ÚLTIMAS NOVAS OPE

Hoxe publicouse en DOG a Resolución do 14 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

  • enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecología (matrón/oa)
  • grupo administrativo da función administrativa
  • pinche
  • técnico/a especialista en hixiene bucodental
  • técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico
  • terapeuta ocupacional
  • telefonista.

CONCURSO DE TRASLADOS: O prazo de cesamento iniciará o 22 de marzo.

OPE: O prazo posesorio iniciará o 24 de marzo.

Está previsto que o vindeiro sábado 26 de marzo teñan lugar novos actos de elección de destino de OPE, segundo información remitida polo SERGAS, das seguintes categorías:

  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
  • Médico/a de familia de A.P.
  • Pediatra de A.P.
  • Odontólogo/a de A.P.
  • Farmacéutico/a de A.P.

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org