mobilizacións do persoal de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira.

AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA DE CEE CONVOCAN UN CALENDARIOD E MOBILIZACIÓNS PARA REIVINDICAR A EQUIPARACIÓN DO PERSOAL DE LIMPEZA DO HOSPITAL COS TRABALLADORES DA LIMPEZA DO SERGAS COMO NO RESTO DOS HOSPITAIS GALEGOS.

Despois de case dous anos de espera, de negociacións e reunións, a xerencia do hospital adquirira co persoal de limpeza o compromiso de equiparación progresiva deste persoal co grupo E do SERGAS, como se está a facer no resto dos hospitais galegos.

A Dirección do Hospital incumpre este compromiso adxudicando a concesión a unha empresa de limpeza (LIMPISA) que non contempla a equiparación salarial comprometida.

No último mes tanto a Xerencia do Hospital como a empresa adxudicataria LIMPISA, NÉGANSE a manter unha reunión coa representación legal do colectivo de traballadores/as da Limpeza.

É inadmisible e irresponsable a actitude que manteñen a Xerencia do Hospital e a Dirección da empresa de manter o colectivo de traballadoras e traballadores da limpeza hospitalaria en condicións laborais inferiores á dos outros hospitais galegos, tanto salarialmente (+ de 1500 euros/ano) como de condicións laborais: máis xornada laboral anual, menos días libres, de vacacións e permisos non retribuídos, etc, que o resto de traballadoras e traballadores dos centros hospitalarios onde xa se aplica a equiparación ou acadaron acordos para a súa aplicación progresiva.

A Asemblea de traballadoras/es síntese enganada e quere amosar a súa indignación coa Xerencia do Hospital e a Dirección da empresa LIMPISA, acordando un calendario de mobilizacións que será iniciado cunha concentración para esixir:

Unha reunión coa Xerencia do Hospital e a Dirección de Empresa para a apertura dunha Mesa de Negociación do Convenio Colectivo que leve a equiparación progresiva.

MÉRCORES 13 DE XULLO ÁS 10H. CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DO HOSPITAL.

O PERSOAL DE LIMPEZA DO HOSPITAL COMARCAL V.X DE CEE.

 

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org