Información da reunión do 19 de xuño sobre traslados

ATENCIÓN PRIMARIA

  •  O Sergas cambia de opinión no que respecta a celadores e oferta as vacantes ocupadas por interinos en Atención Primaria ( nos PAC ) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólogos son sin incrementar o número total das prazas ofertadas, o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que o interino era máis antiguo por outra que o interino ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de quenda, ou para clarexar mellor, o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

 ESPECIALIZADA

 Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, os aportados polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO o mércores.

PREVISIÓNS

Preven sacar a convocatoria a primeiros de xullo en DOG, as incorporacións as manteñen para o mes de outubro, xunto coas da OPE, dun xeito gradual, primeiro as categorías pequenas e logos as máis grandes quedando para o final as de enfermaría.

FACULTATIVOS/FEAS

Xa teñen os traslados pechados, na semana que ben nos adiantarán os destinos para que se difundan, se poden os colgarán tamén na web; a publicación en DOG, será o día inmediatamente anterior á elección de destino ( 25 xuño ), xa que escollen destino os da OPE o 26. A primeiros de xullo publicarase no DOG o nomeamento co destino e xa irá tamén a data de incorporación ( setembro ).

OPE RESTO CATEGORÍAS

Din de que sairán as notas a semana que ben das categorías pequenas, o resto de categorías queda para primeiros do mes de setembro, coa excepción de enfermaría que sairán as notas a finais de setembro, iniciando a incorporación en outubro.

Cadro de prazas primaria 18/06/10.

Cadro prazas especializada 18/06/10.

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org