Actos de elección de destino e tomas de posesión diversas categorías.

Últimas previsións remitidas polo Sergas.

1.- Acto elección destino.- categorías de auxiliar administrativo, T. E en radioterapia e T. E. en radiodiagnóstico: Xúntanse as prazas correspondentes a estas categorías. O citado acto de elección será o día 29 de abril. A resolución sairá mañá para o DOG.

2.- Tomas de posesión.- categorías grupo de Xestión da función administrativa, lavandero/a; pasador/a de ferro. Prevemos que a toma de posesión de concurso de traslados teña lugar o día 27 de abril e a de OPE o 29 de abril.

A resolución xa está mandada a DOG para a súa publicación o vindeiro día 26.

3.- Toma de posesión OPE e concurso de traslados.- categorías de T.C. auxiliares de enfermería e médicos de familia. A previsión que vos anticipamos é que teñan lugar o vindeiro 10 de maio.

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org