Carreira profesional Fundacións

O luns publicáronse no DOG as resolución para o acceso a carreira profesional no réxime extraordinario.

Grado III licenciados sanitarios

Grado II diplomados sanitarios

Grado II técnicos sanitarios e xestión e servizos

Ábrese un prazo de 20 días hábiles para a presentación de solicitudes, que rematará o 16 de decembro de 2009.

COMUNICADO A TÓDOL@S TRABALLADOR@S

         As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE, UGT e CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao  recoñecemento profesional.

          O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún texto este sería mais regresivo que o texto presentado polo anterior goberno e rexeitado polas organizacións sindicais.

         É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de “Xestión de Aforro”, anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña dereito a unha carreira profesional “DIGNA” en consonancia co modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.

         Estaba aceptado por todas as partes que compoñen  a Mesa Sectorial que teríamos RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA, pero a día de hoxe iso xa non está claro no SERGAS, polo que as organizacións sindicais vémonos na obriga de retomar as mobilizacións que no seu momento adiáramos para darlle un marxe de confianza ao novo governo da Xunta.

         Polo tanto a Plataforma Sindical, formada por: CCOO, CESM, CIG, CSIF, SAE e UGT, vai levar a cabo:

  1. Campaña informativa nos centros semana do 14 de setembro.
  2. Asembleas nos centros  semana do 21 de setembro.

 

 

Borrador carreira ordinaria

O 23 de xuño de 2009 remitiu o seguinte texto para valoración das centrais sindicais. 

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org