Acto de elección OPE de DUE

Está publicada na páxina web do Sergas a Resolución do 11 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de enfermería (ATS/DUE) do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

  • O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 16 de abril de 2011 coa seguinte distribución:

- Ás 10,00 horas: aspirantes da quenda de promoción interna e aqueles aspirantes cuxa puntuación sexa igual ou superior a 82,100 puntos.

- Ás 10,50 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 82,099 puntos e 79,375 puntos.

- Ás 11,40 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 79,374 puntos e 78,000 puntos.

- Ás 12,30 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 77,999 puntos e 76,700 puntos.

- Ás 13,30 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 76,699 puntos e 75,525 puntos.

- Ás 14,20 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 75,524 puntos e 74,150 puntos.

- Ás 16,00 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 74,149 puntos e 73,125 puntos.

- Ás 16,50 horas: resto de aspirantes cuxa puntuación sexa inferior a 73,124 puntos.

  • O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

a) A solicitude que formulen será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou outro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, no prazo e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Pola capacidade do recinto e con motivo de facilitar a axilidade na elección, poderíase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no propio acto da elección.

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org