INFORMACIÓN DA PLATAFORMA SINDICAL POLA SUSPENSIÓN DOS ACORDOS

 A PLATAFORMA SINDICAL ( CCOO, CESM, CIG, CSIF, SAE e UGT) INFORMA 

Na Mesa Sectorial que se celebrou este vernes 30 de outubro esixÍmoslle ao Sergas que se tratase como primeiro punto do orde do día a SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS, o Sergas unha vez máis manifesta que foi unha decisión do Goberno da Xunta e que eles non teñen capacidade negociadora nese asunto, sendo isto a primeira vez que acontece no ámbito dunha Mesa Sectorial, órgano máximo de negociación colectiva para o persoal do Sergas.

Ante esta situación a Plataforma Sindical solicita que acuda a persoa do Goberno que teña capacidade para negociar, como a esta petición non acceden, decidimos suspender a Mesa Sectorial hasta que recibamos unha convocatoria para tratar a suspensión dos acordos, asunto prioritario para o conxunto de traballadoras e traballadores, e tódolos demáis temas pendentes, para o que a Plataforma Sindical amosa a disponibilidade de sentarnos a negociar na Mesa Sectorial as 24 horas do día.

Lamentamos a rotura por parte da Administración do órgano de representación e negociación dos traballadores e traballadoras do Sergas.

                                        

   

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org