A taxa de reposición.

Tanto falar da TAXA DE REPOSICIÓN... qué significa???

OPE: A FIN DAS OPE

Por mor da taxa de reposición, o SERGAS non pode convocar a OPE máis do 10% das vacantes que xurdiran desde a última convocatoria. Por iso, pretende convocar agora unha OPE só para Facultativ@s Especialistas de Área (FEAS) co 10% do total de prazas vacantes de todas as categorías (176 prazas).Se isto é así, o ano que vén o 10% da taxa de reposición impedirá que se convoque unha OPE para outras categorías, e de facelo, serán moi escasas prazas e para categorías de especialistas en enfermaría (matronas) exclusivamente. Pensade que entre esta convocatoria e a seguinte non se vai crear ningunha praza, polo que o 10% de nada, é nada. Só poderían convocar o 10% das xubilacións, ou sexa, unha miseria de prazas.

TRASLADOS:  TRASLADOS SEN PRAZAS

Se na convocatoria de traslados se incorporan de fóra da comunidade autónoma máis do 10% das vacantes xeradas, xa non se poderá convocar a OPE ningunha praza, porque a obriga de non repoñer máis do 10% impide que se poidan cubrir máis desas prazas tamén por traslados.

Isto implica que o SERGAS non ofertará a traslados o 100% das prazas que se convoquen a OPE, e, de facer convocatoria de traslados, serán só nalgunhas categorías e cun número moi escaso de prazas, unha porcentaxe moi baixa das prazas que se queren convocar a OPE, para evitar que se cubran con xente de fóra do SERGAS. Se a convocatoria de OPE que se quere facer agora é de 176 prazas, botade contas de cantas se van a ofertar a traslados...

CONTRATACIÓNS: LISTAS DE CONTRATACIÓN PARALIZADAS

Á xa de por sí escandalosa política de contratacións que segue a Consellaría, uniríase agora un novo problema: a falta de OPE que renove as puntuacións das listas. Posto que a puntuación das listas de contratación é nun 60% a nota de OEP, se non se fan OPE no futuro, as listas apenas van ter posibilidade de renovarse, e as persoas que nestes momentos están máis abaixo nas listas, case non terán posibilidades de subir postos en base á puntuación da OPE.

Descarga e difunde.

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org