Apertura prazo inscrición diversas categorías.

Hoxe 1 de decembro de 2011 ábrese o prazo para inscrición nas listas de contratacións das categorías de Grupo Auxiliar da Función Administrativa, PSX e celador/a.

É obrigatoria a inscrición para TODOS/AS os/as aspirantes.

A solicitude formalizarase nos modelos normalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do Sergas (www.sergas.es), na epígrafe correspondente do FIDES/expedient-e, na epígrafe procesos.

Unha vez confirmada a inscrición electronicamente no formulario de solicitude, non se poderá modificar. O formulario confirmado débese imprimir e presentar nos rexistros administrativos.

As persoas aspirantes poderán solicitar a súa inclusión nunha única das categorías convocadas e nunha única área/zona.

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes de inscrición desde o 1 de decembro de 2011 e ata o 15 de xaneiro de 2012.

Os méritos computables serán os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do prazo.

Dercargar PDF.

Información Pacto de contratacións

Comisión de seguimento do Pacto de contratacións do 24 de novembro de 2011

  • Segunda convocatoria de listaxes polo expedient-e.
    • Comunicáronnos de que o luns 28 de novembro de 2011, se publicará en DOG a resolución pola que se abre o prazo de inscrición para as categorías de:
        • Grupo Auxiliar da función administrativa
        • Persoal de Servizos Xerais
        • Celador/a
    • O prazo de inscrición abrirase o 1 de decembro de 2011 e TODAS as persoas interesadas deberán inscribirse a través do FIDES/expedient-e.
    • Os méritos que serán tidos en conta son os causados a 31 de decembro de 2011.
    • O prazo de aportación de solicitudes e méritos remata o 15 de xaneiro de 2012.
    • Ao igual que na convocatoria de Técnicos Superiores, a solicitude presentarase vía electrónica e documental co pertinente rexistro administrativo da solicitude.
    • Unha vez se publiquen os listados provisionais, abrirase un prazo máximo de 10 días hábiles para a presentación de reclamacións.
  • Varios:
    • Non hai previsión da publicación das listas provisionais de Técnicos Superiores, porque están a ter problemas coa catalogación da experiencia profesional.
    • Previsións:
    • A Administración informounos de que teñen a intención de que as seguintes categorías en abrir o prazo de inscrición sexan as categorías sanitarias e finalmente o resto do persoal non sanitario.
    • De todas maneiras pretenden ter pechados todos os procesos de inscrición no mes de marzo de 2012.

Correción de erros e aclaracións en contratacións.

Hoxe venres, publicouse no Diario Oficial de Galicia:

  • CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de outubro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF.

Aclaración sobre documentación emitida fóra do Estado Español:

  • Aqueles certificados de servizos prestados, ou calquera outra documentación que estea redactada nunha lingua distinta das cooficiais do Estado Español, para ser validada debe ser presentada acompañada de tradución xurada, ou ben ser emitida polo organismo que certifica nalgunha das linguas oficiais do Estado.

 

Información transmitida polo SERGAS:

  • A partir do día 16 de Novembro comezarase a validar as solicitudes de inscrición das listas que teñan sido confirmadas e entregadas polas persoas interesadas. A partir dese momento, as persoas poderán consultar o estado da validación da súa inscrición, no apartado de procesos correspondente a selección temporal ou promoción profesional, según sexa. Poderán saber en tempo real se a súa solicitude foi validada ou ben rexeitada.

 

  • De rexeitarse algunha solicitude polas causas previstas relacionadas coas taxas ou por defectos nos formularios, poden subsanarse dentro do prazo de solicitude (recordar que remata o 30 de novembro). Posteriormente, coa publicación das listas provisionais se abrirá un novo prazo de subsanación de erros, pero non comprenderá a subsanación por impago de taxas.

 

  • A validación da inscrición, será visible en tempo real polas persoas interesadas, polo tanto de non ter aboado as taxas o ter outro defecto nas mesmas o no modelo, poden estar informadas e subsanar dentro do prazo de solicitude.

 

  • A validación da inscrición realizarase por orde de rexistro de entrada de ditas solicitudes nas unidades de validación polo que as persoas que entreguen as solicitudes con antelación poden subsanar os erros.

 

Video explicativo sobre o Expedient-e na páxina do SERGAS

Video explicativo sobre o Expedient-e colgado na páxina do SERGAS:

Apertura do expedient-e.

O Sergas ven de informarnos do seguinte:

O mércores día 20 de Xullo, publicaráse no DOG a data de inicio do expedient-e. Así, estará operativo na páxina web do organismo  a partir das 8:00 horas do xoves día 21 o vínculo de acceso a través da sede electrónica do organismo www.sergas.es en expedient-e ( FIDES).

Estará a disposición de todos/as os/as usuarios/as un manual de instruccións e diversos vídeos de axuda, tutoriais, de acceso, de rexistro de datos, etc. O xoves deberán ter habilitados os puntos de información para facilitar os accesos.

Manual.

Publicación listas definitivas automáticas 1 de outubro 2010

Hoxe venres, 26 de novembro, tivo lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, tras a resolución das reclamacións interpostas contra as listas provisionais, correspondentes á convocatoria automática do 1 de outubro de 2010.

As categorías obxecto desta publicación son as de:

  •  Persoal Médico de Familia;
  • Pediatra;
  • Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias;
  • Matrona e Matrón;
  • Persoal de Enfermería (DUE);
  • Cociñeira e Cociñeiro.

Listaxes definitivas automáticas de 1 de xullo 2010

Mañán, martes día 5 de outubro, publicaranse as listas definitivas nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.
Máis artigos...
feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org