Baremación definitiva OPE

Hoxe publicouse en DOG a Resolución do 14 de decembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as.

Categorías de:

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO,

TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I.,

TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I.

 

Declarar aspirantes definitivamente seleccionados/as os/as indicados/as no anexo II, de conformidade coa totalidade das prazas ofertadas, en atención ás posibles quendas de acceso.

Terceiro.-Só os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación, no prazo de quince días hábiles, por razóns de urxencia conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois pola contra quedarían excluídos do proceso selectivo.

  • Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
  • Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.
feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org