Principal

Estatuto de CIG-Saúde

    

Estatutos CIG-Saúde

                                                                                                               

ESTATUTOS DA CIG- SAÚDE

(aprobados no IV Congreso, celebrado en Mondoñedo o 25 e 26/03/06)

CAPITULO I

 DEFINICION, AMBITO E OBXECTIVOS

Art.1.-

A Federación CIG-Saúde, é unha Organización Sindical integrada na Confederación Intersindical Galega (CIG) o seu funcionamento dentro da CIG rexese polos estatutos desta, salvo nos casos que se regulan nos presentes estatutos.

Art.2.-

A CIG-Saúde ten por ámbito territorial o de Galiza poden formar parte dela todas/os as/os traballadoras/es que presten, prestaran ou orienten a sua profesión a desempeñar os seus servicios nunha empresa pública ou privada, adicada a actividade sanitaria. Incluindo as/os traballadoras/es que traballen fora de Galiza.

Art.3.-

A CIG-Saúde constituiese por tempo indefinido, e só poderá disolverse por acordo adoptado según os preceptos legais aplicables e co procedemento contido nestes estatutos así como nos da CIG.

Art.4.-

A CIG-Saúde goza de capacidade xurídica propia e de plena capacidade de obrar, necesarias para o cumplimento dos seus obxectivos, dentro do seu ámbito e con respecto das disposicións concordantes dos estatutos da CIG, deste estatuto, e acordos adoptados nos seus congresos e nas resolucións dos órganos de governo regulados nestes estatutos.

Art.5.-

A CIG-Saúde ten como única lingua a galega, defendendoa como única lingua oficial de Galiza e asumindo o compromiso de contribuir a sua normalización.

Art.6.-

A CIG-Saúde establece o seu domicilio social en Vigo, na Avenida Gregorio Espino, 47 entrechán; podendo o seu Consello Federal acordar o cambio do mesmo.

Art.7.-

A CIG-Saúde adopta como propios os fins e obxectivos aprobados pola CIG, así como os seguintes específicos:

•  A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.

•  A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.

•  A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.

•  A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.

 

CAPITULO II

 AFILIACION 

  Art.8.-

Poderan afiliarse a CIG-Saúde todas/os as/os traballadoras/es que presten, prestaran ou orienten a sua profesión a desempeñar os seus servicios nunha empresa pública ou privada, adicada a actividade sanitaria. Incluindo as/os traballadoras/es que traballen fora de Galiza.

Art.9.-

A afiliación é individual e voluntaria, tendo como requisito a aceptación dos presentes estatutos e os da CIG, e respeto dos principios e obxectivos, sen que poida existir discriminación por razóns de idade, sexo, ideoloxía, orixe, relixión, pensamento ou afiliación política.

Art.10.-

A condición de afiliada ou afiliado produce efectos dende o día seguinte ao da formalización da ficha de afiliación, que se entenderá realizada no mesmo momento da asignación dun número de afiliación, ainda que o exercicio dos dereitos de acceso aos servicios técnicos e de participación en eleccións internas non se poderá reclamar até que transcorran tres meses desde aquela data e se satisfagan as cuotas correspondentes Todas/os as/os afiliadas/os da CIG-Saúde teñen os mesmos dereitos e as mesmas obrigas, coincidentes coa regulamentación dos estatutos da CIG, e estatuto, regulamento e programa da CIG-Saúde.

Art. 11.-

A afiliada ou afiliado perderá a sua condición polos seguintes motivos:

•  A petición propia

•  Por non aboar a cuota nos tres primeiros meses desde a formalización da ficha de afiliación.

•  Por non aboar a cuota durante seis meses sen alegación dunha causa xustificada; neste caso poderá producirse o reingreso sen perda dos dereitos de antigüidade tras o pagamento previo das cuotas que se deban e sempre que non transcorresen máis de doce meses.

•  Por deixar de reunir as condicións requeridas nestes estatutos para poder participar na CIG-Saúde

•  Por suspensión definitiva dos dereitos como afiliada ou afiliado, en resolución validamente adoptada polo organismo competente de conformidade con estes estatutos.

Art.12.-

A CIG-Saúde adopta como rexime propio de garantias e sancións o regulado polas disposicións aplicables dos Estatutos da CIG. Neste sentido  o expediente será instruido polo organismo de maior rango o que estea adscrito o afiliado ou afiliada. A  adopción de sancións contra unha/ un afiliada/o da CIG-Saúde resolverase polo Consello Federal a proposta da estructura organica sectorial a que perteñeza.

Art.13.-

A CIG-Saúde regularase polo réxime de incompatibilidades dos Estatutos da CIG.

CAPITULO III

ÁMBITOS DE ORGANIZACIÓN

Art.14.-

Territorialmente a CIG-Saúde organizase en estructuras Comarcais e Locais, seguindo criterios de afinidade xeográfica e operatividade sindical.

Art.15.-

A Unión Comarcal está formada polo conxunto da afiliación da CIG-Saúde nunha Comarca, a estes efectos consideranse comarcas as seguintes: Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Mariña.

Art.16.-

A Unión Local está formada polo conxunto da afiliación da CIG-Saúde na Localidade.

1.- A CIG-Saúde poderase constituir en Unión Local, sempre que estas o consideren conveniente, e reunan un número de afiliados superior a 50, e así o aprobe o Consello Federal, previo acordo nos órganos de dirección da Comarca respectiva.

2.- Así mesmo e por decisión do Consello Federal podran constituirse as novas Unións Locais que por criterio sindical se precisen, ainda que non reunan as condicións anteditas.

Art.17.-

O órgano sectorial da CIG-Saúde  organízase e coordinase nas seguintes equipas de traballo: Especializada, Primaria, Fundacións, Sanidade Privada e Colectivo de traballadoras/es en Paro. Son competencias destas equipas o seu funcionamento,  composición orgánica e negociación. A acción sindical e e representación institucional son competencia da CIG-Saúde

Art.18.-

1.- A estructura organizativa básica da CIG-Saúde son as Seccións Sindicais de centro, formadas polo conxunto da afiliación de cada centro ou empresa da sanidade.

2.- Son competencias da Sección Sindical:

•  Desenvolver a política sindical para o ámbito da empresa ou centro de traballo en que se constituie, sen contradecir a da CIG nin a da CIG-Saúde.

•  Elexir as/os representantes que correspondan para os órganos da CIG-Saúde da Comarca.

•  Elexir as/os representantes para os órganos colexiados que correspondan na empresa ou centro de traballo, cando o ámbito dos mesmo non exceda o da sección sindical.

•  Facer seguimento e analise da evolución da afiliación no seu ámbito.

•  Aprobar as candidaturas a presentar pola CIG-Saúde na sua empresa ou centro de traballo, si ben cando o ámbito electoral afecta a varias seccións sindicais, esa aprobación deberá facerse por acordo entre as mesmas ou no seu defecto polo Consello Comarcal que terá que ter en conta a representación en proporción a afiliación.

•  Elexir unha/un responsabel de Saúde Laboral, dentro da Sección Sindical, que poderá, ainda que non será necesario, ser membro da Xunta de Persoal ou Comités de Empresa ou Delegada/o de Prevención.

CAPITULO IV

DOS ÓRGANOS DE GOVERNO

Art.19.-

1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:

a) O Congreso

b) O Consello Federal

c) A Executiva Federal

2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Comarcal

•  O Consello Comarcal                

•    Executiva Comarcal

3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Local

b) O Consello Local

3.- É órgano unipersoal da CIG-Saúde:

•  A Secretaría Nacional

•  A Secretaría Comarcal

•  A Secretaría Local

                                                

Ámbito Nacional

Art.20.-

O Congreso é o órgano soberano da CIG-Saúde, e os seus acordos, validamente adoptados, son de obrigado cumprimento para o conxunto da afiliación e estructura da CIG-Saúde. Estará composto por un número total de delegadas/os a determinar polo Consello Federal na convocatoria, cos seguintes criterios:

1.- Son membros natos as/os compoñentes do Consello Federal.

2.- O resto serán elexidas/os polas Comarcas e Localidades seguindo criterios de proporcionalidade.

Art.21.-

a) O Congreso ordinario da CIG-Saúde será convocado polo Consello Federal unha vez cada catro anos. A convocatoria farase con catro meses de antelación, como mínimo.

b) O Consello Federal aprobará un regulamento precongresual, elaborará unha proposta de regulamento para as sesións do Congreso e designará as comisións encargadas para a redacción de ponencias.

Art.22.-

Son competencias do Congreso ordinario:

a) Aprobar e modificar os Estatutos da CIG-Saúde.

b) Definir os programas e os planos xerais da política sindical da CIG-Saúde.

c) Elexir a 7 membros da executiva e entre eles a Secretaria ou Secretario Nacional.

d) Aprobar a xestión económica e liquidación de contas.

e) Analizar a xestión dos órganos de governo nacionais.

f) Calquera outras atribuidas polos Estatutos, os Regulamentos ou os Acordos dos órganos da CIG-Saúde.

Art.23.-

O Congreso extraordinario será convocado a petición 1/3 da afiliación ou de 2/3 do Consello Federal da CIG-Saúde. O prazo entre a solicitude e a celebración do Congreso extraordinario non poderá exceder de 4 meses. A convocatoria celebrarase por escrito cunha antelación mínima de 2 meses. O Congreso extraordinario só poderá tratar e pronunciarse sobre os asuntos obxecto da convocatoria.

Art.24.-

O período congresual e as sesións do Congreso axustaranse o regulamento aprobado polo Consello Federal, que deberá ser ratificado polo Congreso como primeiro punto da orde do día. Das sesións do Congreso levantaranse actas e os seus acordos serán públicos para o coñecemento de toda a afiliación.

Art.25.-

O Consello Federal é o órgano máximo de dirección da CIG-Saúde entre Congresos. Está formado por:

a) A executiva federal

b) Secretaria/o das Unións Comarcais

c) Secretaria/o das Unións Locais constituidas

•  Un por cada 100 afiliadas/os ou fracción superior a 50 por Comarca

•  Poderán asistir igoalmente ás sesións do Consello Federal, con voz pero sen voto, aquelas/es afiliadas/os que sexan convidadas/os polos órganos de governo comarcais en función da sua actividade sindical. En todo caso, o Consello Federal poderá acordar a celebración de sesións pechadas cando así o estime necesario.

Art.26.-

O Consello Federal acordará cando así o considere oportuno a constitución de Comisións Nacionais abertas para traballos específicos, ou   comisións de colectivos  profesionais , que actuaran como órganos consultivos e de asesoramento do mesmo.

Estas comisións non terán consideración de órganos de goberno da CIG, é  serán disoltas ben cando rematen as tarefas polas  que foron constituídas, ou por decisión do Consello Federal da CIG-SAUDE .

Estas Comisións  terán as funcións de organización e participación  descritas nos regulamentos establecidos na súa creación.

Art.27.-

O Consello Federal reunirase ordinariamente cada 2 meses, sendo convocada pola/o Secretaria/o Xeral cunha antelación mínima de sete días. Reunirase extraordinariamente cando o solicite 1/3 dos seus membros ou por decisión da executiva federal.

Art.28.-

Son competencias do Consello Federal:

•  Aprobar o seu regulamento de funcionamento.

•  Convocar o Congreso e aprobar o regulamento para o periodo precongresual, tendo este último que contar co acordo de 2/3 dos membros asistentes

•  Elaborar o regulamento do Congreso e cantas propostas, informes ou ponencias se estime oportuno someter a aprobación do Congreso.

•  Aprobar o presuposto, facendo seguimento da sua execución.

•  Coñecer os acordos anuais de fixación de cuota xeral adoptados polo Consello Confederal da CIG.

•  Planificación e seguimento da acción sindical do conxunto da CIG-Saúde

•  Decidir sobre a firma de convenios ou acordos da CIG-Saúde con outras organizacións.

•  Designar as persoas que representen a CIG-Saúde nos órganos nacionais da CIG.

•  Designar as persoas que representen a CIG-Saúde nos organismos institucionais de ámbito galego, estatal e internacional.

•  Aprobar a constitución de novas unións locais.

•  Adoptar resolucións de urxencia sen contradecir os acordos do Congreso, dando conta delo na primeira sesión que este celebre.

•  Calquera outra competencia expresamente atribuida o Consello Federal nos presentes  Estatutos.

ñ) Ratificar as responsabilidades na executiva Federal.

•  Xestión de recursos humanos e materiais na CIG-Saúde.

•  Designar as/os representantes da CIG-Saúde na Comisión da Área Pública da CIG.

•  Aprobar o regulamento da Comisión da Área Pública da CIG.

•  Deberá decidir por maioria de 2/3 a substitución ata a realización do seguinte Congreso en caso de resultar vacantes os cargos de Secretaria/o Xeral ou calquera membro da executiva.

•  Decidir sobre acordos de Ambito nacional coa Administración ou as empresas, para aquelas custións que teñan unha repercusión importante para as/os traballadoras/es, teráse en conta o criterio de todos os órganos da CIG-Saúde.

•  O Consello Federal garantirá os prazos das convocatorias ordinarias ou extraordinarias das Asembleas e de ser necesario tutelará o proceso.

•  Constituirase un grupo de traballo con responsabilidade sobre a sanidade privada.

•  Facer seguimento das EE.SS a nivel nacional e aprobar a campaña nacional.

•  Aprobar as campaña de afiliación nacional e facer seguimento da evolución a nivel nacional.

Art.29.-

O mandato das/os membros do Consello Federal será de catro anos.

Art.30.-

A Executiva Federal é o órgano permanente de governo e administración da CIG-Saúde, estará composta pola/o Secretaria/o Xeral e seis membros elexidas/os en Congreso. Entre elas e eles distribuiranse as diferentes áreas de traballo que se consideren precisas, determinandose o menos as responsabilidades sobre: organización, finanzas, acción sindical, política sanitaria, saúde laboral, formación e prensa e publicacións e sanidade privada.

Art.31.-

A Executiva Federal reunirase cada 15 días, ou cando sexa convocado pola/o Secretaria/o Xeral ou a instancia de 1/3 das/os suas/seus membros.

Art.32.-

1.- A Executiva Federal exercerá mancomunadamente a representación xurídica, económica e legal da CIG-Saúde, podendo delegar na/o Secretaria/o Xeral, na sua ausencia en calquera outra/o membro, estas facultades para os únicos efectos de otorgamento de poderes.

2.- Son ademáis competencias da Executiva Federal:

•  Aprobar o seu regulamento de funcionamento.

•  Representar a CIG-Saúde entre sesións do Consello Federal.

•  Coordinar a actividade sindical das Unións Comarcais e dos distintos sectores e impulsar a organización da CIG-Saúde a todos os niveis.

•  Coñecer a marcha dos procesos de negociación nos sectores e dos conflictos de maior trascendencia.

•  Elaborar os presupostos e xestionar a sua execución.

•  Presentar informe da sua xestión ó Congreso.

•  Propor a creación de Comisións para o estudo de temas específicos.

•  Dirixir as actividades informativas, técnicas e de asesoramento.

•  Decidir sobre cuestións urxentes entre reunións do Consello Federal.

•  Calquera outra que lle sexa expresamente delegada polo Consello Federal.

•  Deseñar a cmpaña nacional das EE.SS., e presentala ao Consello Federal para a sua aprobación

•  Deseñar as campañas nacionais de Afiliación e presentalas ao Consello Federal para a sua aprobación.

Art.33.-

A /O Secretaria/o é o cargo unipersoal da CIG-Saúde, elexido en Congreso; é a máxima representación pública da CIG-Saúde, preside os organismos nacionais da mesma. Asume a representación institucional da CIG-Saúde e asina conxuntamente coa/o secretaria/o de finanzas da CIG-Saúde as contas nacionais.

Ámbito Comarcal

Art.34.-

A Asemblea Comarcal é o órgano máximo da CIG-Saúde en cada Unión Comarcal, está constituida por toda a afiliación na Comarca, que conten cunha antiguidade mínima de tres meses. Naquelas Comarcas que conten cunha afiliación superior a 500 persoas afiliadas, o Consello Comarcal pode determinar a sua constitución por delegados/as (que sera como mínimo de 100 persoas, agás dos membros natos); de acordo coa seguinte distribución:

•  Son Delegados/as natos os membros do Consello Comarcal

•  Os/as restantes, deica o número total acordado, serán elexidos/as polas Seccións Sindicais.

O fin de determinar o número de Delegados/as, o Consello Comarcal fará un reparto inicial proporcional a afiliación do número  que lle corresponde a cada Sección Sindical. Terán direito a elexir Delegados/as as Sección Sindicais con fraccións igual ou maior de 1,00. As Seccións Sindicais que non teñan direito a 1,00 Delegado/a, agruparanse todas elas para elexir en común os/as que lle correspondan.

Aquelas Seccións Sindicais que tendo dereito a elexir delegados/as optan por non facelo, eses/as delegados/as decaen, non podendo ser eleitos pola asemblea común, nen participar nela os/as afiliados/as pertencentes a estas Seccións Sindicais. Igual criterio será aplicabel para aquelas Seccións Sindicais que non elixan todos/as os/as delegados/as a que teñen direito.

Cada persoa afiliada só poderá participar nunha asemblea.

Art.35.-

A Asemblea Comarcal reunirase con carácter ordinario, unha vez cada catro anos, debendo ser convocada polo Consello Comarcal da CIG-Saúde cunha antelación mínima de 1 mes.. Extraordinariamente reunirase cando o solicite 1/3 da afiliación ou 2/3 do Consello Comarcal.

Art.36.-

Son funcións da Asemblea Comarcal:

•  Elexir a/o Secretaria/o Comarcal, as/os restantes membros do Consello Comarcal  (entre 5 e 7), ou a Executiva Comarcal dacordo co establecido no artigo 39.bis, e os correspondentes membros do Consello Federal.

•  Analizar e avaliar a xestión do Consello Comarcal.

•  Elexir as/os representantes da CIG-Saúde para a Dirección Comarcal da CIG.

•  Debater e resolver aquelas cuestións que afecten o conxunto da CIG-Saúde no seu ámbito.

Art.37.-

O Consello Comarcal é o órgano de dirección da Comarca entre Asembleas tendo a seguinte composición:

1.-Pola Executiva Comarcal, donde estea constituida. De non estar constituida estarase o disposto no artigo 36.a)

 2.- Unha ou un representante de cada Sección Sindical constituida.

3.- Unha ou un máis por cada 50 afiliadas/os ou fracción superior a 25 de cada unha das Seccións Sindicais.

4.- Poderán asistir igoalmente ás sesións do Consello Comarcal, con voz pero sen voto, aquelas/es afiliadas/os que sexan convidadas/os polos órganos de goberno, en función da sua actividade sindical. En todo caso, o Consello Comarcal poderá acordar a celebración de sesións pechadas cando así o estime necesario.

5.-Un ou unha representante da negociación colectiva da sanidade privada. De non nomearse, será asumido necesariamente pola persoa que obstente a Secretaria Comarcal.

6.-O Consello Comarcal acordará cando así o considere oportuno a constitución de Comisións Comarcais  abertas para traballos específicos, ou  comisións de colectivos  profesionais , que actuaran como órganos consultivos e de asesoramento do mesmo.

Estas comisións non terán consideración de órganos de goberno da CIG, é serán disoltas ben cando rematen as tarefas polas  que foron constituídas, ou por decisión do Consello Comarcal da CIG-SAUDE .

Estas Comisións  terán as funcións de organización e participación  descritas nos regulamentos establecidos na súa creación.

Art.38.-

O Consello Comarcal reunirase ordinariamente  cun mínimo dunha vez o mes, por convocatoria da/o Secretaria/o Comarcal ou a petición de 1/3 das/os suas/seus membros.

Dos seus acordos darase publicidade a todas as seccións sindicais constituidas no seu ameto de actuación.

Art.39.-

Son competencias do Consello Comarcal:

1.-:

•  Aprobar o seu regulamento de funcionamento.

•  Convocar Asembleas Comarcais.

•  Distribuir as responsabilidades que no seu seo se consideren necesarias.

•  Coordenar e dirixir a CIG-Saúde na Comarca, cumprindo as resolucións e os acordos dos órganos nacionais.

•  Designar a cobertura transitoria das vacantes que se produzan na representación do Consello Federal e nos organos comarcais da CIG, ate que a Asemblea Comarcal realice unha nova elección.

e)1 Decidir por mayoría de 2/3 a forma de sustitución ata a realización da seguinte Asamblea Comarcal en caso de resultar vacante o cargo de Secretario /Secretaria Comarcal

•  A Designación da representación que corresponda a CIG-Saúde en órganos colexiados institucionais ou sindicais na comarca, cando o seu ámbito exceda dunha sección sindical ou centro de traballo.

•  Propor o Consello Federal a constitución de Unións Locais.

•  Aprobar os presupostos e partes de finanzas comarcais.

•  Realizar un seguimento análise da afiliación na comarca e impulsar a constitución de Seccións Sindicais en todos os centros de traballo nos que a afiliación existente o faga posible, dentro do seu ámbito territorial.

•  Presentar informe da sua xestión a Asemblea Comarcal

•  Impulsar a creación de colectivos de paradas/os do sector.

•  Planificación e seguimento da Acción Sindical da CIG-Saúde na comarca.

•  Decidir sobre acordos de ámbito comarcal coa Administración ou as empresas; para aquelas custións deste ámbito que teñan unha repercusión importante para as/os traballadoras/es, teráse en conta o criterio da Asemblea Comarcal.

•  Calquera outra que expresamente se lle atribuia.

•  Planificación e seguimento das EE.SS no seu ambito territorial.

Art.39.- bis

Executiva Comarcal. Constituirase por acordo de 2/3 dos asistentes a Asamblea Comarcal

Está composto pola/o Secretaria/o Comarcal elexida/o en Asemblea Comarcal e entre 5 e 9 membros elexidas/os na Asemblea Comarcal, que se distribuirán ao menos as responsabilidades de: Finanzas, Acción Sindical e Saúde Laboral e Organización.

Son competencias da Executiva Comarcal:

•  Organizar e coordinar os servicios na comarca

•  Elaborar os presupostos e xestionar as finanzas da sua competencia

•  Ejecutar os acordos do Consello Comarcal

•  Nomear as secretarias ou responsabilidades

•  Calquera outra que sexa atribuida por estes estatutos ou  as que lle sexan delegadas polo Consello Comarcal.

•  Aprobar o seu regulamento de funcionamento

•  Representar a CIG-Saúde entre sesions do Consello Comarcal

•  Coordinar a actividade sindical das Unions Locais e dos distintos sectores e impulsar a organización da CIG-Saúde a todos os niveis.

•  Coñecer a marcha dos procesos de negociación nos sectores e dos conflictos de maior trascendencia.

•  Presentar informe da sua xestion a Asamblea Comarcal

•  Propor o Consello a creación de Comisións de estudio para temas específicos

•  Decidir sobre cuestions urxentes entre reunions do Consello Comarcal

A Executiva Comarcal  xuntarase cunha periodicidade minima de unha vez o mes, por convocatoria do Secretario   Comarcal  ou a instancia de 1/3 dos seus membros

A/O Secretaria/o Comarcal elexida/o en asemblea presidirá o Consello Comarcal e asumirá a representación institucional da CIG-Saúde, no ámbito correspondente.

Ámbito Local

Art.40.-

A Asemblea Local é o órgano máximo da CIG-Saúde en cada Unión Local, está constituida por toda a afiliación da Localidade.

Art.41.-

A Asemblea Local reunirase con carácter ordinario con anterioridade a Asemblea Comarcal. Extraordinariamente reunirase cando o solicite 1/3 da afiliación ou ben por  2/3 do Consello Local.

Art.42.-

Son funcións da Asemblea Local:

a) Elexir a/o Secretaria/o Local e as/os demáis membros do Consello Local.

b) Analizar a xestión do Consello Local.

c) Debater e resolver aquelas cuestións que afecten o conxunto da CIG-Saúde no seu ámbito.

Art.43.-

O Consello Local é o organo de dirección da localidade entre Asembleas. Estará composto pola/o Secretaria/o local, elexida/o na Asemblea Local  máis unha/un por Sección Sindical constituida e unha/un máis por cada 25 afiliadas/os, cun mínimo de tres membros.

Art.44.-

O Consello Local reunirase ordinariamente cun mínimo dunha vez o mes,

será convocado pola/o Secretaria/o Local ou a petición de 1/3 das/os suas/seus membros .

Art.45.-

Son competencias do Consello Local:

1.-

•  Convocar Asembleas Locais

•  Coordenar e dirixir a CIG-Saúde na Localidade, cumprindo as resolucións das Asembleas Comarcais, Local e os acordos dos órganos nacionais.

•  Elaborar os presupostos e partes de finanzas locais.

•  Presentar informe da sua xestión a Asemblea Local.

•  Decidir sobre acordos de ámbito local coa Administración ou as empresas; para aquelas custións deste ámbito que teñan unha repercusión importante para as/os traballadoras/es, teráse en conta o criterio da Asemblea Local.

f) Aprobar o seu regulamento de funcionamento

g) Distribuir as responsabilidades que no seu seo se consideren necesarias

h) Designar a cobertura transitoria das vacantes que se produzan na representación do Consello Comarcal ate que a Asemblea Local realice unha nova elección.

Decidir por mayoría de 2/3 a forma de sustitución, en caso de quedar vacante o cargo de Secretario/a Local, ata a realización da seguinte Asamblea Local

i) Realizar un seguimento e analise da afiliación na localidade e impulsar a constitución de Seccións Sindicais en todos os centros de traballo nos que a afiliación existente o faga posible dentro do seu ámbito territorial.

m) Impulsal na localidade a creación de colectivos de desempregados/as do sector.

n) Calquera outra que expresamente se lle atribuia.

2.- O Secretario Local elexido en asemblea presidirá o Consello Local e asume a representación institucional da CIG-Saúde, no ámbito correspondente.

CAPITULO V

REXIME ELECTORAL

Art. 46.-

Como norma xeral, os procesos electivos para os órganos e cargos da CIG-Saúde regularánse polo disposto nestes estatutos. Poderánse establecer procedementos electorais específicos cando así o prevean os regulamentos que desenvolven estes Estatutos.

Art. 47.-

Todos os cargos da CIG-Saúde proveránse mediante votación secreta e persoal. En casos determinados poderáse admitir votación a man alzada, cando así o considere unha maioría de dous tercios dos membros asistentes do órgano elector, ainda que ese acordo será ineficaz cando calquera dos membros reclame o exercicio do dereito á votación secreta.

Art. 48.-

A elección de órganos e cargos faráse mediante a presentación de candidaturas en listas pechadas, que deberán conter cando menos o número de persoas de que se compoña o organismo.

E responsabilidade do máximo órgano ou cargo executivo existente no ambito en que se produce a elección a presentación dunha candidatura.

A composición do órgano elexido resultará da proclamación dos membros de cada lista presentada en proporción directa aos votos acadados.

Art. 49.-

Será en todo caso de aplicación directa o procedemento electoral regulado nos artigos anteriores nas eleccións que correspondan realizar polo Congreso e de forma supletoria para os demáis casos

Non obstante, será igoalmente obrigado en todos os casos cando se presente polos seus promotores cando menos unha candidatura en lista pechada.

Art. 50.-

Cando por aplicación do previsto no artigo 46 se prevea procedemento electoral específico que implique a posibilidade de presentación de candidaturas abertas, a lista deberá conter cando menos un número de membros igoal ao de postos a cubrir e a votación efecturáse na papeleta por un número máximo de candidatas ou candidatos igoal ao 75% dos postos a cubrir, resultando proclamadas/os aquelas ou aqueles que obtivesen o maior número de votos; en caso de empate, será proclamada/o a candidata ou candidato con maior antigüidade na afiliación.

Art. 51.-

No caso de listas pechadas, as vacantes que se podan producir serán cubertas pola/o candidata/o seguinte da mesma lista. No caso de listas abertas, pola/o seguinte en número de votos

CAPITULO VI

REXIME ECONÓMICO

Art.52.-

Os recursos económicos da CIG-Saúde están constituidos por:

a) As cuotas de afiliación, coa distribución entre estructuras que aproben os órganos confederais da CIG e, na sua aplicación, os da CIG-Saúde.

b) As doacións efectuadas o seu favor, así como as subvencións que le poidan ser concedidas.

c) A participación que corresponda nos ingresos distintos das cuotas dos presupostos confederais da CIG.

d) Os cretos que poidan ser xestionados.

e) Calquera outro obtido por actividades licitas de acordo cos presentes estatutos e os da CIG.

Art.53.-

Os criterios de gasto, serán fixados polo Consello Federal, de acordo co regulamento financieiro da CIG. O réxime de Administración e Contabilidade da CIG-Saúde será común en todolos seus ámbitos; así como os mecanismos que permitan a afiliación coñecer a situación económica da mesma. O Consello Comarcal e Local exercerán funcións homologas no seu ámbito territorial específico.

CAPITULO VII

DISPOSICIONS ADICIONAIS   

Primeira.- O Consello Federal poderá aprobar a edición dun voceiro oficial, así como as características do mesmo. Así mesmo poderá aprobar a edición de calquera tipo de publicación, separada ou conxuntamente coa CIG.

Segunda.- A aprobación e modificación dos presentes Estatutos é competencia exclusiva do Congreso da CIG-Saúde e requerirá en primeira votación unha maioria de 2/3 das/os congresistas en votación global, e en segunda votación unha maioria de 2/3 das/os congresistas presentes.

Terceira.- Os aspectos non contemplados nos presentes Estatutos regulanse polo disposto nos Estatutos da CIG.

Cuarta.- A CIG-Saúde integrada como Federación de Sanidade da Confederación Intersindical Galega, só poderá desconfederarse da mesma mediante Congreso Extraordinario convocado ao efecto e por maioria de 2/3.

Quinta.- No caso de disolución, os bens económicos, mobles e inmobles serán doados a CIG, en caso de non existir esta, ao que o Congreso acorde.

Sexto.- O anagrama de CIG-Saúde correspondese co deseño adxunto, e as suas posibles modificacións, serán igoalmente inscritas no rexistro con carácter de modificación estatutaria.

Septima.- O carnet de afiliación de CIG-Saúde será uniforme para todas/os as/os Afiliadas/os, conforme o modelo aprobado polos órganos da CIG.

Oitava.- Participación da muller

Para que a incorporación das mulleres na composición dos órganos da CIG sexa unha realidade, as distintas candidaturas en calquera dos procesos deberan contemplar na súa composición a proporcionalidade entre afiliados e afiliadas de cada estructura.

 

 

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)