NOTA DE PRENSA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA SOBRE A PRESENTACIÓN DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA


Santiago, 20 de Outubro de 2011

A Plataforma SOS presentou en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.

A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS propón catro puntos:

1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos

2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia

3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa

Unha vez presentada no Parlamento SOS e as organizacións que a apoian recollerán firmas por toda Galicia aproveitando esta actividade para explicar e debater coa cidadanía as políticas de recorte e privatización que esta levan a cabo a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia

Tamén se recordou que o 27 de Outubro están convocadas mobilizacións en todas as áreas sanitarias en defensa da sanidade pública e contra os recortes de recursos sanitarios da Xunta.

Á rolda de prensa asistiron representantes das plataformas de Ferrol, Ourense, Santiago, Vigo, Monforte, Barbanza, Pontevedra, A Coruña e O Barco, que estiveron apoiados por membros dos sindicatos CC.OO., UGT e CIG; así como de representantes dos grupos políticos do BNG, PSDEG e Esquerda Unida. Desculparon a súa asistencia a Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE) , o sindicato de enfermería SATSE e as plataformas de Burela, Lugo Cangas, Moaña e Salnés, que apoian a Iniciativa.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org