183611999.

 

Modifícase a “Táboa  B: lista de nucleidos en equilibrio secular ós que fai referencia o apartado 2.b) do anexo 1 do Real Decreto 1836/1999, de 3 de decembro,polo que se aproba o Regulamento sobre Instalacións Nucleares e Radioactivas”, sustituíndo os nucleidos fillos do Ra-223+ e do Ra-224+ polos que a continuación se indican

índice^   

Nucleido pai

Nucleidos fillos

Ra-223+

Ra-224+

Rn-219, Po-215, Pb-211, Bi-211, Ti-207

Rn-220, Po-216, Pb-212, Bi-212, Ti-208, Po-212

 

Disposición transitoria primeira. Vixencia de autorización.

 

Manterase a validez das autorizacións que, esixidas ó amparo do presente Regulamento, se encontren vixentes á entrada en vigor do mesmo.

 

Disposición transitoria segunda. Prazo de adaptación.

 

As disposicións contidas no capítulo II do Título II do presente Regulamento entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2002, aplicándose ata esa data a regulación contida no Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes. Non obstante,establécese un período de seis meses a partires da data de pubricación deste Regulamento, para a adaptación plena do establecido no título III do presente Regulamento.

 

Para a aplicación dos preceptos relativos a clasificación, delimitación e sinalización de zonas e clasificación de traballadores expostos, contidos no capítulo 1 do Título IV, así como os requisitos asociados, establécese u período de adaptación de seis meses, a partires da data de publicación deste Regulamento.

 

Igualmente, establécese un período de seis meses, a partires da data de publicación deste Regulamento, para a adaptación dos documentos oficiais, correspondentes a prácticas,actividades e servicios, cuxo contido veña afectado polo establecido no presente Regulamento.

 

Disposición transitoria terceira. Réxime das autorizacións dos Servicios Médicos Especializados.

 

Os Servicios Médicos Especializados autorizados conforme ó establecido no artigo 40 do Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento sobre Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes, poderán continuar realizando a vixilancia sanitaria dos traballadores expostos a radiacións ionizantes.

 

Os expedientes de autorización de Servicios Médicos Especializados, que se iniciaran con anterioridade á entrada en vigor do presente Regulamento, rexeranse polo establecido no artigo 40 do Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro. A estes efectos, consideraranse iniciados unha vez se presentara polo interesado a correspondente solicitude no Rexistro da Administración competente para a resolución de ditas autorizacións.

 

 índice^  

 

 

 

Comarcas CIG

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)