A taxa de reposición.

Tanto falar da TAXA DE REPOSICIÓN... qué significa???

OPE: A FIN DAS OPE

Por mor da taxa de reposición, o SERGAS non pode convocar a OPE máis do 10% das vacantes que xurdiran desde a última convocatoria. Por iso, pretende convocar agora unha OPE só para Facultativ@s Especialistas de Área (FEAS) co 10% do total de prazas vacantes de todas as categorías (176 prazas).Se isto é así, o ano que vén o 10% da taxa de reposición impedirá que se convoque unha OPE para outras categorías, e de facelo, serán moi escasas prazas e para categorías de especialistas en enfermaría (matronas) exclusivamente. Pensade que entre esta convocatoria e a seguinte non se vai crear ningunha praza, polo que o 10% de nada, é nada. Só poderían convocar o 10% das xubilacións, ou sexa, unha miseria de prazas.

TRASLADOS:  TRASLADOS SEN PRAZAS

Se na convocatoria de traslados se incorporan de fóra da comunidade autónoma máis do 10% das vacantes xeradas, xa non se poderá convocar a OPE ningunha praza, porque a obriga de non repoñer máis do 10% impide que se poidan cubrir máis desas prazas tamén por traslados.

Isto implica que o SERGAS non ofertará a traslados o 100% das prazas que se convoquen a OPE, e, de facer convocatoria de traslados, serán só nalgunhas categorías e cun número moi escaso de prazas, unha porcentaxe moi baixa das prazas que se queren convocar a OPE, para evitar que se cubran con xente de fóra do SERGAS. Se a convocatoria de OPE que se quere facer agora é de 176 prazas, botade contas de cantas se van a ofertar a traslados...

CONTRATACIÓNS: LISTAS DE CONTRATACIÓN PARALIZADAS

Á xa de por sí escandalosa política de contratacións que segue a Consellaría, uniríase agora un novo problema: a falta de OPE que renove as puntuacións das listas. Posto que a puntuación das listas de contratación é nun 60% a nota de OEP, se non se fan OPE no futuro, as listas apenas van ter posibilidade de renovarse, e as persoas que nestes momentos están máis abaixo nas listas, case non terán posibilidades de subir postos en base á puntuación da OPE.

Descarga e difunde.

CALENDARIO LABORAL 2012

FESTIVOS NACIONAIS

 

1 XANEIRO ANINOVO
6 XANEIRO DIA DE REIS
19 MARZO SAN XOSÉ
21 ABRIL XOVES SANTO
22 ABRIL VENRES SANTO
17 MAIO LETRAS GALEGAS
25 XULLO DIA NACIONAL GALIZA
15 AGOSTO ASUNCIÓN
12 OUTUBRO HISPANIDADE
1 NOVEMBRO TODOS OS SANTOS
6 DECEMBRO DIA DA CONSTITUCIÓN
8 DECEMBRO INMACULADA CONCEPCIÓN
25 DECEMBRO NADAL

FESTIVOS LOCAIS

CAMARIÑAS

21 Febreiro ( Martes de Entroido)

16 Xullo (Virxe do Carme)

FISTERRA

 

9 Abril (Luns de Pascua)

10 Setembro

CARNOTA

 

21 Febreiro (Martes de Entroido)

7 Decembro

MAZARICOS

 

21 Febreiro (Martes de Entroido)

25 Xuño (San Xoán)

CEE

 

21 Febreiro (Martes de Entroido)

16 Agosto (San Roque)

MUXÍA

 

10 Setembro (Luns da Barca)

21 Setembro ((Santiña do Espiño)

CORCUBIÓN

 

25 Abril (San Marcos)

29 Xuño (San Pedro e San Pablo)

VIMIANZO

 

21 Febreiro (Martes de Entroido)

13 Agosto

DUMBRÍA

 

28 Maio (Sant Lucía)

10 Decembro (Santa Bala)

ZAS

 

16 Xullo (Virxe do Carme)

26 Xullo (Santa Margarida)

ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

27102011Corua

CONCENTRACIÓN DE A CORUÑA

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade.
Esta nova mostra de vontade cidadá demostra que a maioría dos galegos, por encima das súas lexítimas posicións políticas, aposta por manter o carácter público do sistema sanitario que garante o acceso equitativo e universal aos servizos de saúde , e non está disposta a tolerar que co pretexto da crise sanitaria recórteselles ou privatice un dos seus dereitos fundamentais.
Os cidadáns das diferentes áreas sanitarias mobilizáronse en contra dos recortes do orzamento de sanidade; da privatización dos novos centros hospitalarios e de saúde e dos plans directorios dos xa existentes; da paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria; do peche dos centros públicos pola tarde e o desvío de pacientes a centros privados; do incremento e maquillaxe das listas de espera; da supresión dos radiólogos nas urxencias dos hospitais comarcais; do desmantelamento das áreas sanitarias; do peche de servizos de laboratorio; da supresión de ambulancias; da privatización dos servizos de diálise; da privatización da Informática, Central de Compras e de Chamadas ; do despedimento e deterioración das condicións laborais de profesionais e traballadores sanitarios;?en definitiva da política privatizadora dunha administración que non cre na sanidade pública e que aposta polo mercado e a competencia, á que estorba en actual Sistema Público Universal baseado na solidariedade social.Esta enorme mobilización mostra que a cidadanía non se cre as mentiras dunha Consellería que basea a súa estratexia na mentira e a desinformación por temor á reacción cidadá.Desde SOS Sanidade Pública consideramos que a esixencia de dimisión da Conselleira Farjas é un clamor social que debería ser escoitado por Núñez Feijoo e facerlle cambiar a súa política sanitaria.

 

MANIFESTO CONTRA A MARXINACIÓN DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Ligazón á Web do Manifesto contra a Marxinación do Galego.

Como galegas e galegos, temos o deber de conservar o patrimonio cultural que nos legaron os nosos devanceiros.

É por iso que, a nivel individual ou colectivo, solicitámosche que subscribas o Manifesto para esixir dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.

2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.

3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.

 En_galego

Información sobre as cualificacións de TCAE e celador.

O MINISTERIO DE SANIDADE, COA COLABORACIÓN DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS, IMPIDE A PROMOCIÓN PROFESIONAL DE TCAE E CELADORAS/ES.

Na reunión do Consello Xeral da Formación Profesional celebrada o día 30 de setembro de 2011, quedaron aprobadas as cualificacións profesionais e os niveis de:

    • Traslado e mobilización de usuarios e/ou doentes, documentación e material sanitario en centros sanitarios (Nivel 1).
    • Coidado Auxiliar Sanitario (Nivel 2).

CIG-SAÚDE solicitou que as cualificacións aprobadas deberían ser:

  • Traslado e mobilización de usuarios e/ou doentes, documentación e material sanitario en centros sanitarios (Nivel 2).
  • Coidado Auxiliar Sanitario (Nivel 3).

O Ministerio de Sanidade e as Comunidades Autónomas opuxéronse á nosa proposta sindical de adecuar as cualificacións profesionais á clasificación profesional recollida no Estatuto básico do Empregado Público.

  • No único punto no que cedeu o Ministerio de Sanidade foi en englobar a celadoras/es na rama sanitaria de Formación Profesional, xa que a súa pretensión inicial era encadralos en Traballos Para a Comunidade, co obxectivo de desvinculalas/os da Asistencia Sanitaria.
  • Nesta reunión a CIG amosou o seu rexeitamento á proposta do Ministerio de Sanidade, xa que nela as cualificacións non están directamente relacionadas co nivel formativo que deben ter estes colectivos, nin co desenvolvemento da súa actividade profesional. Desde o ano 2005, estas cualificacións profesionais foron retidas polo Ministerio de Sanidade e polas Comunidades Autónomas até que conseguiron o seu obxectivo, xa que para ser aprobadas as cualificacións profesionais é preceptivo o informe favorable do Ministerio de Sanidade.

Rebaixan cualificacións profesionais para rebaixar salarios, pero con estas cualificacións non se rebaixa nin o currículo formativo, nin as responsabilidades e cargas de traballo posteriores.

  • A Administración en lugar de facer un recoñecemento laboral e profesional destes colectivos, estase a comportar como unha patronal reaccionaria que o único que pretende é abaratar custes a cargo dos salarios das/os seus traballadoras/es. Ademais con estas cualificacións a Administración está a facer unha interpretación perversa da lexislación vixente, xa que non está a aplicar correctamente nin o artigo 3 da Lei 44/203, do 21 de novembro, "Profesións da área Sanitaria de Formación Profesional", nin o artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.

A CIG-SAÚDE seguirá reivindicando que TCAE teñan unha cualificación profesional de nivel 3, e celadoras/es teñan unha cualificación profesional de nivel 2.

A Administración non pode perpetuar a súa postura de ter persoal persoal cualificado a prezo de saldo.

Manifestación CIG: Rexeitamento á reforma da constitución

Mañá venres día 2 de setembro terá lugar unha concentración convocada pola CIG diante da Delegación do Goberno, na Coruña, ás 11:00 hs, como rexeitamento pola reforma da constitución e polas novas medidas laborais precarizadoras aprobadas polo goberno.  

mobilizacións do persoal de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira.

AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA DE CEE CONVOCAN UN CALENDARIOD E MOBILIZACIÓNS PARA REIVINDICAR A EQUIPARACIÓN DO PERSOAL DE LIMPEZA DO HOSPITAL COS TRABALLADORES DA LIMPEZA DO SERGAS COMO NO RESTO DOS HOSPITAIS GALEGOS.

Despois de case dous anos de espera, de negociacións e reunións, a xerencia do hospital adquirira co persoal de limpeza o compromiso de equiparación progresiva deste persoal co grupo E do SERGAS, como se está a facer no resto dos hospitais galegos.

A Dirección do Hospital incumpre este compromiso adxudicando a concesión a unha empresa de limpeza (LIMPISA) que non contempla a equiparación salarial comprometida.

No último mes tanto a Xerencia do Hospital como a empresa adxudicataria LIMPISA, NÉGANSE a manter unha reunión coa representación legal do colectivo de traballadores/as da Limpeza.

É inadmisible e irresponsable a actitude que manteñen a Xerencia do Hospital e a Dirección da empresa de manter o colectivo de traballadoras e traballadores da limpeza hospitalaria en condicións laborais inferiores á dos outros hospitais galegos, tanto salarialmente (+ de 1500 euros/ano) como de condicións laborais: máis xornada laboral anual, menos días libres, de vacacións e permisos non retribuídos, etc, que o resto de traballadoras e traballadores dos centros hospitalarios onde xa se aplica a equiparación ou acadaron acordos para a súa aplicación progresiva.

A Asemblea de traballadoras/es síntese enganada e quere amosar a súa indignación coa Xerencia do Hospital e a Dirección da empresa LIMPISA, acordando un calendario de mobilizacións que será iniciado cunha concentración para esixir:

Unha reunión coa Xerencia do Hospital e a Dirección de Empresa para a apertura dunha Mesa de Negociación do Convenio Colectivo que leve a equiparación progresiva.

MÉRCORES 13 DE XULLO ÁS 10H. CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DO HOSPITAL.

O PERSOAL DE LIMPEZA DO HOSPITAL COMARCAL V.X DE CEE.

 

 

 

Máis artigos...
feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org