Publicación prazos posesorios diversas categorías.

Hoxe publicouse en DOG Resolución do 4 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza  correspondente e se concreta o prazo de toma de posesión dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

  • Declarase finalizado o concurso-oposición convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, nas categorías de persoal de servizos xerais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
  • O cómputo dos prazos dos cesamentos para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 12 de abril de 2011.
  • Para os/as aspirantes do proceso selectivo, o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 14 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.
feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org