Publicación resolución provisional concurso de traslados diversas categorías

Hoxe publicouse en DOG a Resolución do 23 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas do Servizo Galego de Saúde convocado por Resolución do 22 de xullo de 2010, das seguintes categorías:

  • farmacéutico/a de atención primaria
  • médico/a de atención primaria
  • odontólogo/a de atención primaria
  • pediatra de atención primaria

Ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentación de reclamacións.

Proposta de CIG-SAÚDE sobre a xornada nos PACs.

No ano 2005 e con posterioridade no ano 2008, asináronse acordos na Mesa Sectorial que regulaban as condicións de traballo e retribucións do persoal que presta servizo no ámbito de Atención Primaria nos PACs. A pesares dos reiterados intentos que a CIG-SAÚDE ven facendo na M.S. para que a Admón aplique correctamente os devanditos acordos, o que acontece é que a Admón confeccionou un aplicativo informático que desvirtúa os acordos asinados con graves consecuencias para as/os traballadoras/es.

A CIG-SAÚDE, unha vez máis, presenta perante o Sergas os criterios de xornada que debe conter o aplicativo informático, para que  as/os traballadoras/es perciban correctamente o cómputo da súa xornada e as retribucións correspondentes segundo os acordos asinados.

Descarga aquí o documento completo. 

INFORME DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA

Quén se comeu o noso Plan?
Cando dicimos o noso plan, referímonos ao PLAN DE MELLORA DE ATENCION PRIMARIA DE GALICIA xa que é un Plan que nos afecta a todas e todos os profesionais de A.P. e que se desenvolve como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención ao paciente, que se levan a cabo durante o ano 2006, e que se concreta na firma do devandito Plan polas Organizacións Profesionais e Sindicais e polo Presidente da Xunta de Galicia o 2 de Abril de 2007.
No Plan de Mellora recollíanse as conclusións de tres grupos de traballo constituídos por profesionais de Primaria, xa que logo unha vez mais o noso Plan, e que abarcaba: RECURSOS HUMANOS, CALIDADE E DESBUROCRATIZACIÓN.
Este Plan desenvolveríase durante o período 2007 - 2011 e pretende recuperar o protagonismo da A.P. e que se converta en eixo do sistema, contando para iso cun orzamento de 62,5 millóns de €.
Dentro das medidas que se contemplaban incluíanse:
MELLORA DA CAPACIDADE RESOLUTIVA
 Libre acceso a probas diagnósticas.
 Creación de grupos de traballo:
o Elaborar protocolos que garantan a pertinencia das peticións das probas diagnósticas.
o Plan de Tecnoloxías en AP para equipamento e/ou Plans Funcionais dos centros de saúde.
o Enfermería nos equipos.
o Farmacéuticos en A.P.
 Mellora da relación A.P. - A.E.
MEDIDAS PARA MELLORAR A XESTIÓN CLÍNICA
 Desburocratización (mais tempo dispoñible de consulta)
MEDIDAS DE MELLORA DE R.R.H.H.
 Creación de 1.600 novas prazas (640 de enfermaría, 309 de médicos de familia, 140 de PSX, 120 de fisioterapeuta, 65 de pediatras, etc)
 Incrementar os profesionais de apoio á A.P
 Establecéronse criterios para identificar os puntos asistenciais deficitarios, tendo en conta : Número de profesionais, características do centro, pirámide de poboación, dispersión e carteira de Servizos ofertada.
 Creouse a figura do profesional facultativo con estabilidade no sistema, con vinculación continuada para cubrir ausencias.
 Incrementouse a retribución por intersubstitucións e prolongacións de xornada.
Todas estas medidas, consensuadas por todos os axentes participes do Plan de Mellora, unicamente pretenden que se realice unha mellor A.P. pondo ao paciente como centro do Sistema Sanitario e para que se leve a cabo, dentro do Plan créase a COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN constituída por un representante de cada asociación, sindicato e grupo profesional participante nos grupos de traballo, e por persoal de servizos centrais do Sergas e das Xerencias de Atención Primaria, coas seguintes funcións:
 Vixiar o cumprimento dos obxectivos anuais
 Valorar o impacto das medidas
 Revisar criterios e adecuar o plan á realidade de cada momento
Para levar a cabo estas funcións púxose en marcha o seguinte cronograma:
 Calendario de reunións, no primeiro trimestre de cada ano ata o final do mesmo:
o finais de xuño de 2007 ( 26 Xuño)
o outubro de 2007 (17 Outubro)
o primeiro trimestre de 2008
o outubro de 2008
o primeiro trimestre de 2009. Revisión e valoración global do Plan
o outubro de 2010
o outubro de 2011
Durante os primeiros anos de vida do Plan, e coa supervisión da COMISION DE SEGUIMENTO foise desenvolvendo en canto á creación de novas prazas de profesionais, acceso a probas complementarias, novas ofertas en Centros de Saúde como retinógrafos, fisioterapia, etc. aínda que non con toda a cobertura na comunidade que sería desexable, posto que desde un inicio pedíase unha maior partida orzamentaria para a Atención Primaria, organización da xornada dos sábados (supresión) e pago por TIS no canto de por grupos familiares.
Co cambio de dirección na Consellería e no Sergas no ano 2009, en relación co PLAN DE MELLORA DE A.P. produciuse unha parálise en canto ao desenvolvemento e seguimento do mesmo e que a nivel orzamentario concrétase nun descenso do orzamento dun 4.2% respecto ao do 2009 (mentres creceu o de A. Especializada). O ano 2008 crecera un 4,4%.
Se a isto engadimos a análise do BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO que crea a ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, no que a participación organizativa da A.P. pasa totalmente desapercibida, fainos pensar de novo como ao principio.... quén se comeu o noso Plan?
CEMS-GALICIA, CIG-SAÚDE, UGT, CSIF, CCOO,
AGAMFEC, AGAPAP, SEMERGEN, SEMG, FADSP.

Na Atención Primaria está a solución á maioría dos teus problemas de saúde.

O Plan Mellora naceu do acordo entre as Organizacións Profesionais e Sindicais e a Administración para responder a estas necesidades e ofrecer un mellor servizo á Cidadanía.

A Consellería de Sanidade está a liquidarno Plan Mellora de Atención Primaria.

Ver folleto explicativo.

Ver informe da comisión de seguimento.

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org